16 ago. 2011

Melloras na contorna do Faro Ortegal

As obras de acondicionamento da entrada á contorna do faro Ortegal que contemplan entre outras medidas mellorar a accesibilidade na zona, tanto peonil como para os vehículos, o soterramento dunha liña eléctrica que se atopa nas inmediacións e o acondicionamento da fachada exterior do faro, deteriorada polo paso do tempo e algunhas pintadas de actos vandálicos xa estan previstas en breve pola Autoridade Portuaria de Ferrol . Na contorna melloraranse os pavimentos e muros utilizando materiais acordes coa zona. Para fomentar o turismo na zona, a Autoridade Portuaria previu a creación dun carreiro peonil de máis de setecentos metros cun trazado en pedra para garantir a súa integración na contorna natural cariñés. Non en balde, o Cabo Ortegal é o arranque, ou final, da coñecida como Ruta do Medievo, que tamén é obxecto dun plan de mellora previsto pola Xunta de Galicia. Tamén se mellorará o acceso de vehículos e a zona de aparcadoiro para facilitar a chegada de turistas. Habilitarase un novo lugar de estacionamento cerca do faro con capacidade para autobuses e grandes excursións. Esta obra está financiada a través dos orzamentos de investimento da Autoridade Portuaria e conta cun orzamento de máis de seiscentos mil euros.

66 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Y no podemos pasar de gilipolleces y gastar el dinero en pagar parte de lo que debemos?

Bnonimo dijo...

Seique non sabemos ler.......
".......Esta obra está financiada a través dos orzamentos de investimento da AUTORIDADE PORTUARIA ....."
Creo que o Concello nin pincha nin corta neste tipo de actuacions........simplemente dará as grazas porque se acorden de Cariño dunha puñetera vez...

Anónimo dijo...

Aljen falaria con aljen para facer isto.....
Jracias.

Anónimo dijo...

¿Pero quen coño é o administrador disto?. Resulta que agora elimínanse comentarios pasados e non se deixa comentar.

3aguillons dijo...

imos ser serios , e non buscarlle tres pes ao jato , aljen sempre ten que falar con aljen ou ti non das os bos dias ao sair da casa , son melloras necesarias , a iniciatia pensouna aljen , os cartos para as obras queda claro de onde parten , imos dar un anticipo de jracias e gozar do que nos queda de veran.

Anónimo dijo...

E unha boa nova, o acceso ao Cabo non é doado , logo mete medo, e o que alí atopamos non é moi fermoso, agás do mar e dos aguillóns. O feismo doe nos ollos, eu non concibo a metade das falcatruadas que se fan ou deixan facer nalgúns sitios, a maceta-váter, por exemplo, xa hai que ter o gusto perdido... Se imos vender Galiza ao turismo (escasamente dous meses), non lles fagamos danos a vista, polomenos.

Mirador da Miranda dijo...

E que me dís das cancelas feitas cos xergóns. E os bebedeiros das vacas aproveitando as bañeras.Vacas soltas. Cabalos sen sanear.Os miradoiros abandoados fai anos. As pistas desapareceron de non facerlles mantenemento en oito anos, etc... etc...Oito anos a velas vir. Eso si o Artal queimando euros desde que naceu. Hoxe na Voz de Galicia (17/07/2011)nos citan como exemplo dos 30 concellos que non hai por donde collelos. Eso que o deixou o Sr. Armada cos presupostos equilibrados.E con cartos nos bancos.

Anónimo dijo...

Non merecemos ter concello, volvamos a chamarnos Porto de Cariño (Ortigueira), o lider absoluta da segregación conseguiu xustamente o contrario do que iniciou... que sintamos vergoña do noso concello e pobo. Bicos.

A pasear en yate dijo...

" El desplome de los ingresos por la crisis, la inhibición fiscal, el mantenimiento de excesivos gastos y el elevado endeudamiento con bancos y cajas forman un cóctel explosivo que amenaza con desatar una tormenta perfecta en muchas haciendas locales. La lista de municipios que se asoman al precipicio crece y hasta una treintena (30) de corporaciones viven una situación delicada Silleda, Carnota, Miño, Cangas, Moaña, Os Blancos, Trives, Valdoviño, CARIÑO, Portas, Barro, A Estrada, Valga o Vilanova son alguno de ellos."

