13 mar. 2011

A Piscina municipal mais que inaugurada

O sábado, Salvador Fernández Moreda, Presidente da Deputación de A Coruña, inauguro a nova piscina municipal, situada na zona deportiva Lagoa-Barreiros, xa que estas obras foron financiadas con fondos da Deputación. A zona deportiva contaba cunha piscina semiolímpica e de iniciación, e desde o Concello expuxeron un proxecto de mellora das infraestruturas. A piscina dispón coas obras levadas a cabo o último ano de instalacións de termo hidroterapia, como unha sauna seca e de infravermellos con aromaterapia, ducha bitérmica, baño de vapor con cromoterapia ou bañeira de hidromasaxe con ozonificación entre outras novidades. Un luxo para disfrutar todos os veciños e veciñas.

56 comentarios:

Anónimo dijo...

A maior cacicada da nosa historia consumiuse.

Anónimo dijo...

temos uns políticos competentes e traballadores coma en ningures!, tiñan que cobrar por productividade se íso fora posible cambiarian moito as cousas malia que iamos ter que traelos de fora, ós nosos dan pena, vergoña, non poden facer menos e pior, ou cambian ás cousas ou cariño morrerá pronto, se e que non o está xa. Non sei como non se lles cae a cara de vergoña

Anónimo dijo...

¿esta a auga calentiña ou non?

Anónimo dijo...

Qué desgraciado, coa que está a caer. Sentido común e responsabilidade é o que fai falla.
Estamos ata o garete de que utilizen os nosos cartos para empeñarnos aínda máis e facer crér que fan algo polo pobo.
O pobo tende a ser un núcleo de retiro de xubilados, sen xuventude nin futuro para eles, esto logrouno e o está a lograr éste marabilas de alcalde. Por moitos anos sí señor. Andaaaaaaaa!!

Anónimo dijo...

Ese auga parece que está porca.

Anónimo dijo...

retiro de xubilados e especulación de vivendas... asi nos luce o pelo.

Deberian desaparecer as diputacións pra que xamais se pertetrasen monumentais cacicadas coma esta que significarán a fin da solvencia do noso concello.

Anónimo dijo...

Autobombo electoral a 2 meses de las elecciones. Inaugura, que poco te queda.

Anónimo dijo...

xa temos piscina ainda que os peperiños non lles goste tocadevos o carallo e se non estades contentos collede a maleta.a rañala

Anónimo dijo...

Por culpa, e só por vosa culpa colleran as maletas máis dos que pensades... a rañala?? agarda 8 semaniñas... a ver quen a vai rañar...

Anónimo dijo...

unha piscina abre dende a 8 da maña ata as 10 e media da noite todolos dias do ano agás festividades locais(só polas mañás).

unha piscina cubre un núcleo de poboación de 18.000 habitantes pra teren asegurados 900 abonados anuais(nas previsións máis optimistas). Esta piscina esta situada nun núcleo de poboación de 4.500, nun núcleo urbán de 2.800 a maior parte desta xente traballa fóra e só ven pra casa descansar. Os estudos cando remate o efecto "gaseosa" o da novedad e se empece a mostrar a máis mínima deficiencia no servizo coa repercusión dun pobo os efectos e consecuencias serán demoledores e deixarán ao desnudo unha xestión que non pode ser máis irresponsable.

O poder polo poder e quen se j.. son os mesmos. Que deus nos pille confesados... volveu a emigración.

Anónimo dijo...

SE FUNCIONA... NON VALE E SE NON FUNCIONA TAMPOUCO ,ENTONCES A QUE COÑO ANDAMOS , A JODER, ASI NOS BRILLO O PELO EN CARIÑO CON LUMBRERAS COMA TODOS VOS.

Anónimo dijo...

O que parece extraño, é que o BNG non pinta nada nesta inauguración da piscina, sendo como é socio de goberno.

O noso alcalde sabe moi ben como eliminar estorbos en cousas importantes, é un especialista en desfacerse de todo aquelo que cre que poida ser un estorbo pra á sua imaxen política.

Mirade hasta que punto chega o seu ego político, que está convencidisimo, de que o "padre da criutura" que motivou a segregación do concello de Ortigueira, foi él e só él. O mellor alcalde él, o mellor xestor él, e así en todo o que concerne a vida política de Cariño.

