25 mar 2011

O PSOE de Cariño encantado de coñecerse

O Concello inaugura o sábado 26 de marzo, as instalacións do Local Social de Maiores, situado na planta baixa da Casa do Concello, e como estamos na precampaña os socialistas de Cariño enchen a rede lamentablemente de moita demagoxia, poñemos aquí textualmente o pensamento preelectoral do PSOE cariñes: “Por último, @s responsables socialistas no Concello amosan coa apertura deste local o noso firme compromiso a prol das persoas maiores de Cariño. No ano 2003, cando @s socialistas chegamos ó Goberno Municipal, os maiores de Cariño estaban á intemperie, nun banco ó aire libre arrimado ó edificio da antiga clínica. @s socialistas -pese á frontal oposición e vergoñenta actitude da dereita cariñesa nalgúns asuntos- vimos facendo dende entón un esforzo firme e sostido na atención ós maiores de Cariño…”. Leido o leido, visto o visto, o único que podemos decir é: Amén e gracias por ter uns politicos tan encantados de si mesmos.