La Voz de Galicia 17/08/2011

3aguillons dijo...

A esa persoa que esta avergonzada do noso concello un bo consello , vai e que te vexa un psiquiatra por urxencias . O de pasear en yate que non se preocupe tanto da crise , xa temos a solucion Rubalcaba , primeiro paso , casa real fora , senado fora , deputacions fora , non esta mal para comenzar , o segundo paso e mais control do estado sobre os bancos quenes en realidade son os culpables de todos estar metidos na merda ate os collons , ainda quedan mais pasos pero son da opinion de ir pouco a pouco .

Anónimo dijo...

O edificio do concello.
Como se fixo sin ter os cartos?

Anónimo dijo...

Pincha en PSOE-Cariño. Explicamolo moi ben.

Anónimo dijo...

Vai "pouco a pouco" o psicologo que te mire e leva de paso ao do iate e a rubalkaba

Bartolo García dijo...

" ¡ Ah Sr. Ramón ! cuando pienso el papel que componemos en esta mísera sociedad, me vuelbo como loco pero asi todo trabajaré para redimirla no pararé hasta que vea la que ideamos los anarquiestas, Porqué camarada ¡ habrá cosa mejor que la idea nuestra! por tanto los anarquistas debemos hacer desaparecer los gobernantes, el ejército, ¡ abajo el capital! el clero y todo lo que tienda a gobernar, explotar, robar y denigrar por tanto camarada gritemos muy alto; fuera los gobiernos autoridades, ejército ¡abajo el clero! y no con gritos camarada sino con bombas de dinamita, por tanto camarada demos un ¡Viva la anarquía! "

Anónimo dijo...

Ai Ramón, o fertimooon! volvemos ao s. XIX mi ma!

3aguillons dijo...

Bartolo Garcia outro caso de Psiquiatra por urxencias , tes ganas de dicir algo e non sabes como poido apreciar que eres do tipo de xente que nin fode nin deixa , unha magoa que non atopes argumentos sexan en castelan ou galego , polo que levo visto neste blog hay xente que para eles non deberian madrugar os panadeiros , agora entendo o perigo de ter aceso a internet , en certa xente provoca diarrea cerebral , recomendo paseos tumbarse ao sol falar coa xente ,levar unha vida normal e o xeito para que te liberes da empanada mental que te oprime e condiciona.

reflexiona no yate dijo...

3aguillons, perdoa ,creín que eras dos meos xa que "casa real fora,senado fora, deputacións fora,bancos fora".Aínda che falta moito para ser anarquista, pero eres "progresista". Pouco a Pouco.

3aguillons dijo...

Ti que reflexionas no yate , non fumes eses porros de marijuana que te suben a nube e lojo nin dios te baixa , de que anarquismo me falas anarcocapitalismo ou anarcosociallismo, proba a fumar jachis xa veras que ben dormes e non pensas burradas , mirar television tamen axuda.

Anónimo dijo...

Lendo o artigo da Voz logo parece que a obra vaina financiar a Xunta de Feijóo e non o Ministerio que preside José Blanco.

Os da Voz coas súas artistadas dereitistas.

Anónimo dijo...

¿Cando é o próximo pleno? ¿é certo que xa se celebran no Metro?.O ambiente de camaradería entre Pacucho e o PP axudaría moito.

Eu tamen quero iate dijo...

¿Para cando se lle concederá a Lanoi un mínimo de dignidade salubre e se instalará un alcantarillado en condicións?
Non vos equivoquedes, toda esta merda falangueira e turística ( a carretera do cabo, o barco/hipoteca, a monumental de Barreiros ( gustoume o nome que lle dístedes eiquí )) está moi ben, e vendese soa.

Pero hai que empezar as cousas polo principio. Que o de WCNet fosas sépticas é de paletos. Porque una fosa séptica segue sendo un pozo negro dos de toda a vida.

enerxía fotovoltaica dijo...

En Landoi tedes ao alcalde pedáneo (ese das barbas longas), amigo da alcaldesa e máis do Metro. Falade con él xa veredes como falta pouco para que veña o saneamento. É unha prioridade para o BNG.

Anónimo dijo...