Isto en psiquiatría é considerado como persoa perigrosa pra a sociedade en xeral.

O pobo de Cariño ten que ser consciente de que este señor necesita un descanso fora da vida pública, polo ben del e do resto do pobo.

Anónimo dijo...

Hay que ver que demócrata el tipo que dijo: " e se non estades contentos collede a maleta.a rañala". Sí señor, ese es más bien propio de Cuba o de China o lo que es lo mismo, democracias de toda la vida.
Es una pena que existan mentes tan enfermas.

Anónimo dijo...

Se ir xa se vai, a xente que non ten traballo nin futuro neste pobo por desgraza. Seguimos esperando o polígono industrial e tantas e tantas promesas. O día 22-M hai que facer unha limpeza neste concello, a ver se Cariño comeza a cheirar ben.

Anónimo dijo...

deberíase levar aos xuzgados a estos señores tanto os do goberno local como os seus compañeiros de diputación por planificar, autorizar e executar un proxecto a sabiendas que é unha ruina co único fin do redito electoral inmediato. Mexan por nós e dicimos que estamos nun jacuzzi de maravilla.

Anónimo dijo...

os do ppvan irse bañar a piscina da praia como dixo tallon asique a rañala...

Anónimo dijo...

non vamos nin poder mexarvos con vos dentro ca ruina que ocasionades, onde pisades causades ruina.

Acabades con todo... nin vergoña queda.

Anónimo dijo...

O artal e agora a piscina... destas habemos de acordarnos pa sempre.

Anónimo dijo...

Sr. Tino Piñeiro,controle estas lenguaxes por favor.

Anónimo dijo...

Quiero felicitar al ayuntamiento de Cariño, por una piscina municipal que no tengo en mi barrio en la ciudad en la que vivo, mi mes de vacaciones disfrutaré del mar y de la piscina si el tiempo no acompaña. Gracias por pensar en nosotros.

Anónimo dijo...

Ladran, luego cabalgamos.Miguel de Cervantes Saavedra.

Anónimo dijo...

Polo menos está máis limpa a praia que esa piscina.

Anónimo dijo...

Cabalgades, pero para a oposición. No goberno non facedes nada, non sabedes xestionar, sólo meter os cartos, propios e alleos, a finais do mes.

Anónimo dijo...

Velaí os tedes!!! veñen un mesiño, indo pola sombra, de supermercado pra casa, encarecendo e fomentando a especulación dos pisos barrendo do mapa a cariño e a súa identidade. Habedes de quedar todos: os xubilados progres de jeijei, os veraneantes e catro funcionarios fieles...

Ese é o noso futuro que xa é presente.

Anónimo dijo...

Faltáronche os catro portujeses que traballan na madeira.

UndeKariño dijo...

Hola, quero facer unha aclaración como anónimo. A veces firmo como Undekariño, eu non son do pp, tapouco son do psoe, pero creo que podo opinar libremente (quizáis un pouco cobardemente dende o anonimato o recoñezo). Pero voume a reafirmar unha vez máis como cariñés en que temos un representante egocéntrico, narcisista e hipócrita, que se apoia na política para vivir de puta madre e facer o que lle salga dos collóns. Pode chamarse ó pasado, pode apoiarse en el para reafirmar o seu posto de alcalde, pero cada vez somos menos os qué crémos en semellante esperpento.
Sabe que as últimas actuacións xa as tiña previsto facer neste momento, con qué obxectivo?, presumir, coletear como lagarto sen testa, para demostrar o que tanto leva feito polo pobo. Mentira!!.
Políticos que se crén bós e non crén que os podan sustituir, porque loxicamente se crén imprescindibles, son políticos déspotas, chegando e rozando moito o fanatismo. Vaiase dunha vez míster alcalde, non siga polo camiño da decadencia, deixe o seu imperio e retírese, que seguro que o que lle queda chegalle para vivir. Demostre nesta a súa última etapa política no pobo un mínimo de humildade, do contrario siga escondido despois do que vai a acadar trálas eleccións municipais.
Pola dignidade dos habitantes do noso pobo, deixenos xa!. Un saudo veciños.

