21 may. 2007

Fachal sacounos de dudas

Cando Fernando Tallón se retirou para dar paso a Juan Fachal, máis de un pudo ver incertidumbre no futuro deste partido político no noso municipio. Nos orixines ambos comparten punto de salida: os dous patrones maiores da cofradía de pescadores. Juan Fachal, decidiuse a dar o salto o Concello para, sin olvidarse dos veciños que se dedican a outras actividades, apoiar o pósito, que atravesa por unha crisis económica debido o descenso xeneralizado de capturas e a fuga dos armadores a outras lonxas do norte. Onte toreaba o novo candidato na plaza máis dificil, a casa da cultura, a expectativa xenerada era moita, e non pola presenza do ex Ministro Romay o do diputado Arsenio Fernández de Mesa. Uns acudieron a dar o apoio, otros para ver o que pasaba, seguro que algún o algunha tambén polo morbo, despois da campaña de descalificacións que lle estan facendo o candidato do PP sobre a sua suposta incapacidad de falar. Para aqueles que non pasaron pola casa da cultura, decirvos que estaba chea e que O Aguillón si pasou por alí, e podo decirvos que lle dou o aprobado con boa nota o candidato Fachal. E xusto reconocelo.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Luis non parou o fin de semana polas parroquias, despois de catro anos sin visitalas este fin de semana por fin as visitou eso si coma candidato e pedindo o voto. O sábado, mítin en Landoi as 8 da tarde pero nin oito persoas, solo estaban él e os seus acompañantes no local da Asociación de Veciños. O domingo como e festa que gardar traballou doble, mítin en Sismundi
as 11:30 da mañá no local Social xunto á igrexa, pra desesperarse tampoco habia moita xente, a culpa a ten a hora. As seis da tarde pasouse por Feás no Mesón-restaurante A Ponte, salvo o viño todo o demáis nin que decir ten, xentiña, xentiña non houbo. De regreso para casa parou na Pedra, e xa que estaba ali deu mitin no salón de Actos do Escolar de A Pedra. Non sei, supoño que meteirase na cama cansado do esforzo, e desesperado coa audiencia, pero claro o que non pode pretender facer nun día todo a vez, xa sabemos que as parroquias non lle importan pero deixalas de segundo prato electoral tambén no e bo.

fiadeira dijo...

Pois xa escoitei os tres candidatos. E case non sei como empezar a facer a miña reflexión aquí, eu teño o meu voto decidido, supoño que xa o tiña antes de comezar a campaña…
Si escribo aquí as miñas reflexións sobre todos eles tería que escribir toda a tarde. E posible que a miña pobre mente me xogara unha mala pasada, eu esperaba divertirme un pouco neles, e non foi así. Do do PSOE xa fixen algún comentario aquí, do do Bloque…pois solo dicir que o profesor Beiras sigue tendo unha das mentes mais lucidas do pais, so que fixo un discurso para unha audiencia errada, supoño que cando sube o púlpito esquece o tipo de xente que ten diante, e fala o mesmo para universitarios que para mariñeiros, e un problema da xente dese partido, están demasiado lonxe dos cidadáns medios. Eu mirada a xente do meu redor e preguntábame que raio sacarían en claro do seu discurso. Logo falou Manolo e xa se entendeu todo, pero… foi demasiado longo o seu discurso, fala clariño e entendese todo, pero o seu ritmo oratorio e cansiño. Tivo algún golpe simpático e tivo a recompesa do publico. Supoño que non despertou entusiasmos nin sacou votos do mitin, a xente que tiña pensado votalo farao, e os indecisos… ¡¡¡ o domingo se verá ¡¡¡
Onte fun o mitin do PP, non sabia moi ben que me ía topar alí, polo que dicían pola rúa, un candidato chabacano e maleducado, pero eu ía disposta a xulgar por min mesma. Aturei de mala gana a Romay e De Mesa, son ambos demasiado fachas para min, eu son mais moderadiña, o rapaz de San Saturnino estivo ben… Pero debo recoñecer que a quen quería escoitar falar en publico era a Juan, e quedeime como estaba, o pobre rapaz so foi unha marioneta, como un bonequiño que puxeron alí para ler un papeliño, eu sabia que non me toparía alí a ningún orador brillante, tan solo quería escoltar a Juan Manuel, escoltar o seu discurso, non un discurso escrito por outra persoa. O peor e que si sae elixido non terá sempre diante o papeliño para seguir o guión, por agora esta moi verde. Non sei si a persoa que lle escribiu a chuleta foi o rapaz que facía de presentador, aínda que supoño que si, véselle que ten aptitudes para a política, parece ambicioso e si e verdade o que din que foi el quen sacou a Tallón da carreira electoral para montar esta candidatura… as súas razóns debe ter, ¿quizá desfacerse dos dinosauros peperos de Cariño e facerse el cas rendas? Non sei, pero xa se ira vendo. O que si se pode ver xa e que non terá quen lle faga sombra. Si non ten presa e sabe xogar ben as súas cartas…teremos o noso por fin a un político cariñes polas alturas.
Boeno…pois agora a esperar o que decide o pobo soberano, sexamos respetuosos e cando falen as urnas toparémonos aquí para falar dos resultados.
Saudiños a tod@s.