Que deixe un pouco en paz a pedanía e que poña en orden o paseo marítimo que da noxo ata os porcos bravos. Fai dous meses ou mais do tema do porco e non tocou a nada. Debe ter moito choio para el solo desde que a pinche se ocupa da limpeza das instalacións da piscina.
Xa de paso postos a sanear, as ruas e o paseo marítimo están cheos de merda a reventar. ¿Están de vacacións as escobas ou as/os que as pasean?
E cando digo merda e merda de can por todas partes. ¿Non pensan non concello tomar medidas contra os propietarios dos animales? Os animaliños son inocentes, os seus donos non e se polas boas non teñen respeto polos demais habera que facerllo saber por escrito porque non e de recibo que a xente leve os cans a deixar as suas merdas o paseo marítimo onde logo xogan os nenos do noso pobo. Non hai dereito.

Anónimo dijo...

Cariño pueblo inculto.
Canta razón tiña Manolo
O "animal"que escribeu o de Porto de Cariño (Ortigueira)
decirlle que si sinte vergoña do noso Concello e sobre todo do pobo, que se vaia de aqui. Merda como el ou ela sobran en todolos lados.
Eu sintome orgulloso de ser de Cariño, goberne quen goberne. Solo foderia que por culpa da politica tuvera que renegar do meu pobo.
E animo Puri. Valo ter dificil, pero non imposible. Hai moitos que confiamos en ti.
Fdo: Un de dereitas

Anónimo dijo...

Ven hoxe na Voz de Galicia unhas declaracións do ex, que xa non teño dúbida que ten un trastorno bipolar. Ánimo Puri
Fdo: Un de extrema dereita

Anónimo dijo...

Ui... xente que se declara de dereita ou de extrema dereita apoiando a Puri. Da que pensar.

Xa o dí o refrán: dime con quien andas y te diré quien eres.

Anónimo dijo...

Puri, vende o concello, calquera prezo sera caro, esta aventura de ser concello foi un fracaso absoluto, non se pode facer peor e tan mal en tan pouco tempo. Fagamos concellos de 20.000 habitantes... libremonos de politicos profesionais de cuarta fila que pensan no interes partidista que no seu pobo... e o pobo rielle as grazas ata que se acaba a festa do despilfarro. E moi triste dicir isto... pero non nos merecemos máis.

Anónimo dijo...

QUE SI HOME QUE SI...O QUE DIGADES.O TEMA É O FARO DO ORTEGAL.QUEN TEÑA VERGOÑA DE VIVIR EN CARIÑO XA ESTA TARDANDO EN MARCHARSE.TOCAN TEMPOS DE VACAS FLACAS,PERO CONFÍO EN QUE POUCO A POUCO SE VAIA SUPERANDO,SEXA ALCALDESA PURI OU MARÍA SANTÍSIMA.A MIN O QUE ME IMPORTA E QUE CARIÑO SAIA ADIANTE,HAIA TRABALLO,TODOS CONTENTOS E FELICES E PUNTO.IMPORTAME UNHA MERDA AS CORES QUE A GOBERNEN.SAÚDOS

3aguillons dijo...

Seguimos falando verdadeiras animaladas , iso de Puri vende o concello , que a dereita esta con Puri , ou millor dito que Puri e a dereita , esta nova lexislatura esta no comenzo , eu atrevome a dicir que comenza mais que confusa que uns din que non hay cartos outros din que si , na Voz de Galicia falan de situacion critica , logo din que non que quedaron nos bancos casi 500.000 euros , por favor non marear tanto a perdiz os cidadans queremos as contas claras os cartos son nosos do concello que somos todos , si temos devedas temos que saber a cantidade e como se fara nos orzamentos do ano que ven para afrontalas , espero que Puri poida aclarar a cidadania toda esta confusion ven sexa nun pleno ou de outro xeito , por certo considero desacertadas as declaracions que a nosa alcaldesa deu a o Diario de Ferrol falando da contaminacion de augas fecais na nosa ria , coido que son alarmistas e estan fora da realidade para xente que conocemos a ria de riba abaixo , cando eu nacin xa en Landoi explotaban a dunita os milleiros de toneladas de residuos vertidos a nosa ria como consecuencia da explotacion da mina son mais contaminantes e irreparables .

Anónimo dijo...

¡Beeeenedito! ( de La Solana )

Mi Papa dijo...

Kirie Eleison. Sálvanos Señor. Señor ten piedad.

