1 ago 2011

Cariño solidarízase con Diogo

A solidariedade galega está a acelerar o calendario previsto para que Diogo Farinhoto poida comezar a sentir como é vivir con dúas mans. A nai do pequeno de Caminha que naceu sen unha man, afronta a recta final dunha campaña que rematará co comezo dunha nova vida para todos, un soño feito realidade.Hai un mes e unha semana que Elisabete Farinhoto apelou á ribeira galega para que lles axudasen a recoller plástico. A través da cooperativa "Dar e sorrir", promovida pola nai de Rodrigo, o primeiro neno luso que accedeu a unha prótese mioeléctrica, conseguirán a de Diogo se reúnen 19 toneladas de tapas e envases de plástico cuxo envase teña nun triángulo os números 2, 4 ou 5. A nai do pequeno non olvida a quen axuda. "Están a axudarnos desde Cariño, Marilyn, Jose en Narón, en Pontedeume, Tui, Oia, A Guarda, Burela, Baiona, Ourense...». Unha boa acción unha cariñesa tras ela, un orgullo para todos e todas.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Un aplauso a Marilyn y a todas esas personas que ponen un "granito de arena". No entiendo que "ciertas personas" critiquen esta buena causa...bueno si,porque son egoístas y solo piensan en ellos

Anónimo dijo...

Cada un fai co seu tempo libre o que quere, menos a alcaldesa que o fai co dela e co de todos nos.
Non hai cartos para o barco, non hai cartos para contratar a personal para limpeza de praias, ruas (que estan feitas unha merda) e cheas de jatos a reventar, non hai cartos para contratar a unha persoa para o local dos maiores e asi non ter que pechar, nin hai cartos para a axuda a domicilio os nosos maiores.
Pero parece que si hai cartos para caldeiradas, sardiñas lañadas e rock.
Espero que algun dia nos explique a todo o pueblo se as restriccions as fixo a cara ou cruz ou saen segun como se desperte porque a folla de ruta do primeiro mes e medio foi de traca.

marilyn dijo...

Gracias, Aguillón, polos eloxios inmerecidos ou non. Somos 280 axudantes, de moitos concellos, pero Cariño estase a comportar como o nome indica: con cariño.
Empezando por Modesto Carrodeguas, que nos pon o transporte ata Caminha gratuitamente,e Ketita, o local que alquila no baixo da sua casa,igualmente gratis; Juana, un almacén na zona do Campo e todos os que por alí aparecen para botar unha man. Que de iso se trata.
Explicaches moi ben os requisitos dos envases, e Elisabete na "Voz", qué empresa portuguesa se fai cargo do importe da prótese do seu fillo.
Imos seguir xuntando, pero tal vez con outro medio de transporte,SEUR, que tamén gratuitamente leva tapóns y envases a Aitana, unha nena con cancro do pais vasco. Para non abusar da amabilidade de Carrodeguas. Iso xa se facería a nivel privado, sen necesidade do grupo que eu forméi TAPONES Y ENVASES PARA DIOGO en Facebook.
Recollemos os martes e os xoves, as oito da tarde, e si non, amarrade as bolsas nas argolas da persiana. Algún de nós as meterá dentro.
Gracias ao Concello, que nos deixaba un contenedor, pero optamos por recoller no local directamente.
Gracias a miña nai, que a teño ben atendida pero un pouco "abandonada", e aos meus fillos que dende A Coruña e Madrid traenme o que teñen e me apoian nesta causa, para mín tan agradecida.
Bos días.

Anonymous dijo...

Anónimo nº2
¿Cómo coño eres capaz de trollear algo como esto?
Y nada menos que empezando con un "Cada un fai co seu tempo libre o que quere".

Eres como esas viejas que se acaban de enterar de que el hijo de una vecina es un yonki y son capaces de meter el tema en una conversación sobre toallas.

Vuélvete a la casetita con tu nombre que tendrás delante del bajo de al lado del Groucho.

Anónimo dijo...

Anonymus estou contigo. Hai xente que o unico que sabe e "enmerdar" a vida en vez de endulzala.
O que está a facer toda esta xente e digno de admiración pola miña parte, y o demais e demagoxia barata.

Anónimo dijo...

Eu penso que esta axuda non require ningun enforzo, e para a xente que non axuda dígolle:
Para que queredes os envases vacíos? Que mais vos da levarllelos a Marilyn para unha boa causa, que tiralos no contenedor da reciclaxe para facer outros novos?
Deberiades tomar exemplo de Marilyn, é unha boa persoa e non só aporta o seu "graniño de area" ela aporta unha praia enteira.

Anónimo dijo...

Bon traballo, gran corazon

Anónimo dijo...

vai dormir

marilyn dijo...

De novo, graciñas a todos os que por alí pasan, a nenos que nos axudan a ver os números na base dos envases, que a moitas de nós xa nos costa- nin con gafas-, as persoas que empregan os seus coches, furgonetas para traer envases dos talleres, aos que preguntan hoxe para mañá vir con unha bolsa...
Hoxe foi un abarrote. Pola mañá veu o rapaz de Narón que tamén xunta, e poñerá unhas fotos no noso grupo.
Este "tempo libre" e un tempo ben empregado, polo sorriso de Diogo. Ainda así, atendo aos meus,e durmir, verdadeiramente, durmo xenial.
Iso sí, logo dunha ducha.
Si me vedes co meu carriño da compra laranxa, podedesme preguntar o que queirades do tema Diogo.
De outros temas non falo....bueno,sí, do tempo.
Boas noites. Beijinhos.

Anónimo dijo...

¿Sábese xa a identidade do Aguillón?. Como alguén dicía hai uns días que se ía a desvelar na caldeirada...

Anónimo dijo...

ESTA ENTRE POCHOLO E A ESTEBAN