Anónimo dijo...

Se alguen dubidaba da parcialidade dos administradores e da paxina en si xa nos sacaron de dubidas...PP-TROLEIROS NUNCA MAIS!

Anónimo dijo...

e logo non son imparciable,pois aqui fala a xente do que quere e non vexo que lles censuren. Opinar opinan e fan ben ¿ou non?

juan g. dijo...

Bueno, algo con sentido, porque eu tamén fun a ese mitín e lendo outros comentarios aparecidos aquí tiña a sensación de que houbera 2 mitin, ou vimos 2 versións dinstintas.

Fiadeira describe a Juan tal cual, "moi verde". Quenes coñecemos a Juan, ainda que so sexa de vista, coincidindo con el en algún bar, sabemos que o Juan que nos apareceu onte, non é ese Juan.

Xa tiña pensado ir o mitin dos 3 candidatos, sempre o fago, pero onte ía con especial interese xa que tiña gañas de saber en primeira persoa o acontecido e nada de dixome fulano que tal ou cual.

A puntualidade non foi a nota da tarde. Acto previsto para ás 8 da tarde e ás 8 non pasa nada, nin as 8 e cuarto, nin ás 8 e media,...

Polas caras que vin a más de un según ían entrando, parece que foi unha sorpresa que Fernando Tallón estivese con Juan na porta recibindo os asistentes.

O dito, despois da longa, moi longa creo, espera, comeza o acto. Presenta "el crack", así denominou Juan a Constantino Piñeiro (fillo). Este rapaz onte non sabía moi ben cara onde quedaba o norte. Polo vocabulario debe ser fiel orella de Federico Jiménez e da COPE. Dialecto incendiario de onda episcopal. Eso si, tamén está verde este rapaz. Non sei si a emoción de estar a falar para alguén máis que os seus pais, amigos din que non ten, polo menos da súa idade, e pode ser, porque falando con xente nova non o coñecían. Traicionarono en máis dunha ocasión, nervios, emoción,... nada que apuntar sobre os seus comentarios, é aspirante a político e fala da feira como lle vai. Persoalmente penso que onte en máis dunha ocasión, escoitando a este rapaz, dubidei si estaba nun mitin do PP de Cariño ou no Club da Comedia.

O deputado de San Saturnino, como é un profesional, veu e largou o seu, como fan os políticos profesionales. En galego, sorprende que os outros 2 profesionales da política, un sendo de Ferrol e outro sendo de Betanzos, falasen en castelán.

