13 jun 2012

Suben as taxas de sumidoiros, auga e lixo

A taxa de sumidoiros sobe un 49.9%, polo IPC, levaba 10 anos sen subir. Pasou de 2.4 euros a 3.57 euros cada catro meses. O toal anual é de 10.71 Euros. A taxa de consumo de auga subirá un 100% no próximo recibo; levaba 14 anos sen subir. Pasou dun mínimo de 0.06 euros a 0.12 euros por metro cúbico, cada catro meses. Segue sendo a taxa máis barata da provincia. A tasa de recollida de lixo subirá un 15%; levaba 7 anos sin subirse. Pasou dun mínimo de 16.23 euros a 18.66 euros cada catro meses. Estas subidas débense a necesidades de disminuir a diferencia entre o que lle costan os servicios o Concello e o que pagamos por eles. No ano 2010 o custo de mantemento da auga foi de 131.614,72 euros e os ingresos foron de 38.446,77 euros, en relación o lixo o custo de mantemento foi de 232.522,18 euros e os ingresos foron de 148.955,53 euros, mentras que os sumidoiros o custo de mantemento foi de 26.637,69 euros e os ingresos foron de 20.124 euros.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

o peor é non ter traballo para pagar.

Anónimo dijo...

mellor o viño que a auga

Anónimo dijo...

Empezamos ben o verano.