26 dic. 2011

Puri Seixido fala para "O Espigonciño"

Un grupo de rapaces de 6º, en representación de todos os seus compañeiros, entrevistaron á Alcaldesa de Cariño, Puri Seixido. As preguntas proceden, única e exclusivamente, da iniciativa dos alumnos, e foron incluídas no cuestionario sen máis modificacións que a supresión das duplicadas. Fixeron a entrevista: Clara Arcos, Carmen Painceira, Ana Blanco, Adrián Rubido, Lara Freire e Celia Varela Este é o resultado da entrevista foi este publicado en a Revista escolar "O espigonciño" nadal 2012. Un bo traballo dos rapaces, que vos presentamos textualmente:

"- Cales foron as razóns que te levaron a entrar na política? Foi decisión propia ou empurráronte para presentarte?
- Foi unha decisión propia, ninguén me empurrou. A opción política coa que eu me identifico non contaba con xente con dispoñibilidade para presentarse Cariño e iso motivou a miña presentación. En principio non contabamos con gañar, polo que houbo que adaptarse rapidamente á nova situación.
- Que balance farías destes primeiros meses como alcaldesa de Cariño?
- Pois non é moi positivo porque o traballo é moito e os resultados son moi poucos, de momento. E as cousas tardan moitísimo en solucionarse. Os problemas son mil e as solucións que consegues, por decir algo, son dez. Entón, polo momento, o traballo non é demasiado gratificante. Dentro de seis meses ou un ano esperemos ter máis resultados.
- Que proxectos recollidos no teu programa electoral son máis difíciles de levar a cabo?
- O proxecto máis difícil é desenvolver economicamente Cariño, dando oportunidades de traballo á xente nova e facer que haxa máis empresas e máis industria en Cariño.
- Botas de menos o teu traballo como guionista? Suponche moito esforzo facer os dous traballos á vez?
- Non o boto de menos porque sigo traballando como guionista. Eu traballo no Concello pola mañá, de oito a tres, e polas tarde e fins de semana sigo traballando como guionista, que é do que vivo. No Concello non temos salario ningún dos concelleiros que formamos parte do grupo de goberno. Entón temos que seguir traballando, cada un no seu, para poder sobrevivir. Canto á segunda parte da pregunta direi que si, que supón moito esforzo, porque o funcionamento do Concello é complicado e hai que estudar coma se fosa para aprobar unha oposición. Ás veces faise difícil que as horas do día dean para todo. Pero con tempo, paciencia e disciplina, moita disciplina, iremos conseguindo cousas.
- Teño entendido que eras unha verdadeira devoradora de libros cando ías ao colexio, foi esta adición pola lectura a que te levou a elixir a túa profesión como guionista?
- Si. Definitivamente, si. Lía moito; sempre lin moito. Eu creo que debín ler, polo menos, a metade dos libros que tendes na Biblioteca do Colexio. Ese interese pola Literatura, en xeral, foi o que me levou a acabar traballando como guionista.
- Como tés pensado mellorar o pobo?
- (Rindo). Que pregunta tan difícil! Eu creo que o máis importante que se pode facer por cada pobo ou por cada colectivo é facer que participe na mellora do conxunto da sociedade. Que os veciños aprendan que son os interlocutores directos dos políticos, que son os que teñen que esixir aos políticos como queren facer as cousas, e teñen dereito a esixir sempre responsabilidades por todo o que se fai no Concello. E isto tedes que aprendelo xa desde pequenos. Aquí debedes vir pedir cousas porque tedes dereito. E é sumamente
importante o que podemos deixar feito neste sentido.
- Que se sinte ao ser a primeira muller alcaldesa de Cariño? Esperabas ser elixida?
- Non esperaba ser elixida, nin moito menos. E síntome rara porque afacerse a un cargo público, para unha persoa normal que non ten aspiracións de facer unha carreira política é unha cousa moi rara. Ás veces, cando escoito dicir “a Alcaldesa” aínda me custa darme conta de que están falando de min. O que si valoro moi positivamente é o feito de que os cariñeses votaran a unha muller, porque iso supón unha flexibilidade na mentalidade e unha falta de prexuízos moi grande. Di moitas cousas boas das xentes de Cariño.
- Gústache ser alcaldesa? Que é o que máis che gusta de ser alcaldesa? De pequena, era este o teu soño?
- Non. Que va! Eu nunca soñei con ser alcaldesa. Non me gusta demasiado. Non me gusta moito porque é moita responsabilidade e isto é durante as vintecatro horas do día, todos os días da semana e todos os días do ano. Polo menos, neste meses foi así. Estás sempre aí, coa cabeza traballando, e tampouco ves moito resultado do traballo, do que cavilas ou do que padeces. O mellor de ser Alcaldesa é que che dá oportunidade de coñecer moito mellor o sitio onde vives e a xente. De coñecer mellor á xente de Cariño. E dáche a oportunidade de poñer en práctica cousas que, ao mellor, sempre escoitaches que non se podían facer. Ao ter a posibilidade real de gobernar, poden intentar levar as cousas á práctica. Isto é interesante.
- Gústache viaxar?
- Moito. Se por min fora pasaría a vida viaxando. Pero desde hai uns meses case non saio de Cariño
- Falas varios idiomas? Que estudos tés?
- Falo galego, español e inglés. Estudei Psicoloxía. Son licenciada en Ciencias da Educación, na rama de Psicoloxía e son Técnico Superior en Imaxe e Son
- Gústache o Nadal como o fixo Luis ou vas cambiar algunha cousa? Que pensas do traballo do alcalde anterior?
- Gústame o Nadal como festa. E gústame como a viven os nenos, que o pasan moi ben. Lembro a sensación da véspera de Reis, cando estabas toda emocionada esperando os agasallos, que case non podías durmir. E estamos en momentos moi difíciles porque hai pouco diñeiro para gastar en festas e en cousas que non son imprescindibles. Hai cousas, como a decoración do Nadal, que non imos poder facer pero tentaremos manter as tradicións como as cabalgatas e algunhas outras. Merece a pena ver á xente contenta. Teremos que tratar de sacar o mesmo resultado con menos diñeiro, pero polo menos intentarase. Canto á segunda parte desta pregunta, considero que o traballo anterior debe servir de medida para tratar de melloralo, sobre todo no referido á xente nova. Creo que é máis importante ofrecer actividades de ocio, talleres ou actuacións que a decoración navideña. Na situación actual, non queda máis remedio que ofrecer un Nadal máis pobre que os anteriores. A decoración navideña ou a iluminación das rúas, este ano non se van poder facer.
- Eu de maior quero ser coma ti, que consellos me darías?
- Creo que non é moi boa idea. Un ten que aspirar a ser na vida o que quere ser e a facer o que lle gusta. O máis importante, cando escolles un traballo para facer na vida é que che guste. Se non é así, a vida é un sufrimento. Creo que o consello que se debe dar á xente nova é que sigan as vocacións que teñan, e que non se diesen desanimar. Que poden ser pintores ou violonchelistas de cámara se é o que realmente lles gusta. Para as cousas que che gustan sempre tés máis gañas, enerxía, paciencia para levalas adiante. E as que fas porque che parece que che van dar un traballo falas con máis desgana. É máis doado que fracases en algo que non che gusta que en algo que si che gusta.
- Gustaríache ter un cargo máis alto en política?
- Non.
- Tés pensado presentarse ás próximas eleccións?
- Non.
- Que parte de Cariño che gusta máis?
- Todo. Gústame o casco vello, o Campo. Gústame o val de Landoi, a Basteira. Gústame o esteiro de Feás, Figueiroa, San Xiao. Gústame Campodemonte...
- Gustouche que che mandásemos a proposta para mellorar o colexio?
- Si. Gustoume moito. Paréceme que é a maneira de mover as cousas. Lembrádevos: os políticos que vos gobernan teñen a obriga de atendervos sempre, sexa para dicirvos que si ou que non. Pero teñen o deber de darvos explicacións.
- Se houbese aeroporto en Cariño, cres que habería máis turistas?
- Aeroporto penso que non nos colle porque temos un concello moi pequeno. So coas pistas de aterraxe xa nos quedariamos sen concello. Pero, ao mellor, se tiveramos heliporto... En realidade, un helicóptero pode aterrar en calquera sitio. Se tivéramos unha estrada, a que vai a Mera, mellor, seguro que teriamos máis turismo.
- Como é iso de dirixir un concello?
- Pois dor de cabeza permanente. Son moitos temas distintos e moitas deficiencias que son normais. É normal que se estropeen as rúas, que as tuberías rompan, que as farolas fallen... Intentar solucionar todas estas cousas sen que pase moito tempo e co persoal que temos, é difícil. Logo, non é so solucionar o día a día, senón planificar os proxectos que poderían ser bos para Cariño a longo prazo, as obras públicas: o saneamento, para que as augas fecais non vaian ao mar, para consumir menos enerxía eléctrica, para que houbera máis actividades deportivas e máis instalacións... É complicado.
- Que leis farías se puideses?
- Un alcalde non pode lexislar. En todo caso, á o Pleno quen aproba os regulamentos que propón o Alcalde. A min paréceme moi importante aprobar unha ordenanza, porque os regulamentos municipais chámanse así, que contemple a participación dos veciños na administración do Concello e que lles permita propoñer obras, propoñer actividades, que lles permita tomar decisións moito mais rapidamente que agora. Creo que esa é unha lexislación importante que hai que ter en todos os concellos. Logo, xa noutro ámbito, miña nai, por onde empezamos? Como contestar sen enrollarse moito? É complicado. Pero se se cumprisen as leis que temos xa adiantaríamos bastante, porque hai moito legislado que, á hora da verdade, non se cumpre. Paréceme que a nivel lexislativo poderíanse cambiar moitas cousas, pero creo que os cambios que fan falta son máis ben sociais, que toda a sociedade participe máis activamente na política e non como políticos, senón como cidadáns, que se fagan ver máis para que haxa que tomar en conta as propostas da cidadanía.
- Cres que esa crise mundial vai durar moito tempo?
- Pois polo que din os que entenden diso, si. Os economistas especializados en ciclos de crises din que esta vai durar aínda uns anos e a min paréceme e teño a sensación de que en España confiamos pouco na industria e nos profesionais. En Galicia, en concreto, sempre houbo que emigrar para facer cousas de certo peso. Non nos fiamos. Parece que o de fóra é sempre mellor. Temos pouca confianza na nosa capacidade para desenvolver industrias, empresas, novas maneiras de producir. Iso é o que nos fai falta: que se fomente o investimento no desenvolvemento de novos produtos, na súa comercialización...
- Podes facer algo para mellorar o emprego?
- O emprego... O emprego é onde traballar. E moi complicado porque depende da dinámica económica de onde vivimos. Pódese facilitar se se consegue dispoñer de espazos para que novas empresas se poidan instalar en Cariño. Aumentaría o número de postos de traballo para a
xente que vive aquí. E tamén creo que hai que ter unha mentalidade máis aberta para informar, para alentar, para axudar aos emprendedores, esa xente que quere montar unha empresa ou un negocio e que necesitan non so diñeiro, senón tamén orientación. Debe haber axudas para que as empresas que producen aquí poidan vender, por exemplo, a Xapón (algunha empresa xa o fai), a Australia... Ten que haber axudas para que poidan ter persoal que lles comercialice o produto fóra das fronteiras habituais de comercio. Sobre todo, información e orientación para a xente que quere emprender novos proxectos de empresa.
- Pensas volver a poñer e funcionamento o barco turístico no verán?
- Estamos tentando atopar a maneira de facelo sen que supoña tanto gasto para o Concello. O ano pasado gastáronse 80.000 euros e ingresáronse 17.000. É moito diñeiro perdido porque non se rendabiliza. A industria hosteleira local non gaña tanto diñeiro como para xustificar que o Concello perda esa cantidade ao ano. A diferencia entre gastos e ingresos é moi grande e parécenos que non se xustifica coa crise que hai. Temos que manter a piscina, que é deficitaria. Temos que manter un montón de servizos que son deficitarios. Tivemos que escollera parar algo porque non podiamos mantelo todo en marcha. Pero o ideal sería que puidera funcionar. É unha iniciativa moi interesante.
- Moitas grazas, Puri, e moitos éxitos na túa xestión.
-Moitas grazas a vós. "