Anónimo dijo...

eu o que sei que con este alcalde temos unha piscina como calquer concello da volta cousa que o pp non foi capaz de facela nin a piscina nin outaras cousas. podedes decir o que queirades pero non son mais que envidias e faga o que faga este alcalde non e do voso agrado pero ese que tedes como candidato se entrano concello deus nos colla confesados a proba temola na cofradia e penso que non foi de balde e asi lle luce o pelo a cofradia que non ai nin pa un cafe.

Anónimo dijo...

Os outros concellos da volta teñen cadanseu poligono industrial... A piscina nestes concellos teñena baixo réxime de aluguer, concedendo a explotación a unha empresa especializada no sector. Estas empresas estan lonxe de presentar beneficios na diversas piscinas, por iso agora procedese a apostar polas piscinas de uso mancomunado, é dicir que a responsabilidade da mesma recae en varios concellos que poñen transporte público etc... pra conectar unha ampla zona de potenciais usuarios e que esa instalación esteña a pleno rendemento todo o ano.

Mentres que os concellos acumulasen deuda de forma sostible non había "problema"... ou polo menos, éste, estaba "escondido". Pero apareceu un fenómeno chamada CRISIS ECONÓMICA, ésta descubriu os males e os vicios desta sociedade... entre eles o perxudicial que é facer cacicadas sen control co beneplácito do contribuínte... pra os cidadáns refírome!! non pra os politicos locais xa que gañan eleccións gracias a elas.

Pra que nunca se cometesen semellantes atropelos cortouse o autofinanciamento dos concellos, que non volvera xamais agás pra os que teñan un número considerable de habitantes.

E dicir, moita xente esta cansada de servizos totalmente improductivos, de débedas e máis débedas, tanto nos concellos como á sua vez nas CC.AA. Concellos con poligonos industriais, piscinas, e unha multitude de servizos que os seus habitantes non conseguirian manter se non é pola bicoca do estado... e o estado cansou de pagar e ser salvaxemente vulnerable ás crisis económicas.

Nos facemos, pola man destes gobernantes locais o camiño inverso. Non hai cartos para a lei de dependencia pero si para gastarse case 3 millóns de euros nunha instalación lúdica e nunha horta solar... non hai fondos pra axuda ao domicilio, aumentase a presión fiscal, pero hai sitio pra caprichos electorais co populismo do da "demanda e reivindicación social cariñesa" por unha piscina tendo un polideportivo en semiruina, un campo de fútbol con alfobra nova pero sumido no abandono, unha instalación de pádel sen servicio e equipamento algún.

Como diria mafalda: Esto no es el acabose... es el comenzose del empezose.

O comezo do noso fin como concello e da nosa, se é que xa existia, solvencia como tal.

E agora vou tomar un café que teño o yate aparcado.

sen acritude

Anónimo dijo...

Camps pagó 2,7 millones a Calatrava por un proyecto nunca hecho por excesivo.
Iso si que e ter amijos, eos cartos a Suiza.

Anónimo dijo...

Os cartos no peto e no iate do alcalde.

Anónimo dijo...

que me dicides do concexal de santiago sei que o atoparon borracho nun semaforo en santiago seguramente se emborrachou cos cartos que sobraron de traer o papa por certo o concexal era do "PP" jajajajajajaja.

Anónimo dijo...

Seguramente tí nunca bebiches, nin te emborrachaches na túa vida. Sempre vendo a palla no ollo alleo, sempre sinalando e criticando nos demáis cousas que fai un mesmo. Hipocresía. ¿Concexal?Será concelleiro. Santiago, semáforo, Papa, ó. Se nos poñemos esixentes, esixentes ata o final.
Por certo, a xestión da visita do Papa corría a cargo da Xunta, non do Concello de Santiago, precisamente gobernado polo PSOE-PSG. Tanto tirar merda que....

Anónimo dijo...

A prexuvilarse toca mi arrrma.

Anónimo dijo...

concexal de deportes que estaba encontra do botellon iso e predicar co exemplo e os do "PP" tamen se emborrachan a perdon sentalles mal a bebida jajajajajaja.

Anónimo dijo...

Estes simpatizantes de ezquerdas definense a si mesmos cando escriben.

Esto é o fruto que se recolle das políticas educativas socialistas.

Anónimo dijo...

escribides mellor os de dereitas con tres boligrafos a vez pero pa os vosos petos jajajajajajaja.

Anónimo dijo...

