26 jun 2012

Mais homenaxes a Manolo Canto

O pasado 16 de xuño, na cea de final de tempada do CD Cariño cos xogadores, dos equipos modestos, xuvenís e femenino, asi como da actual xunta directiva. Manolo Canto recibiu unha homenaxe do club. Este sábado continuarán as homenaxes a Manolo Canto e concretamente celebrarase un partido entre xogadores en activo do CD Cariño e ex futbolistas do club, que estiveron nalgún momento ás ordes do grande adestrador. O encontro comezará ás 18.30 h no municipal e posteriormente ofreceranse uns pinchos a todos os socios, socias e asistentes ao acto. (Foto www.voltaaria.com)

No hay comentarios: