2 nov 2011

Campaña de compostaxe doméstica

O concello de Cariño coa colaboración da Xunta de galicia e da Unión Europea, organiza unha xornada de información sobre as posibilidades e ventaxas da compostaxe doméstica. Estas charlas realizaranse no Local Social de Féas (Venres 4 de novembro as 19:00H) e no antigo Escolar da Pedra (Venres 11 DE de novembro as 19:00H) ao rematar a xornada repartiranse composteiros de valde, as inscripcións poden realizarse no concello ou chamando ao 981405064. Estas xornadas están abertas a tod@s @s veciñ@s do concello e son completamente de valde.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

¿El local social de feás es ese inmueble tan famoso?

Anónimo dijo...

Xenial. Noutro orde de cousas,
¿Atópase o censo electoral actualizado na páxina do concello? De ser así, ¿donde?
Grazas.

Anónimo dijo...

Esta campaña non se poderia levar a cabo na zona da parada de taxis?

Anónimo dijo...

Esta campaña ¿non se poderia levar a cabo na zona da parada de taxis?

Anónimo dijo...

Obras e feitos de gran calado. En tempos de crise, campañas de compostaxe. Coa compostaxe Cariño sairá adiante.
Este blog está un pouco parado de un tempo a esta parte. Debe ser polo cogoberno na escuridade entre o BNG e o PP.

Cabaleiro dijo...

Outra entra de Caciques da Pedra:

http://caciquesdapedra.blogspot.com/2011/11/3-anos-perdidos.html

Para ler con calma.

Anónimo dijo...

Uns coa compostaxe e outros adiantándonos a toda presa cos nosos propios recursos. Así estamos...

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/31580-ferrol-noticia

Anónimo dijo...

o facebook acabóu con estas webs de anonimos.

Anónimo dijo...

Son natural de Cariño pero vivo hai un tempo fóra de aquí, pero quero dicirlles a estes que se rin da compostaxe doméstica que no concello onde estou, xa fai tempo que se fai esa compostaxe, co conseguinte aforro nos gastos de lixo, o aproveitamento para abono de pequenas hortas,etc. Pido por que conozo este tema, que non tomedes a lixeira estas iniciativas, que aínda que pensedes que supoñen gasto, a realidade e que se aforran moitos miles de euros. Se tedes dudas consultade con técnicos que saben mais ca min disto. Saúdos dende a diáspora.

Anónimo dijo...

¿Rirse da compostaxe? Lee ben. A compostaxe está moi ben, claro que sí, pero se a compostaxe é o único do que fala un equipo de goberno municipal imos listos. E isto é o que pasa nesta vila. Mentres, unha cousa tan sinxela e básica como a limpeza de rúas é algo moi deficitario. Poderíase facer compostaxe co lixo que hai en cada rúa.