5 dic 2010

Ollo co gonipterus scutellatus

A loita biolóxica contra o Gonipterus scutellatus, o defoliador coñecido como gorgullo do eucalipto, constitúe unha das prioridades na liña de sanidade forestal. O uso do parásito Anaphes nitens, específico e natural, nos ovos do gorgullo do eucalipto preséntase como unha alternativa eficaz e respectuosa co medioambiente. A eficacia deste método de control biolóxico do defoliador débese a dous factores: por unha banda á facilidade de adaptación do parásito ás condicións climáticas de Galicia e, por outra, ao seu maior potencial biótico. Así, o control biolóxico da praga do eucalipto consiste en depositar as postas do Anaphes nitens no interior dos ovos de Gonipterus scutellatus, coñecidos como ootecas. Os novos individuos permanecerán no interior de ditos ovos, alimentándose do seu contido e evitando así que emerxan os Gonipterus. Una vez acadado o estado adulto, o anaphe sae ao exterior coa finalidade de buscar novas postas que parasitar. A distribución das bolsas de bolsas de ootecas parasitadas atende principalmente a criterios de superficie de masas de eucaliptos e do nivel de danos. Por isto, os distritos do norte da provincia da Coruña e Lugo son nos que maior número de bolsas se colocaron. Así, na provincia da Coruña colocáronse 1.208 bolsas, cun total de 60.400 ootecas parasitadas, sendo o Distrito Forestal I de Ferrol onde se concentraron a meirande parte das bolsas, un total de 344, o que supón a solta de 17.200 ootecas co parásito.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Os señoritos non lle da pena porque pensan que o monte está para pasear e para ulir o arrecendo a herba...os que vivimos do monte sabemos que o eucalipto e unha fonte de ingresos, quizais a única hoxe en día, unhos cartos que cada certo tempo permiten un alivio económico tan siquera pra arreglar as tellas da casa

eucaliptus fóra dijo...

Señorito eres ti que eres o dono do monte máis dos eucaliptus que vendes a bon precio, cortáncho , paganche e as esperar que crezcan outra vez; prá limpalos xa che dan cartos de todos nos, que estades máis subvencionados que la virxen, señoritos vos, non te jode.

Anónimo dijo...

este parasito dos eucaliptos describen moi ben os do pp si señor son parasitos.

Anónimo dijo...

Parasitos vos¡¡¡¡¿OU,SE NON DIME ONDE TRABALLAN OS POLITICUCHOS DO PSOE DE CARIÑO????.O VOSO LIDER VIVE DA POLITICA,NON SABE FACER NADA.ERA PINTOR DE FACHADAS¡¡¡¡¡¡¡¡¡ E NON MOI BO¡¡¡¡¡.

Anónimo dijo...

vai berrar ó carallo parasito.

Anónimo dijo...

os do pp picalles o cu teran parasitos?

Anónimo dijo...

Non é de extrañar que aos do PP lles pique o cu e máis o resto do corpo en ver tanta falcatruada que está a facer o goberno socialista.

¿Non vos dí nada o feito de estar a cola de Europa en educación ?.

A resposta a esta pregunta, é dunha claridade meridiana.

O ter o atrevimento de chamarlle parásitos a persoas que sobradamente están por riba de vosoutros. Esta é a herencia dos gobernos socialistas que nos deixa ao resto dos españoes.

A desgraza a todo isto é que non hai de momento unha bacteria que vos poida eliminar ese fanatismo de destrucción que tedes contra todo aquelo que sexa normal nesta sociedade, así se vos podería apartar ou eliminar como se eliminan os Gonipterus no eucalipto.

A sociedade quedaría tranquila e agradecida.

Anónimo dijo...

O que están a facer estes señores non é ningunha falcatruada é un cúmulo de despropósitos dende o comezo ata o fin. Demóstrase que endexamais tiveron un plan ou programa ou tan sequera unha idea de estado... So estan polo poder e son capaces de arrimarse a quen sexa con tal de permanecer no poder e tentando de aniquilar ao grupo maioritario da oposición... esquecense daqueles politicos que tentaron de pactar no máis importante e nos temas que mais lle preocupaban aos cidadans... pensións, educación, terrorismo,...

Perdeuse a ética e o sentido común... pero que lles pides a uns individuos que pasaron por riba de 192 asasinados... usandoos no dia de reflexión para establecerse no poder... e total pra qué? Cada vez é mais claro que se fixo un golpe de estado encuberto... agora que se puxo de moda as folgas encubertas...

¿Que ofreceron estes señores? Dicindonos como pensar, como comportarnos, como falar, como vivir... Ide todos a tomar polo cú.

Que nos ten que pasar máis pra que se vaias pra súas casa estes señores?????

Unknown dijo...

A segunda parte da asemblea da asociación familiar da Pedra, con varios momentos importantes:

http://caciquesdapedra.blogspot.com/2010/12/asemblea-da-pedra-2-parte.html

En breve celebrarase a da comunidade de montes, da que tamén daremos conta.

Cabaleiro grazas dijo...

Cabaleiro, non teñas dúbida que a parroquia está contigo aínda que non o digan na asamblea. Todo o mundo sabe que esos cataláns eran uns individuos que tomaronnos aos da Pedra coma se foxemos unhos "jíbaros". Grazas por ternos o día.

Anónimo dijo...

cabaleiro non des a brasa e si tes algo que dicir vas poñer unha denuncia o xulgado.

esconder a mendar non dijo...

E pasalle a factura ao do dedo máis o do boli. Son unha panda. Dille a Monroe que che axude, que agora non ten nada que facer.

Anónimo dijo...

Non, que va...afórrolle ao Concello unha muller de axuda a domicilio.Porque temos, afortunadamente, mai.Con moitos anos e moitos problemas físicos, dos outros non.
E teño fillos, non aínda "emancipados" de todo, así que téñoche moito que facer.
E o tema dos montes soamente me incumbe como veciña de A Pedra.Nin mais nin menos.

Celina

sociolista dijo...

As mulleres de axuda a domicilio tes que pagalas , non son gratis. Nada de aforro ao concello, solo faltaría que vos derán unha muller de cloc cloc. Asi que de nada polo aforro.

Anónimo dijo...

Pois bueno. Non sabía moito do tema. Xa me informéi. A miña mai a coidamos os seus fill@s, net@s e bisnetos.
E ela a nos.
Isto e un agradecemento a ela de parte da sua filla, eu.
Feliz comezo do Nadal. Sorte na lotería e saude o 22.

Marilyn