30 jun 2011

Cuentions e aclaracions da debeda




Nos piden que publiquemos o seguinte texto e a reproducción fotografica dun documento do concello do 2003, como non temos problema aqui vai:


"Contra o que proclaman algunhas voces alarmistas, a débeda viva de Cariño sitúase nunhas cantidades razonables, e incluso moi inferiores ás doutros concellos próximos. Para explicar a orixe desta débeda viva, paga a pena botarlle un vistazo ó documento que reproducimos, que ten data de 15 de xullo de 2003 (poucos días despois da nosa entrada no Concello tralas dúas lexislaturas de mandato do PP). Este documento, asinado pola funcionaria responsable de intervención naquelas datas, pon de manifesto que, cando asumimos o goberno municipal, o Concello acumulaba débedas por valor de case dous millóns de euros, incluindo facturas atrasadas dende o ano 2001 por valor duns 150 millóns das antigas pesetas (máis de 20 millóns de ptas. en 2001, case 80 en 2002 e algo máis de 50 no primeiro semestre de 2003). Se non fose pola situación económica que herdamos do PP, podemos afirmar con rotundidade que Cariño sería hoxe un dos concellos coa economía máis saneada da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Este documento foi difundido por varios cauces nos meses posteriores á toma de posesión de Luis Armada, finalmente, foi repartido casa a casa xunto ó número 6 do Boletín de Información Municipal do PSdeG de Cariño en maio de 2004. Facemos constar isto porque en días pasados alguén afirmou que o goberno municipal do PSdeG nunca explicou a situación contable do Concello. Aquí tes probas da falsedade desa acusación. Fixémolo naquel entón e en moitas outras ocasións, pero algunhas persoas teñen a memoria fráxil"