Arsenio deunos berros cantos quixo, coma se os de Cariño fosemos os que tundamos o Prestige no seu día. Mención a Tallón... menos mal que o final pedíu o voto para Juan.

Romay Becaría xa non é o que era. Está moi maior e seguro que bastante fixo con vir ata Cariño.

Chega o momento esperado por todos. Despois dunha longa, moi longa espera, sube Juan o estrado. Un Juan muy nervioso, nerviosísimo como nunca antes o vira, e o vexo varias veces á semana.

Saúda e saca un paleliño que sería o discurso que traía preparado. Opino o mesmo que fiadeira, o Juan que coñecemos nos escribe o que intentou ler onte.

Comenza a lectura. Costalle traballo, moito traballo, tembla, suda, non e capaz. Vai tirando cara a diante como pode, ata a súa muller deu un berro de ánimo, aplausos,... se non o apoian súa nai, súa muller, súa sogra, os compañeiros de candidatura, mal asunto.

Locución dudosa, atascada, non sei si eran os nervios ou é que realmente Juan non é capaz de máis e os de arriba o seben e o quixeron poñer caiga quien caiga e lamentablemente me temo que vai caer el nestas e nas próximas nos presentan a Constantino Piñeiro coma o salvador do PP de Cariño. Deus nos asista con este rapaz radical de extrema dereita.

Das poucas cousas que dixo Juan, ó único que quedou claro e que se gaña ás eleccións o primeiro que vai facer vai a ser un monumento homenaxe o mariñeiro, e polo que se entendeu dun comentario respecto ó Artal, que o botará a pique, cando menos. Lembrounos a canción "había una vez un barquito chiquitito". Mal empezamos, se empezamos destruindo. Lembro cando o primero que fixo Tallón foi cambiar as aceras que había nada fixera Armada.

Volvendo o mitín de Juan... non rematou a lectura do que traía preparado, penso porque tonto non é e deuse conta que o de onte viñalle grande. Non é o mesmo falar para uns amigos, que para uns amigos e algún mais. Como ben dí fiadeira, Juan está moi verde, moitísimo. Se non foi capaz de defender un discurso onte diante dos seus, mal vai a defender os nosos intereses na Coruña ou en Santiago.

A súa elección parece moi acelerada. Non lle diron nin tempo a reaccionar, case que o poñen na mesma semana da campaña. Cando se demorou tanto o primeiro mitín e a presentación da candidatura, algo pasaba, onte desvelouse o misterio. Pode que Juan de máis de si, pero non nun mes, nin en un ano. Hai moito que andar. Esta claro que para que un pobo confié en ti, o primeiro que debes de dar é unha imaxe de seguridade de un mesmo, ese e un bon aval. Onte non vin confianza nen futuro por ningunha parte do auditorio.

Sorprendeu a todos que finalizase antes de tempo a lectura, como el ben podía, e invitou a todos os presentes a unhos pinchos e viños na outra sala baixa da casa da cultura. Había de todo, e non sei si pola espera, pero parece que fame había dabondo vendo como se tiraba o persoal a polos pinchos.

Conclusión sobre o de onte:

Os pinchos moi bós.

O presentador do acto, parece que vai a ser o futuro do PP de Cariño. Mal vamos, se o noso futuro depende dun rapaz que mostra unha identidade de extrema dereita. O presenciado onte non vende. A uns non os convence, ou os desquicía, a outros os enche de máis odio se cabe.

O candidato, moi verde, hai moito que rodar, moito que leer, moito que falar. Nesta campaña parece que xa non ha de ser, tranquilo, é un rapaz novo e ten unhas cuantas campañas por diante. Pero ten que ser el mesmo, como xa apunta fiadeira, mentres sexa solo a marioneta do PP de Cariño, Juan non chega a nada, nin convence a naide.

