1 may 2007

Esto ten que cambiar

As rentas baixas no noso concello corrían fai un lustro paralelas o baixo precio do suelo e a vivenda, o que posibilitaba a quen tiña un empleo, permitirse un teito. Esa situación cambiou e as dúas liñas fixéronse diverxentes: os ingresos medios en Cariño, por exemplo, en base aos datos do IRPF non soben moito dos 12.000 euros, pero os pisos, que antes -fai catro anos- podíanse adquirir por 60.000 euros, custan agora, en obra, máis de 90.000 e 100.000 euros no mellor dos casos, e máis de 160.000 euros no centro do centro urbano de Cariño, unhas cifras imposibles para as rendas pequenas e medias. Un mozo que queira traballar na localidade para unha empresa, salvo excepcións, dificilmente chegará aos 800 euros ao mes. O bum urbanístico polo que atravesa o noso Concello e a presunta prosperidade pola que pasa o sector da construción contrastan cunha realidade que non corre parella coa multiplicación dos pisos e as casas: cada vez son menos os veciños que poden adquirir unha vivenda. A culpa e do nulo interese demostrado polos que gobernan o noso concello de fomentar impulsar a promoción pública, reduciron as oportunidades para quen nacemos aqui.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguide asi rapaces as cousiñas claras, e unha pena que Os Aguillóns non se preseten nestas elección teriades o meu voto.

Anónimo dijo...

Abraranoseique,olvidache a tua familia ,ésta vez non os deixas votar? co teu voto seria un ,os aguillons nada faceria.

Anónimo dijo...

A miña familia ben gracias. Unha cousa e que non votemos o PSOE de Armada, repito de Armada, e outra ven distinta que eu vote a que me de a gaña incluso os que nunca votei, aunque solo sea por darme o gusto de levarme a contraria a min mesmo, entendiches xa?

Anónimo dijo...

Alégrome que a tua familia esté ben ,pero deixaos votar en total libertade,non os coacciones,das a entender (a miña familia vota a quen me da a gana)vota si queres votar e baila si queres bailar e si non tirate ao rio.

Anónimo dijo...

Na miña familia non hai coaccions nin electorais nin de outro tipo, somos poucos pero ben levados. Cousa que outros non poden decir ¿verdade son eu?, que nos coñecemos todos.