Anónimo dijo...

¿canto costan os chirinjitos de ontes e os de hoxe? se a cousa esta tan mal como anda rosmando a alcaldesa e os seus por todas partes este chiritoque sobraba.
pareceme moi ben que cuide da chavalada que igual a votan unhas cuantas veces mais pero que non arrole cos vellos porque ela vai para vella e igual chegado o momento se ve coma nos ou peor.

Anónimo dijo...

Vaia exito o festival do venres..........
Imos ver hoxe que é o día forte......

Anónimo dijo...

Os chirinjitos (si te refieres a os grupos, escenario, son,etc. do Ortegal Rock) por algun lado escribiron que viñan pagados pola Diputación. Se a eso añadeslle a pasta que se fixo nos toldos de vender babidas, creo que o balance economico no vai a ser negativo para o Concello.
2+2 = 4
E non como co capitan Luis Sparrow
que 2+2=3
De pouco vale que haxa 500.000 euros nas contas si se debe 4 veces mais.Xa sei que algun me vai a responder que vale mais iso que nada. NO SE CONSUELA EL QUE NO QUIERE
Saudos e boas festas a tod@s.

Anónimo dijo...

UN SOCIALISTA DE CARNET .ANIMO PURI DEIXA FALAR A UNS E OUTROS TU A TRABALLAR POR O NOSO POBO QUE MOITO NOS COSTOU ACADAR.PERRALLEIROS POR DESGRACIAS AINOS EN MOITOS SITIOS

a pasear en yate dijo...

Este ex debe de creer que o pobo é parvo. A acta de Arqueo non dí outra cousa que os euros que existen naquel día e momento nas contas dos bancos unhas operativas e outras restrinxidas. O que de verdade conta son os apuntes CONTABLES, como deixa constar a interventora municipal. Estes apuntes dín que o concello de Cariño: dado ó REMANENTE DE TESOURÍA NEGATIVO e máis a súa DEUDA VIVA (672.00 euros) está dentro dos 30 concellos que necesitan o que a nosa alcaldesa está por lei obligada a facer. Ánimo Puri

Anónimo dijo...

A verdade que ven lle facia falta arranchar todo aquilo,por que calquer dia pasaria algo cos autobuses que baixan,metia e mete medo.Está ven que se acorden de cariño a aministración autonómica ou central.....

Anónimo dijo...

Estiven lendo na páxina do PSOE de Cariño o artigo que leva por titular "As contas municipais: argumentos contra a falsedade".
Simplemente unha pequena recomendación:
Sr. Armada, vaise consultar. O seu ten os sintomas do que parece ser a obsesión compulsiva.

Anónimo dijo...

Aguillón, que passsssa. E do Ortegal Rock que?????.

Outro anónimo coma ti dijo...