NO,A LA GUERRA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!NUNCA MAIS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.

Anónimo dijo...

Vaia descalabro electoral van ter os señores socialistas. Presentaronse os de Cedeira, cun Emilio Perez Touriño que anda pola sombras, que escenificación de un fracaso. Parece unha indignidade que o alcalde de Cariño comparta complicidade e louvanzas cun señor que veu descaradamente con alevosía a enganar aos cariñeses prometendo uns prazos pra VAC de ciencia ficción e unha via de enlace que non a crian nela nin eles mesmos. Por iso os galegos retirarono da circulación porque ademais de mentirán era absolutamente incompetente. E unha pena... como puidemos caer tan baixo metendonos con gobernos socialistas que estan encallados nunha ideoloxía de clase aderezado cun fanatismo que non é coherente nin contemporaneo coa realidade social actual.

Deus nos colla confesados se seguimos nesta senda decadente de valores, de ética...

¿Cando pensarán nos intereses dos cidadáns en vez das súas aspiracións e modo de vida?

Anónimo dijo...

se hai piscina, porque a hai... e se non a hai, porque non a hai (e hai que ir a Ortigueira...)
Parque empresarial sí, pero con empresas... pero non valeiros coma os dos concellos veciños.
o PP xa sabemos como goberna, ou non, porque quero saber os 8 anos de Tallón que deixou en Cariño? que diga 1 cousa que fixo, independientemente de que poda gustar ou non, pero que fixo?
Aquí o que pasa e que se o fai o que non é do noso partido, pois está mal e os argumentos son mezquinos, porque, cómo se pode estar triste porque Cariño xa teña piscina, independentemente da cor do partido que o fixo, como se pode estar en contra???
Por certo, moito falar do paro no noso concello, pero creo que, aínda que o alcalde terá a súa parte de culpa, tamén a xunta digo eu que tamén poderá facer algo... ah non, que Feixoó non vai a rematar co paro (en 45 días estaba arreglado, según el) senón que segue subindo, pero a culpa é de Zapatero e de Lois Armada, de Feijoó non... que se vos ve o plumero...
E remato, dicindo que independientemente das siglas políticas e demáis cando ha algo que é bo pra o concello deberíamolo aplaudilo e non sacar a bilis pra desacreditar, porque así non se avanza...
Un saúdo

Anónimo dijo...

VAITE ARROLAR¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Neno ou nena, vai xunta luisiño que che dea unha leción de demagoxia porque a túa roza o ridiculo... nensequera sabes do que estás a falar... pero bueno tempo tes e ninguén che vai convencer...

Enterate da politica do teu concello, o goberno do Partido Popular no periodo 95/03 foi a época na que máis inversións e consecuentemente proxectos se fixeron na historia do concello, algunha tardou en executarse ata relativamente pouco... pero o máis importante, foron os cambios que se propiciaron na forma de gobernar e nun novo horizonte e esceario: O Plan Xeral de Ordenación Municipal(PXOM) aprobado no ano 2000.

Poder podese falar de política si... pero os feitos non de poden revatir, estan ahí pra quen os queira ver e quen os teña que roer ademais de recordarlle á xente que o PP é un partido capacitado pra gobernar e facer proxectos de futuro sólidos, coherentes e sobre todo: factibles e reais.Ante a evidencia dos feitos e das politicas estes 8 anos últimos e os 8 anteriores foi coma un soño voltandose en pesadelo sempre que un non sexa victima da infección do sectarismo e fanatismo, que falando de politica local sería moi triste.

Denunciar a INVIABILIDADE da piscina, (NON a piscina EN SI MESMA) non é sacar bilis, é aportar opinións que se poden ou non terse en conta, lembrar que todos somos veciños e todos queremos o mellor para o noso concello. A nosa piscina xerou controversia nas distintas administracións dende a súa xestación... algo que pode corroborar o mesmo señor alcalde e o seu grupo ademáis dos seus amigos de diputación, tamén complices de semellante irresponsabilidade e por que lle poñan unha horta solar de un millón de euros NIN van tapar a realidade do proxecto que ameaza directamente a propia viavilidade futura do noso concello NIN van enganar a ninguén que saiba un pouco do funcionamento, gasto, etc.. que supón unha instalación e un servizo así... pero contaban máis os hipotéticos votos que poden xerar... e, por suposto, no caso do máis que probable estado de calamidade das contas dun concello de 4.500 habitantes mantendo todos estos servizos e carecendo de autofinanciamento(na capacidade de auto endeudarse sostiblemente)rezaremos "XA LLE BOTAREMOS A CULPA AOS "OUTROS"" como xa están na xunta... teñeno todo moi ben pensado.

