22 may 2007

A outra vision do mitin do PP

Fun o mitin do PP, non sabia moi ben que me ía topar alí, polo que dicían pola rúa, un candidato chabacano e maleducado, pero eu ía disposta a xulgar por min mesma. Aturei de mala gana a Romay e De Mesa, son ambos demasiado fachas para min, eu son mais moderadiña, o rapaz de San Saturnino estivo ben. Pero debo recoñecer que a quen quería escoitar falar en publico era a Juan, e quedeime como estaba, o pobre rapaz so foi unha marioneta, como un bonequiño que puxeron alí para ler un papeliño, eu sabia que non me toparía alí a ningún orador brillante, tan solo quería escoltar a Juan Manuel, escoitar o seu discurso, non un discurso escrito por outra persoa. O peor e que si sae elixido non terá sempre diante o papeliño para seguir o guión, por agora esta moi verde. Non sei si a persoa que lle escribiu a chuleta foi o rapaz que facía de presentador, aínda que supoño que si, véselle que ten aptitudes para a política, parece ambicioso e si e verdade o que din que foi el quen sacou a Tallón da carreira electoral para montar esta candidatura, as súas razóns debe ter, ¿quizá desfacerse dos dinosauros peperos de Cariño e facerse el cas rendas? Non sei, pero xa se ira vendo. O que si se pode ver xa e que non terá quen lle faga sombra. Si non ten presa e sabe xogar ben as súas cartas, teremos o noso por fin a un político cariñes polas alturas. (Fiadeira)