24 may 2007

O futuro Centro de día de Cariño

Onte pasei por ali, e vexo que os traballos de construcción da nova Residencia Xeriátrica e Centro de Día do Concello de Cariño, que se fai grazas os fondos europeos Agader, aceleranse, non hai como ter eleccións como para traballar máis, xa cerraron tanto o sótano como a planta baixa, onde se ubicarán as estancias diurnas e as oficinas incluso xa está rematada a estructura de máis de 500 metros cadrados que albergará o Centro de Día, primeira fase do proxecto da Residencia Xeriátrica municipal de Cariño. Que todo sea polo ben dos nosos maiores, e polo noso tambén, o ritmo que vamos pode facernos falta. Eu me pregunto que manía teñen os politicos de deixar as cousas inportantes para o final, ¿pensaran que somos parvos é solo votamos polo que vemos o ultimo mes? ¿ti que opinas?. Esqueciame e os nosos avispados lectores, que están en todo, avisanme de que o terreo donde vai a edificación e da Cofradía. Dito queda.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Un político llega a las puertas del cielo y se encuentra con San
Pedro...

acomodes, parece que hay un problema.
Verás, muy raramente un político de alto vuelo ha llegado aquí, así
que lo que haremos será hacerte pasar un día en el infierno y otro
en el paraíso, y luego podrás elegir donde pasar la eternidad.

Lo acompaña al ascensor y baja hasta el infierno.

Las puertas se abren y se encuentra justo en medio de un verde
campo de golf.

A lo lejos hay un club y de pie delante de él están todos sus
amigos políticos, todos bien vestidos y muy contentos.

Corren a saludarlo, lo abrazan y recuerdan los buenos tiempos en
los que se enriquecían a costa del pueblo.

Juegan un partido de golf y luego por la noche cenan juntos en el
Restaurante Gourmet del club, con langosta como plato principal.
Comparten la noche con hermosísimas y liberales jovencitas.

Se encuentra también el Diablo que es un tipo muy simpático y se
divierte mucho contando chistes y bailando.

Se divierten tanto que, antes de que se de cuenta, es ya hora de
irse. Todos le dan un apretón de manos y lo saludan mientras sube
al ascensor.

El ascensor sube, se abre la puerta y llega al cielo donde San
Pedro lo está esperando....


"Ahora es el momento de pasar un día en el cielo". Así que el
político pasa las 24 horas saltando de nube en nube, tocando el
arpa y cantando.

Ya estaba aburrido cuando después de las 24 horas, San Pedro va a
buscarlo:

"Ya has pasado un día en el infierno y otro en el paraíso. Ahora
debes elegir tu eternidad"

El hombre reflexiona un momento y luego responde: "bueno el paraíso
ha sido descansado, pero creo que he estado mejor en el infierno,
definitivamente elijo el infierno"

Así que San Pedro lo acompaña hasta el ascensor y otra vez baja
hasta el infierno.

Cuando se abren las puertas del ascensor, se encuentra en medio de
una tierra desierta cubierta de excrementos y desperdicios.

Ve a todos sus amigos tristes, vestidos con harapos recogiendo
desperdicios y metiéndolos en bolsas negras.

El Diablo lo alcanza y le pone un brazo en el cuello.

"No entiendo balbucea el político- ayer estuve aquí y había lindas
mujeres, un campo de golf y un club. Comimos langosta y caviar,
bailamos y nos divertimos mucho. Ahora todo lo que hay es un lugar
desértico lleno de porquerías .... Y mis amigos parecen unos
miserables".

El Diablo lo mira, sonríe y dice: "Ayer estábamos en campaña.
Hoy... ya Votaste por nosotros

Anónimo dijo...

Esquecedes algo moi importante, o edificio e o terreo son de propiedade privada.....SI, NIN MAIS NIN MENOS DA COFRARIA!!!!!!

Anónimo dijo...

E a situación,con vistas a ¿a?,menos mal que teñen cerca o videoclub.

Anónimo dijo...

Pois benvidas sexan as eleccións, amañaron as pistas das parroquias, limparon as beirarrúas, pintaron as liñas da estrada e os pasos de peóns, si por riba poñen ladrillos con mais ahinco… eu creo que votaría por que tiveramos eleccións cada ano ;) Lembro que fai catro anos o alcalde que tiñamos (de outro partido) fixo exactamente o mesmo, apurou obras e inauguracións ¿ou non o lembrades? Pode que sexa descorazonador que todos sexan da cor que sexan actúen do mesmo xeito, ¿será que hai un manual de comportamento para os axuntamentos en época de eleccións? O mellor esta nun caixón do concello e cada alcalde o fai seu.
En canto o Centro de día, amin persoalmente encántame que se este a facer, como estou encantada de que se faga o da Pedra, que parece que o acordo se firma a semana próxima e en tres anos estará funcionando, pode que sexa unha actitude egoísta e pense que para cando meus pais o precisen eu librarei de coidalos, pero…o caso e que por fin teremos onde ter os nosos maiores sen ter que levalos a Vila ¿non creedes?
Un saludiño a tod@s

Anónimo dijo...

E verdade o dos terreos, esqueciamonos, será por culpa do litixio. Pero como retificar e de sabios a si o fixemos.

Anónimo dijo...

O AGADER, herencia do PP. e os terreos expoliados a Confraría de Pescadores.Si chego a vello nin de noxo piso eso.Tirou un colexio dónde moitos estudiamos o pouco que sabemos.Tirouno...non se pode eliminar un edificio dónde moitos pasamos moitas horas e xogos no recreo...Era un edificio a conservar...

Anónimo dijo...