Non se necesita ser un experto na materia para decatarse que detrais deste blog chamado aguillóns está, colabora ou alimentano unha parte da dereita cariñesa, probablemente do entorno do que foi alcalde do PP durante oitos anos, F.Tallón Cabana. Manifesto isto porque a maioría dos comentarios anónimos que se verten aquí teñen moita similitude coas teimas e fixacións que este señor manifestaba cando estaba de concelleiro e portavoz do PP.
Coincide tamén o empeño case enfermizo, igual que antes, en enfangar a política municipal hasta extremos case grotescos para confundir á xente e crear un estado de opinión de que isto e unha porquería e todos son iguais.
Neste blog, de forma deliberada afirmanse cousas que son totalmente falsas, outras verdades a medias, e na maioría moita miseria humana, demasiado rencor e moita cobardía, porque nunca se asinan os comentarios, sempre o fan desde o mais absoluto anonimato.
O pobo de Cariño merécese unha dereita a súa altura, que critique, opine, argumente e poña de manifesto o que considere oportuno, pero entendo que debe facerse dando a cara e asinando o que se escribe e, a poder ser, aportando documentación, porque o contrario, e o que se fai desde os aguillóns, é unha mezquindade intolerable que pon en evidencia a quen o fai e denigra a política municipal e a convivencia vecinal.
O autor deste blog escribe, ou permite que o fagan outros por el , iso sí , sempre desde o anonimato, sobre a situación económica do concello, pero nunca cita o paso de Tallón pola alcaldía, nen tampouco as nefastas consecuencias que para o concello supuxo a súa xestión durante os 8 anos do seu mandato.
A tan manida sentencia que condena o concello a pagar as obras feitas sen financiamento na primeira fase da casa consistorial son fruto da súa irresponsabilidade como xa levan dito ata a saciedade.
O crédito en vigor de 600.000 € (chamada debeda viva) que de forma anónima e repetitiva mencionan neste blog, intentando asocialo o goberno bipartito dos últimos anos, tamén foi para pagar facturas do desequilibrio presupostario no que deixou Tallón ó concello, que según se desprende da documentación que obra no concello, rondaba o millón de euros no 2003.
Resulta preocupante a saña con que lle atizan a institución municipal e o afán de poñer en dúbida a súa solvencia, atacando e cuestionando a súa viabilidade, copiamos integro dous mensaxes aparecidos nestes aguillóns, como non podia ser doutra forma, tamén anónimos:
“Puri, vende o concello, calquera prezo sera caro, esta aventura de ser concello foi un fracaso absoluto, non se pode facer peor e tan mal en tan pouco tempo. Fagamos concellos de 20.000 habitantes... libremonos de politicos profesionais de cuarta fila que pensan no interes partidista que no seu pobo... e o pobo rielle as grazas ata que se acaba a festa do despilfarro. E moi triste dicir isto... pero non nos merecemos máis.
20 de agosto de 2011 02:18
Outro decía :
Anónimo dijo...Non merecemos ter concello, volvamos a chamarnos Porto de Cariño (Ortigueira), o lider absoluta da segregación conseguiu xustamente o contrario do que iniciou... que sintamos vergoña do noso concello e pobo. Bic17 de agosto de 2011 17:38

Estes e outros comentarios similares, son frecuentes neste blog aguillóns . Esta é a aportación e o legado que os seus responsables lle deixan na rede virtual o pobo de Cariño.
Por último, engadir, que o debate das cuestións municipais ou calquer outro, débese facer desde a transparencia e nunca desde a cobarde ocultación da identidade de quen escribe. Isto que parece tan evidente non lle resulta útil o responsable dos aguillóns, porque é evidente que se se identifica non pode manter nen 5 minutos as barbaridades que de de forma anónima manten neste blog basura que lle chaman aguillóns.

Anónimo dijo...

jajajjajajaja....

Tes que rematar o teu "escrito".... dicindo "grazas pobo de cariño" por eses máis de 400.000 euros. VIVA O CONCELLO DE CARIÑO, VIVA A VACA QUE DÁ LEITE ATA QUE SANGRA POLOS TETOS.... Viva a Democracia Real... preparados, listos.. Xa...

Viva a esquerda cariñesa e os seus palmeiros que sempre firman os seus comentarios difamando e acusando a veciños sen responsabilidade pública. Quefariamos sen eles... que seria a democracia sen a suas existencias.... Non paga a pena descansade as cabeciñas... o concello xa o tedes finiquitaooo, qui tao tao.... a agora vides rendindolle contas aos demais co ben que estivéchedes na poltrona cobrando POR SOLIDARIEDADE CO POBO DE CARIÑO... daquela non vos queixabades de nada, os cartiños entraban como perico na conta corrente....

Saudos da mezquina... ¿dereita?... non intentedes matar o mar a paus, nin tomar de parvos aos cidadans que tanto vos diron, tantas vidas solucionadas....

Anónimo dijo...

Puri, fai un referendo, unha consulta aos cidadáns, xa que se van suprimir as diputacións, poñer un teito de gasto as CC.AA.,... faga unha consulta sobre poñer a disposición de unha xunta xestora ao concello ademais de a conveniencia de ingresar nunha fusión con outros concellos... polo ben de obter uns servicios mínimos de calidade e pola viavilidade e poder dun goberno local forte e que responda con eficacia aos seus cidadans. Este concello fracasou e só se usou polo ben partidista despilfarrando e endeudandose polo mero capricho electoralista.

Anónimo dijo...

NOS VES PURI ,ESTA DEREITA NON TEN NAMAIS QUE RANCORES E AÑORANZAS DO FRANQUISMO .ATRABALLAR TODOS POR CARIÑO SON SOCIALISTA E VIVA A LIBERTADE

Anónimo dijo...

liberdade para estafarnos previo sufraxio. Habiavos que denunciar a todos. Teño añoranzas da republica independiente do puño do clavelitos e o blogue nazonalista.... vaia tandem.... jijiji.