9 comentarios:

enexía solar fotovoltaica dijo...

"Temos que manter a piscina que é deficitaria".

O ex-alcalde no libro que nos entrgou cando a inauguración da piscina nos dí:" O custo do consumo eléctrico da piscina é inferior ao beneficio económico que producen os paneis fotovoltaicos, o que xunto coa enerxía térmica reduce a cero os custos enexéticos da piscina".

Puri fai o favor de decirnos que pasa coa piscina ¿Outra ruina como o Aula do Mar?

Anónimo dijo...

Puri, dalle caña a algun dos empregados que tes polas ruas. Perden mitade do tempo rascando os ......

cariño fracasou coma concello dijo...

mandamientos para el que manda.

-No gastarás más de lo que ingresas.

-No dotarás a tu aymto. de servicios e instalaciones que el propio ayuntamiento sea incapaz de mantener y sostener por si mismo.

-No realizarás falsas promesas a sabiendas que no se cumpliran jamás.

-No concebirás la política como único modo de vida, no será tu principal... y, menos aún, la única fuente de ingresos.

-Será la vocación de servicio y la dedicación exclusiva al ciudadano y el cumplimiento del programa o proyecto los unicos objectivos del mandatario.

-Serán los cuidadanos con su voto los que deciden el futuro del politico. En caso de victoria cumplira un proyecto de cuatro años en caso de fracasar y no formar gobierno debera dejar paso a otro candidato y otro futuro proyecto. No son tiempos de vacilaciones ni de politica.

Anónimo dijo...

Este concello pasa tan desapercibido que nin o nadal se da conta de parar por aqui, que pena.

Anónimo dijo...

Gracias Puri por ser honesta en tus declaraciones , en mi modesta opinion ya que no te disfrutas del trabajo de alcaldesa , que no piensas volver a presentarte en las proximas municipales , que es mucho trabajo y sobre todo sin cobrar por ello , lo mejor es que dimitas de tu cargo y pases el baston de mando a Juan M. Fachal . todos necesitamos una oportunidad en la vida , puede que el no le importe tanto trabajo como el que requiere la gestion del concello ?

Anónimo dijo...

Nun anterior asunto de debate, a Cofraria informa do desacordo no reparto de cuotas de pesca por parte do anterior goberno. ¿ Por que non informa tamén de que o novo goberno acabase de cargar o Ministerio de Pesca e nin siquiera vai a facer unha secretaría de estado?
Que pasa, ¿Que ao Patrón Maior sólo lle interesan as cuotas para o seu barco e a os demais que os fodan?
Xa que se fan comentarios e notas, polo menos que as faga de todo. E sinon que esteña caladiño.

Anónimo dijo...

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/34138-ferrol-noticia

81 empleados son moitos dijo...

Aguillon lee con paciencia a acta do pleno do día 14 de outubro de 2011, na web do concello de Cariño. O ex-alcalde non pagou nunca nin un euro. A Corsán -Corviam xa llo debía desde o 30 de abril de 2009 e nin un euro lle pagou.Deixou facturas reconocidas pero pendentes de pagar 1100 por un importe de 1.309.396,55 euros. Deixou sen reconocer a obriga de pagalas 296 facturas por un importe de 450.119,2 euros.Non pagou nin un euro. Unha deuda bancaria de 672.000 euros. E ainda ten a cara de decirlle coma consta na acta que a alcaldesa minte. Deixou 81 empleados que lle salen ao concello en máis de 1.600.000 euros, e unha piscina deficitaria. O único que saliu saneado foron él e máis o mudo que tiña con él do BNG. Gracias Puri por publicar as actas, non sabe o que non quere saber.

Anónimo dijo...

Quero decir da alcalesa que ten moito valor de coller unha "empresa" coma esta con moitas deudas,e que non é doado de "arranxar" toda esta desfeita.Queria decir tamen sobre si salira o candidato do PP municipal, que Juan Fachal non seria bon candidato como alclde,por que ese si cobraria entre outras cousas,e o pobo non estaria mellor que ca actual alcaldesa.Saudos e traballade por este pobo que o necesita.GRAZAS.