O resto da candidatura, pouco podemos dicir, nada dixeron, a excepción do "crack" que penso que dixo de mais. Na papeleta do domingo non aparece "cero zapatero", aparecen 3 veciños do pobo, e tampouco o noso inimigo e a nosa lingoa natal. Pareceme incrible, conocendo a Tino, seu pai, unha persoa razoable, teña un fillo con ideas tan extremistas. Con xente así Cariño gana pouco. Hai anos pode que a súa forma de ser vendese, hoxe en día por sorte todo o mundo sabe ler, escribir e pode ir a universidade. Leen e tamén entenden, algunhos mais ca outros.

Botouse en falta unhas palabras de Fernando Tallón alí presente. Esa sería unha boa baza. Porque os nervios, sudores, temblores e demais de Juan quedarían en segundo plano con un bó remate de mitín no que estivese presente a veteranía, a clase política e o bon facer de Fernando Tallón. Un fallo moi grande, penso eu.

O desenlace o próximo domingo 27.

E como réplica a un comentario no que dí que onte había moitos "sociolistos". Nen nos mitin do BNG, nin nos do PSOE descalificaron a ninguén. A asistencia e libre, non só para afiliados e simpatizantes. E non cuspas moito para riba porque a nai de Fachal non se perde nada dos mitines dos oponentes do seu fillo. Incluso estivo presente na charla que deu Luis Armada na Pedra sobre o tema da iglesia e da casa rectoral.

Anónimo dijo...

Eu tamen pasei pola casa da cultura, home si queres poñer peros poñer se poden poñer. Vamos o asunto de Juan Fachal. E curioso aqui mesmo todas as burlas iban hacia un Fachal que non sabia falar en publico, que era un incapaz, ahora resulta que xa non e asi, pero sigue verde. Vamos a ser sinceiros a mais de un que onte Fachal aguantese o tipo, por moitos nervios que tivese,( e quen non os teria) sorprendeu, que se mantese o guión o fan todos os politicos, que non votes o PP que non te guste Fachal estas en teu dereito pero de ahi a darlle a volta o que pasou hai un abismo. Que o candidato do PP esta verde, o prifiro verde a maduro pasado. Deixaros de meteros coa xente con argumentos tan peregrinos e votade o que querades o proximo domingo, a elección e facil:
Armada, o sabio salomón, elocuencia e alta xestión, orgullo da nación.
Manolo, catedratico do alto Pixin que non o entenden nin as de san quintin.
e Fachal verde, tan verde que parece que preocupa a os outros dous ilustres sabios.

Anónimo dijo...

ah olvidabame os pinchos estaban de puta madre en eso estou dacordo.

Feito na casa dijo...

Tedes razón e increible antes decian que non sabia falar, e agora que falou resulta que leeu un papel que el non escribiu, hai que jorderse, si non fala porque non fala, si fala porque fala, se escribe porque escribe e se non escribe malo tamben. Pero decilo claro o queredes e que fale e escriba o voso dios Armada, pois ide correndo tras del.

Anónimo dijo...

Decir que Juan falou onte, ou que se puxo a leer e un insulto a intelixencia. Un alumno de preescolar seguro que lee mellor.

Ata onte era un rumor que non sabía ler nin falar, onte confirmouse.

Se diante do pobo deu unha imaxe patética, ¿qué imaxe pode dar polo mundo adiante de Cariño?

Non sei dentro de 4 anos, pero teño clarisimo que o 27 o meu voto non vai para Juan. Nin de coña.

parvulario dijo...

Antes decian que non sabía falar. Agora non fai falta que o digan. Xa se veu onte.

Agora resulta que leeu un papel. Bueno, intentouno, se iso e leer, o que se entende por leer...

E mellor que non fale. Na foto según as mulleres vese ben. Caladiño está mellor.

O meu dios non é Armada, nin Varela. Pero Fachal tampouco.

Anónimo dijo...