Vendede todo que imos á ruina mais absoluta.

Anónimo dijo...

Sempre o mesmo a voltas co concello,emporcando todo.Pero naide fala de vender a cconfradia que arruinaron coma a sempre os mesmos dadereita co seu presidente de sempre xa fai anos que deberia estar a venda diso tenque falar moito o señor Tallon,¿como se pagaron as deudas que tiña a confradia,pa que non se fixera a auditoria ?Pa safarlle o pelexo da carcel a mais de catro que ostentaron adireccion da confradia e o mellor a financicion de algun partdo politico.Poeque a confradia si que esta arruinada e non a gobernou nin o Psoe nin o Bng,ven saben neste pobo quen son os culpables,xa que un secreto a voces,que a deixaran a bancarrota cando chegou a ser a terceira en ventas de Galicia.

3aguillons dijo...

Este blog esta secuestrado por dous ex alcaldes , un do PP que fai anos foi apartado da politica e non quero saber por que ? o outro do PSOE que dixo ate a saciedade que non voltara a ser candidato , para estes dous exses dicir que si se queren tanto e tanto botan de menos as suas batallitas pensen que os do pobo hoxe non queremos saber de vostedes xa son historia por certo unha historia de autobombo a cada cal o millor , deixade gobernar o que o pobo votou , non sodes o centro de nada a vosa data xa caducou . Tamen da que pensar si queredes seguir mareando a perdiz ate que outros saneen a situacion economica do concello para logo saltar abordo unha marea mais ?

Anónimo dijo...

Valjame dios tamen queredes gobernas asociacións... non volvale con expoliar o concello que segregachedes a vosa maior gloria

Anónimo dijo...

¿Financiar un partido politico ilegalmente?Bueno, bueno, bueno ¡Que fuerte!.

Eu o que podo saber e que esa asociacion ten as suas contas ao publico, podedemolas ver cando desexemos. O que non podo dicir o mesmo e dos exercicios 88, 89, 90 e 91 do goberno do recien inaugurado Concello de Cariño. Non existen. ¿Por que? Dicidemo vos, que de seguro sabedelo moi ben. Tamén estan as escrituras e as clausulas de cesion dos terreos que exploliachedes á cofraría a vosa disposición... non hai segredo algún... O que si que me gustaria saber como foron parar os fondos AGADER para financiar un centro de dia ao lado dunha fábrica de conservas. Estamos intrigados.


Tufffffoooo.

Aula do Mar unha ruina dijo...

Hoxe no Diario de Ferrol 23/08/2011 ven unha entrevista con Puri a nosa Alcaldesa que ben leída, da unha idea real de como colleo o concello o día 13/06/2011. Oito anos de "goberno" de PSOE&BNG. Sanearon as contas do Sr. Armada. As de Manuel Varela Loureiro (Tarolo) nada sabemos, nada dixo, nada "vió por esos ojitos",nada oío.Non me cheira ¡¡¡Fédeme!!!. Maldita sexa a vosa estampa.Oito anos mentíndo e tomando ao pobo de inane.

pouco pan para tanto chouriso dijo...

O pobo non é tonto. PSOE 706 votos. Tres concelleiros de once. A tomar polo c...As contas do concello a grandes rasgos veñen hoxe no Diario de Ferrol víspera do San Bartolo do 2011.

Anónimo dijo...

Arre que arre , os dous ex alcaldes dandonos na cabeza con quen foi menos honesto , sigan vostedes de este xeito asi despertaran as duvidas de alguen que pida as contas tanto da Cofradia coma esas dos primeiros anos do concello , non pensen que si queda algunha falcatrua agochada non teran que pagar diante da xustiza , tempo ao tempo , poden resultar intimidantes certas perguntas diante un xuiz .

Anónimo dijo...

A situacion do concello e moi preocupante... non pode soster os servicios que esta a prestar coma a piscina cuberta climatizada, un agasallo en plena crise e cun concello rozando a bancarrota. Señores do goberno acaben con esta agonia consulten a cidadania expoñanlle o problema actual e o futuro estimativo a medio e longo prazo. Sexan claros, porque o noso futuro non pinta ben e non abondan un puñado de boas intencións.

