22 may 2007

Do mitin do BNG

Do pasado mitin do Bloque pois solo dicir que o profesor Beiras sigue tendo unha das mentes mais lucidas do pais, so que fixo un discurso para unha audiencia errada, supoño que cando sube o púlpito esquece o tipo de xente que ten diante, e fala o mesmo para universitarios que para mariñeiros, e un problema da xente dese partido, están demasiado lonxe dos cidadáns medios. Eu mirada a xente do meu redor e preguntábame que raio sacarían en claro do seu discurso. Logo falou Manolo Varela e xa se entendeu todo, pero foi demasiado longo o seu discurso, fala clariño e entendese todo, pero o seu ritmo oratorio e cansiño. Tivo algún golpe simpático e tivo a recompesa do publico. Supoño que non despertou entusiasmos nin sacou votos do mitin, a xente que tiña pensado votalo farao, e os indecisos… ¡¡¡ o domingo se verá ¡¡¡ (Fiadeira)

6 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Como seria o goberno se quedan así?
PP 5
BNG 3
PSOE 3
Manolo alcalde?
Armada?
Unión por cariño con Juan?

Anónimo dijo...

De todos é coñecido que as siglas BNG son unha suma de ideoloxías, onde sobresae unha, non por ser a máis democrática, nin a máis sensata, nin a máis dialogante, senón que destaca pola imposición e radicalidade. En Cariño Manolo Varela asumiu con disciplina os postulados da U como favor para optar á alcaldía, e outra xente quedou fóra por traballar sen baixarlle os pantalóns aos "estalinistas" da U. Ante isto, vendo que agora no BNG todo vale con tal de impoñer unha determinada ideoloxía, redacto esta crítica, xa que entendo que, primeiro non se pode enganar a cidadanía, e segundo debo ser un militante con obrigas pero tamén con dereitos, cando menos debería ter oportunidade, ademais de pegar carteis, vender rifas? de opinar nos foros que considerase. Neste novo BNG o diálogo non existe, molesta, imperando a razón da forza e non a forza da razón. Non podo votar a esta farsa agochada detrás dalgúns membros da lista do Bloque. Rexeito enganar os veciños, pois se goberna Manolo, pobre de nós, primaran os intereses partidistas por riba da cidadanía. Chamo a todos a xuntarnos, e dunha vez por todas, aos que cren estar na verdade absoluta, que se tan valentes e fortes se senten, que se presenten como UPG as eleccións, e así poder comprobar o apoio que din ter, xa que agocharse detrás doutras siglas existindo intereses ocultos, paréceme totalmente "covarde".

Anónimo dijo...

Que o BNG continuará apostando por Manuel Varela, actualmente primer tenente de alcalde con Armada e un erro. ¿Por qué non se fixo a renovación que se pidiu? ¿Por qué algúns aferranse o sillón coma lapas? ¿Cales son os intereses do compañeiro Manolo pra non pasar o testigo?

Anónimo dijo...

¿Manolo da U? Manolo o que quere é ser alcalde. Como todos.

Anónimo dijo...

Manolo e moito Manolo teño que decir que a min cada vez que fun polo concello tratoume moi ben e non sabe si son destes ou daqueles. Non me extrañaría que subira un concellal mereceo.

Anónimo dijo...

O BNG é unha fronte de partidos nacionalistas galegos á que pode afiliarse caisquer cidadán que comparta o seu proxecto: GALIZA. O 70% da militancia do BNG é independente ao igual que a meirande parte da súa executiva nacional.E por último,a UPG é un partido integrante do BNG que se autodenomina marxista-leninista e do que é militante o Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galiza, que a súa vez promove activamente a intervención privada de BARRERA nos estaleiros ferrolterráns...o sea que radical tia!Por favor, informense mellor ou non mintan que a xente non é parva. O BNG ten demostrado que é o único partido que defende os intereses do país e vostedes continuan a demonizalo.