8 jun 2012

Bandeiras Azuis

A FEE- ADEAC, entidade que concede as Bandeiras Azuis, outorgo a Ortigueira para este verán un total de catro bandeiras, dous máis que na pasada tempada, nas praias: de Morouzos e A Cuncha, ademais de no Museo Ortegalia (Centro Azul) e na senda polo Bordo Litoral de Ortigueira (nova categoría Sendero Azul). Tamén aFundación Ortegalia renova a súa condición de Centro Bandeira Azul, o único do territorio Ferrolterra, Eume e Ortegal, manténdose dende 2008 no cada vez máis estrito grupo das cincuenta institucións que, a nivel estatal, reciben este recoñecemento, que premia a calidade das actividades desenvolvidas en materia de difusión ambiental, con especial atención naquelas referidas a divulgar e preservar a riqueza do litoral.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cariño non necesita bandeiras azuis, como dí Luis a nosas praias enchense soas.Non necesitan propaganda.

Anónimo dijo...

Cheganos co azul do mar