Contenplen a posibilidade de fusionarse con ouro concello sen que as indentidades dos mesmos prevalezan un sobre o outro se hipoteticamente se replantexa.

Cariño fracasou como concello... iso é un feito... xa é inviable con apenas vinte anos de historia.

Anónimo dijo...

O meu paparecer, Cariño non fracasou como Concello. Fixeronno fracasar (Tallón, Armada e Varela), que é moi diferente.
O sinvergoña e caretudo mais grande que estivo no Concello foi o Sr. Varela.
Aiche que ter ben pouquiño peso pra facer o que fixo este persoaxe da nosa politica local.Era o perrito faldero do Sr. Armada.

E pra todos ist@s fenomen@os sociales que escriben que apoian os comentarios como o de enriba.
VIVA CARIÑO !!!!!!!!

Non decaias Puri. Coido que a maioria do pobo está contigo.
Pasa de toda esta merda anticonstructiva.

Por certo, gustoume moito que certas persoas do PSOE de Cariño axudasen é puxesen o seu grao de area na celebración e organización no Ortegal Rock.
Grazas que hai xente que está moito por derriba da "politica enmerdada"

Saudos e boas festas para tod@as

Anónimo dijo...

PURI:
HABER SI LLE PROHIBES O FOJETEIRO BOTAR OS FUEJOS ANTES DO MEDIODIA.

Anónimo dijo...

Puri o que necesita e que lle boten mais dun fojete para liberar stress , animo Puri a austeridade esta ben pero uns pol.......etes axudan a millorar a situacion do concello . BOAS FESTAS.

marilyn dijo...

Boas tardes. Seguramente estades comendo, eu xa o fixen, e que aproveite.
Os Aguillóns ,moi amablemente , puxeron unha nova da que me atopo moi orgullosa. A man de Diogo.
Pecháronse os comentarios por " un administrador ", pero na VOZ DE GALICIA, a QUATRO, a TVG, ANTENA 3 e outros medios se fixeron eco da participación dos galegos, nos que me atopo para que Diogo teña unha prótese, e , ao longo da sua vida, algunha máis.
Para os que queirades seguir axudando, en FACEBOOK temos unha páxina , TAPONES Y ENVASES PARA DIOGO.
Non teño nada mais que dicir deste tema. Tan só que me saquedes, Aguillóns, do lado do blog recomendado de Caciques da Pedra.
Xa nos reciclamos, somos xente de moitos lugares que pensamos nos demáis sen ánimo de lucro. Expandímonos gracias aos nosos "tempos libres".
Graciñas de novo.

Anónimo dijo...

As verdades ofenden. Cabaleiro pode resultar molesto a tod@s os que non lles interesa que se sepan as cacicadas que todavía nos tempos que estamos andan pola Pedra.
@s que levan a verdade por diante non deberían de ter nada que temer, non así aqueles que trapallean canto teñen o seu alcance.
Debería de haber un Cabaleiro en cada rúa.

Anónimo dijo...

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/26547-b-noticia

Os cartiños saltan de Cedeira a Ortigueira.Xa se ve a influencia que teñen Fachal e Puri.Ir a tomar os cubatas vestida de hippie sabe calquera,pero tramitar axudas xa é outra cousa.

Anónimo dijo...

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/26547-b-noticia

A ver se desta volta non me censuran...

Xa vedes a nova,por Ortigueira e Cedeira deixan os cartos pero por Cariño pasan de longo.¿Onde andas Puri?¿recurtándolle a asistencia ós nosos maiores?

Anónimo dijo...

EN FIN EU AINDA VEXO AS ACERAS CADA VEZ CHEAS DE HERBAS .
ESTAN EN HUELGA OS DO CONCELLO?
Ou tamen e unha campaña contra Puri?

Anónimo dijo...

Vaia, vaia, vaia...

Aguillón, puxeronche de volta e media na web dos socialistas de Cariño. Unha web con autoridade para dar leccións de moralidade (por exemplo lembrar só o episodio da campaña nesa web en contra do parroco da vila só por expresarse nun programa de TV "España Directo") incluindo anecdotas de indole privado ocorridas no concello que nada tiña que ver co tema... En fin, señores socialistas que vostedes veñan dar leccións de algo... neste caso, moralidade e ética é pra mexar e non botar jota.