É incrible, pero certo levase nesta web, un sector congratúlandose da suposta ineptitude do candidato durante case que un mes. Que si MP3 de Fina, que si tachón de boli por alí,... e resulta de que agora non é el o que falou, foi outro. Ó final vai ser verdade o de xente con xente. Nos vale de sobra que se interese por nós e que mostre o seu compromiso.

Unha pregunta que vos fago, amantes dos púlpitos, oradores e dos maestros da retórica:
¿Á xente non lle importará máis o estado de Cariño que a rétorica?
NUNCA MÁIS nunca máis.

Anónimo dijo...

Facede todos un exercicio de imparcialidade.
O auditorio estaba cheo(24 persoas de pé). Estaba chovendo. O acto era ás 8 do serán, habia partidos do Madrid e Barcelona. O ambiente era animado e penso que Juan, que era o seu primeiro acto ante unha multitude foi de mais a menos( ata onde lle deixaron os nervos), xa que era moito tema de que falar e moito programa que explicar, sinceramente con todo superou unha esixente proba.

Anónimo dijo...

Ese que lle chamades "crack" o Constantino Piñeiro Jr. parece bisneto de Blas Piñar.O que pode facer é crear un partido en Cariño de extrema dereita ou neonazi e nombrar como presidente a seu pai,que xa ten levantado o brazo co saludo fascista na iglesia de Cariño.

cariñense dijo...

Este ultimo que fala parece moi listo gustariame velo falar e moi facil escribir baixo un anonimo pero non ten o que ten que ter e dar a cara. Estamos nunha democracia non queras revolver no pasado. o que tes e moita envidia.

pixin dijo...

Os PPeros están na democracia cando lles interesa e revolven no pasado igual. Cando lles interesa. Hai anos as cacicadas tardaban tempo en saberse. Hoxe están a orde do día. Ainda que pouco se pode esperar de quen ten por ídolo a un mal bicho que levou a españoles a guerra i é comprice do mair xenocidio da era actual. Aznar, Blair e Bush ASASINOS.

Anónimo dijo...

Tes razón Pixín... "Este Gobierno, nos retiró de una guerra como la de Irak.Nos sacó del yugo de EEUU. Nuestros soldados van de ONGs a Afganistán. Nos acercó a países importantes en América Latina,Venezuela, Cuba y Bolivia, en África a Marruecos. En el interior, busca la paz con ETA de la forma más "adecuada". Los presos asesinos enfermos, se recuperen en libertad. La Ley de Partidos la está transformando. Transparencia en todos los actos de Gobierno (CNMV), La Alianza de Civilizaciones,logrando el amor entre los pueblos, ya que todos somos hermanos. Por ello recibimos miles de inmigrantes de todo el mundo. Quién sino él, logró la reivindicación parcial de la Memoria Histórica, que tanto se necesitaba. Demuestra que, en una nación como la nuestra, pueden existir y ayudarse a distintas religiones, menos a la mayoritaria. Él, hace prosperar la economía. Ataca la corrupción en Ibiza. Transforma la crispación en violencia. Consigue los derechos de homosexuales y lesbianas al matrimonio, y adoptar hijos. Resolvió el gran problema que traía de cabeza a los ciudadanos en los cargos de dirección de empresas y en política, la parida, disculpen, la paridad. ¿ Es que todo ello no merece un reconocimiento? ".Pixín sociolisto, non te alporices, genocidios en Cuba, gritan SOCIALISMO O MUERTE,reflexiona y dime un solo país dónde de verdad hay socialismo que funcione sino no es matando de una manera o de otra al pueblo; o de hambre o fusilando al que disiente.

¿ Qué quiere el PP ?
Desde el mirador. L.G.A.

Anónimo dijo...

vaia¡Tarolo 5 comentarios,Fachal 17 comentarios.O catedratico da desidia e da alpurnada,non aparece nin se lle espera.

Anónimo dijo...

E non sera que os socialistas nin coñecen esta paxina¿? O mellor so uns poucos sabemos dela....