é mais, con esta piscina acabarase tamén coa de Ortigueira xa que os usuarios cariñeses veñenlle como auga de maio... un pobo que ten a mesma problemática que o de Cariño pero que non estaba tan endeudado polo menos ata o de agora...

A partires de agora, cun paro alto e unha poboación en proceso de avellentamento compartir servizos por varios concellos faise vital pra conservalos mesmos. A bicoca do estado e do caciquismo electoral sin límites acabouse... si, tamén nisto chegamos tarde.

unha farola non é de dereitas nen de esquerdas.

Anónimo dijo...

nota: Ortigueira é o que ten problemas de deuda, Cariño agora coa piscina non so vai camiño de telos senon que ameaza as propias contas do concello.

Anónimo dijo...

Cariño vai de mal a peor, non hai as que velo. Cheira a recendo co pefumes das fábricas.

Anónimo dijo...

As presas pra inaugurar a piscina de Cariño, desvelaronse hoxe a traves dos medios de comunicación.

Parece ser que o das inauguracións, teñen un plazo pra facelas dentro dun orden establecido, que é o 28 de marzo.

O noso alcalde tivo a ben gardarse este as na manga pra darlle visos de normalidade a esta inuguración. Non fora a ser, que o próximo mes de Maio se leve un tropezón, e fora motivo pra impedirlle poder darse o gustazo de poñer a placa co seu nome.

Uns viven pra política, e outros xa non lles importa que todos os veciños sepamos que queren seguir comendo da política

Anónimo dijo...

Redacción > Ferrol
Entrará en funcionamiento el día 1 del próximo mes, pero ayer los alcaldes de Mugardos y Ares, Xosé Fernández Barcia y Julio Iglesias, respectivamente, visitaron el complejo acuático que, situado en la rotonda de Franza, representa el primer proyecto conjunto que realizan ambas administraciones. La inauguración del mismo se programa para el próximo sábado y el período de inscripción está abierto desde el día de hoy, en horario de 09.00 a 14.00 y de 16.00 a 18.00 horas. Las instalaciones, que cuentan con la piscina, un completo gimnasio y un centro de recuperación –spa– pueden acoger hasta 900 abonados, si bien la empresa que gestiona el complejo –Serviocio– baraja los 600 usuarios como una cifra más previsible.
Los alcaldes destacaron los precios competitivos y asequibles –con la posibilidad de bonos familiares– de las instalaciones deportivas, aspecto que tiene una especial importancia en tiempos de crisis económica como la actual. Según explicaron los responsables de Servicio, se establecen tres tipos de usuarios: abonados –que tienen acceso a todos los espacios sin límite de tiempo, además de un descuento del 50% en el precio de los cursos de natación, y pagarán una cuota de 25 euros al mes, si es mayor de 14 años; de 16 si son entre 18 y 24 años, de 12 euros en el caso de usuarios infantiles y 32 si se trata del bono familiar–; cursillistas – los que estén inscritos en algún curso dirigido por monitores, que inicialmente pueden hacer uso de las instalaciones durante el tiempo que dure las clases – y entradas libres. Estas últimas son accesos puntuales al recinto pagando el coste de la entrada en el momento de hacer uso de la instalación, con la única restricción en función de la ocupación. Los precios serán de 4 euros para la piscina y sala de fitness en el caso de adultos, y de 2,5 euros para los usuarios infantiles. Este importe tendrá un suplemento de dos euros con la zona spa.
El horario de apertura del complejo será de 08.00 a 13.30 y de 16.00 a 22.30, de lunes a viernes, y de 09 a 14.00 y de 17.00 a 20.30 horas, los sábados. Los domingos y festivos también abrirá, aunque únicamente lo hará en horario de mañana: de diez de la mañana a dos de la tarde.

Diario de Ferrol. 22/3/11

Ares e Mugardos non dá nin pa 600 usuarios...