Eiqui, os señores socialistas, si os que forman parte da agrupación escribiron eiqui e botaron todo o que levaban dentro e dispararon difamacións, injurias e infamias contra persoas con nomes e apelidos (axenos a actividade politica e de cargo publico algún) dende a primeira semana... e tamen facilmente recoñecibles por dicir as mesmas chorradas que colgan nesa paxina web facilmente indentificable e cunha linea editorial dificilmente compartida pola cidadanía.


Por tanto, aguillón ahi os tés, puxeches as novas da web socialista eiqui e agora che din que esta web e unha cloaca indecente e inmoral... puxeches o "manifesto Lois" durante mes e medio, entre moitas outras.... e xa ves como cho pagan. As verdades ofenden pero o que lles chegou pra montar este número na súa web contra os aguillóns foi a crúa realidade.

unha realidade que non nos é indiferente. Que polos intereses partidistas e polo electoralismo sen escrúpulo algún... Cariño fracasou coma concello por os seus representantes que o levaron á unha situación de inviavilidade con apenas 23 anos de existencia e por que non dos que fomos votar, a cidadania tamen é responsable en depositar e renovar incluso, a confianza nuns politicos adicados aos seus intereses que no seu pobo.

O que lles irrita a estes señores, e que se lles acebe o choio e se acabe co municipalismo masivo, o pesebrismo masivo, o caciquismo masivo e as administracións ao servicio duns cantos intereses que nos esta levando a quebra absoluta e de carecer de servicios básicos.


Só de abrir ese debate, e de recoñecer o evidente, que os propios que adicaronse ao movemento segregacionista cariñés conseguiron xustamente o contrario... a triste realidade que este concello non pode subsistir e asi cerrar definitivamente o grifo.


ESte concello é un fracaso. Non chega a boa vontade da pouca xuventude que queda no pobo. Non abonda, abramolo debate e consiguemos un goberno que nos defenda e non se apropie da nosa confianza en favor dos intereses propios e do partido politico de turno.

Un saudo decentemente indecente. A rañala.

Anónimo dijo...

O PSOE cariñés non escribe en blogs cobardes e indecentes
Sábado, 27 de Agosto do 2011

Web socialistas de Cariño

non acordan cando fixeron a campaña contra o parroco da vila polo tema de españa directo co cementerio... esa web tan decente e independente.

Esa web canle de episodios vergoñentos como mandar unha carta amenazante a Voz de Galicia polo tratamento informativo do huracan Klaus... atribuindose por extensión como a voz do pobo de cariño o unico que defende os intereses. Si esa web é unha maravilla. Pero o peor e o mais indecente que pode facer este sitio web foi e é ocultar a realidade a todolos cariñeses vendendolles un futuro de ciencia ficción e ocultar a economia do concello mentres anunciaban obras indecente para captación de votos como a piscina municipal e o centro de dia. Eso entre moitisimas cousas sí é unha indecencia.

Afundichedes o concello, naide pode xa salvalo e responder por el. So se pode calificar como fracaso absoluto aos 23 anos de cariño como concello. Por que se defenderon intereses propios e partidistas aos do pobo. E intentar pasar como politicos volcados polo próximo e incitados como vocacion ou "solidaridade" con Cariño... cando só se usou, a gusto, a confianza otorgada polo pobo.

F R A C A S O. S E Ñ O R E S, V D S. F R A C A S A R O N... E L E V A R O N C O N S I G O A C A R I Ñ O.

Anónimo dijo...

Así estamos...

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/09/04/0003_201109F4C7995.htm

Uns empezan as obras, e outros nunca as rematan. Xa non digo comenzalas, porque levan dous anos e medio na Xunta e nin un so tramo adxudicado. Nin un.

IMPOSTOS PAGADOS dijo...

Menos oficinas e máis barrendeir@s. Non creo que haxa pobo en 100 Kms. arredor nosa que estea máis porco que este. Isto non é de agora, pero algo deberíase de facer. Papéis, herbas,vasos rotos, follas, plásticos; e non digamos os venres ó remate do mercadillo. Por favor.

Anónimo dijo...

Hooola
¿Hay alguien?

Anónimo dijo...

Realmente, ¿traballan pouco os barrendeiros ou e que somos moi porcos nós?