22 jun 2011

Coidado porco bravo solto

As desfeitas dos porcos bravos convertéronse nunha constante no noso concello. No último mes, estes animais afixéronse a convivir cos veciños da vila e abandonaron o rural indo xa a zona urbana. Na última semana se recibiron queixas diarias de veciños afectados polas desfeitas e rexistráronse incidentes en rúas do casco antigo e nos arredores do paseo marítimo. O último das desfeitas rexistrouse o pasado sábado de madrugada. E a semana pasada un grupo de exemplares chegou ata o parque infantil situado no paseo marítimo causando visibles desfeitas no campo. Isto foi pola tarde, cando aínda quedaban familias cos seus fillos xogando non parque. Da pena polos animaliños, a fame dalles o valor, pero o perigo é constante, polo que é necesaria unha solución.