Por fin atopei un recuncho na miña apretada axenda pra escreber algo decente aqui despois de dúas semanas visitando este blogue. Agora que me atopo diante do ordenador non sei por onde escomezar. Cecais, poderia falar da parcialidade, das intencíóns eleitorais e do contexto político en que xurde este blogue. Tamén falaria do oportunismo e pouca sinceridade intelectual dos amigos do "corta e pega"(eu fun quen escribiu, na páxina do BNG DE FERROLTERRA, o texto que o/a adminstrador/a da páxina tivo a ben publicar co título de "Xeral abandono do municipio e da bisbarra" e que está sacado, non sei se intencionadamente, de contexto). Poderia falar da estrada Cariño-Mera, do edificio de usos múltiples, dos candidatos, do urbanismo, de Carrodeguas, do vertedoiro...mais non seria xusto. O certo e que, até agora, non reparara nas veces que teño rosmado conmigo mesmo ante a inexistencia dun espazo de debate na miña vila. Queixabame da inoperancia, da desinterese e do pasotismo dos meus viciños no eido político e social. Trabucábame. Este blogue, intencionalidades e opcións politicas aparte, é unha esperanza . Por iso, agardando que a debate continue dempois do 27-m, quixera dar os meus parabens a "Os Aguillóns" e sobretodo, as grazas. Volverei!

Anónimo dijo...

Hai moitos xeitos de interpretar as cousas e de contalas, eu polo que teño entendido(que o mellor entedin mal) ese terreo foi cedido para o Parvulario, supoño que o Concello non pode chegar e construír sen permiso nun terreo no que non ten dereito a facelo, probas de que non pode facelo así as temos cas expropiacións que ten que facer para levar a cabo outras obras, a piscina, por exemplo (que esta paralizada por esa causa), so que a hora se dicir as verdades a medias os políticos son finos.
De tódolos xeitos… ¿a quen lle parece ben que a Confraría proteste por que en eses terreos (aínda que fosen da institución) se constrúa un centro para os nosos maiores? O Concello leva anos usando as instalacións para cursiños e outras actividades e nunca dixeron nada, ¿será que agora non queren deixar que o mérito de que Cariño teña un centro de maiores sexa doutro partido que non e o deles?
Amin repateame a política de pacotilla onde priman os intereses personais por riba dos públicos.
¿E a vos?

Anónimo dijo...

¿E a vos? Quen dí que non quere un centro de día , un geriátrico...Como alumno de ese parvulario, recordareime sempre de quen o tirou...Podes decir o que queiras pero eu non cho perdono na vida...Nin de noxo quero ir pra semellante sitio, e encima jodéndome a paga, xa que non sei de ningún geriátrico que sexa gratis.

Anónimo dijo...

Eu son unha persoa moi desconfiada, e con este asunto moito máis, "escomecemos":
1. Penso claramente que é un golpe moi baixo por parte da corporación municipal. Pretende apuntarse un tanto a costa dos demais, ademais dun acto propagadistico. Pisotea os intereses de moita xente que ainda espera explicacións.
2. A ubicación é indigna. En multiples ocasións, Varela e o seu grupo de goberno consideraron "unha bomba" pola fabrica con todo o que iso provocaba, pero coma sempre calaron.
3. Ofrecéroronse máis alternativas, pregouselle por activa e por pasiva ó alcalde que respetase todo isto... pero non! Aquí mando eu, e faise así e xa está. Puxéronse a facer a obra como posesos,....e veña a votar que é gerundio!!
4. Todo para el pueblo pero sin el pueblo é a base do DESPOTISMO ILUSTRADO de finales do século XVIII; Luís, que esto e Cariño, e ti non es un rei absolutista. Deputación fai majas. O mesmo diría co edificio de usos múltiples, o Artal, etc...

Anónimo dijo...

¿Pero cómo se van impoñer os intereses persoais aos públicos? so que existen maneiras de facelas cousas. A cidadanía ten dereito a saber o que ocorre co seu cocello sen imposicións nin provocacións nin actos publucitarios a costa dos demais. E por suposto, nos a defender as nosas opinións porque hai unha democracia ¿non é? veña logo.

Anónimo dijo...

É tamen foi unha pena a pérdida do fantástico cine-auditorio da Solana(puido facer algo o concello?) ideal para un local onde albergar múltiples actos, a pérdida do antigo instituto(puido reformarse e facer o centro de día alí pola súa fermoso entorno co paseo marítimo o lado e lonxe da movida cotiá, as prioridades era outras ben distintas), podíamos facer algo polo noso patrimonio( rehabilitar edificios emblemáticos, moi abandonados por certo(agás San Xiao)). Cántas e cántas cousas se poden facer, pero desgraciadamente perdemos tamén moitas cousas sen darnos deconta.

Anónimo dijo...

O fantástico cine-auditorio da Solana, si como se comenta venderon todo a unha inmobiliaria, dubido que este Concello, e moitos mais, fosen quen de competir con Sr. Ladrillo. O instituto viñase abaixo. Toda a parte exterior das escaleiras e moitas mais estaban completamente abrasadas pola corrosión. Eran de ferro e o mantemento durante a súa vida foi nulo. Temos un instituto novo pagado por Costas a condición de demoler o vello que non era precisamente unha beleza arquitectónica. E seghuro que o coste de facer o novo e demoler o vello non foi barato, pero sempre e mais barato facer un novo que parchear un vello "ferido de morte" por todas as partes. Non hai moito tempo apareceu na tv en varios telexornais nacionales como mostra do feismo e destrozos do litoral de España. Sobre a rehabilitación da capela de San Xiao, levada a cabo por Torrente e sendo alcalde Fernando Tallón Cabana, e mellor non opinar.