Ai Cariño, que será de ti...

Anónimo dijo...

Ah! e ollo aos horarios a ver se estan catro personas todo o ano bouran do así...

O dito... iso non é bilis é realidade. E a culpa e do da placa? NON será de outros coma sempre.

Agora si pobre de quen suba os impostos pra que catro progres fachendosos se metan no jacuzzi... corto a estrada Mera Cariño... que non se atrevan. Non é ameza algunha só as posibles consecuencias de inxustiza polo caciquismo duns poucos

Anónimo dijo...

A bañarse a praia todo o mundo..
Non vos lembrades de D Manuel en Palomares.....

Anónimo dijo...

Prefiro a praia que está máis limpa.

Anónimo dijo...

SI VOS DEIXARADES DE PISCINAS E SACARADES O CHEIRO QUE HAY NO CENTRO DO POBO SERIA MELLOR E NON SERIA TAN COSTOSO COMA A PISCINA. IMONOS TER QUE POÑER TODOS DE BAIXA POR INTOXICACION, ISTO NON HAY QUE N O SOPORTTE. SI TIVERADES ESE CHEIRO NAS VOSAS OFICINAS XA ESTABADES M ORTOS , CO FINOS QUE SODES. E UNHA VERGONZA QUE NINGUEN LLE DEA UNHA SOLUCION, ¿A QUEN REPRESENTADES VOS?...A VOSOUTROS MISMOS QUE VOS IMPORTA TODO UNHA MERDA CON TAL DE ESTARES CHUPANDO DO PODER, SINVERGOÑAS DO CARALLO. PERO SERA ISO TAN COMPLICADO?? O QUE OCURE E QUE PASADES DE TODO E AGORA VADES PEDIR O VOTO...HAY QUE TER CARA CARALLO...VADE TRABALLAR QUE NUNCA NADA FICHECHEDES SEMPRE CHUPANDO DO POBO OU NO E VERDADE????.

Anónimo dijo...

e que ben lles vai...pelexanse por repetir...

Anónimo dijo...

Verdadeiramente é un noxo; tantos anos no Concello, cunha depuradora que presuntamente funciona e o pobo sigue ulindo a merda como fai vinte anos.

a cabeza non paraaaaaa..... dijo...

Fai vinte anos ulía a peixe, agora cheira a merda.

Anónimo dijo...

Señores do psoe que visitan esta web de vez en cando queren cifras????, pois ben, según un estudo consultado...

"O custe de explotación dunha piscina cuberta climatizada de 80 horas de apertura semanais é, APROXIMADAMENTE de 20.000 euros/MES".
Extraido de:
(CURSO BÁSICO PARA XESTORES DE INSTALACIÓNS E SERVICIOS DEPORTIVOS DE PEQUENOS MUNICIPIOS: Las piscinas municipales: Optimización, gestión y legislación básica DIPUTACIÓN DE OURENSE)

E agora digo eu...

Engadindo os extras que presenta esta. Podiase aproximar aos 25.000.

O que suporía uns 300.000 euros de custe anual.

Se Cariño ingresa 160.000 euros anuais polos usarios(MOI POR ARRIBA) engadindo 60.000 de posible aforro enerxético.

Nunha previsión optimista as perdas superarían os 80.000 euros anuais.

¿O departamento de deportes de Cariño ten 80.000 euros de presuposto nun concello que será privado de autofinanciamento? ¿A horta solar aforra de verdade 60.000 euros anuais ou é un dato optimista?


Isto saberemolo con exactitude cando o 22 de maio quede lonxe... pero como cidadán teño dereito de preguntarme ¿que pasará con nós de non ser viable e confirmarse o que OBXECTIVAMENTE podería pasar?

Anónimo dijo...

¿Non vistes hoxe na Voz de Galicia ó da inauguración dun centro da terceira idade nos baixos do Concello?. É de risa, que presa por cortar a cinta a 2 meses das eleccións, jajajajaa.

Anónimo dijo...

Tamén eu vin hoxe unha sentenza do TSG por despido improcedente no concello de Cariño a unha auxiliar de policía...

Anónimo dijo...

Non te esquezas da actuación do Dúo Caramelo e máis vai vir Rubalcaba de estrela invitada a cantar Sin ti no soy nada... dedicada ao votante socialista cariñés...