30 dic. 2010

DENDE CARIÑO FELIZ 2011

6 comentarios:

A verdade que non se pode aturar o mellor e facela calar dijo...

Feliz ano a tódolos cariñeses e cariñesas.

A vehemencia co que o señor alcalde arremeteu contra o portavoz do PP Cariñés dende o "seu" foro particular, onde fai diálogos con él mesmo, é dicir, a web do concello de Cariñó é simplemente intolerable.

O señor alcalde ven de publicar ca man da institución local que nos representa a todos, é dicir, sin que saira un só euro do seu peto, un libro no que nos explica a todolos incultos das maravillas do "noso" concello é dicir da garita de herbeira de Cedeira e a ría de Ortigueira, ademais diso, nos explica de tanto tempo que estivemos enganados con él e os seus distintos gobernos na súa dilatadisima carreira de mandamais do pobo.

O señor alcalde gobernounos todos estos anos cunha misión primordial chegar a xente inculta as riquezas do noso patrimonio natural e paisaxístico.

A concelleira de: turismo, medio ambiente, desenvolvemento local, desenrolo sostivel, e non sei cantos títulos máis... contannos que iso de promocionar sempre foi o deles. Os que viviamos na etapa do señor alcalde na que proliferaban os vertedoiros incontrolados e nas que no seu segundo mandato volveron a proliferar (Vertedoiro da Vacariza e vertedoiro ao pé do parque infantil do paseo maritimo hai ano e medio) foi só froito da nosa imaxinación e como non, da nosa incultura.

Non comprendíamos a estilización da fachada marítima, tirando un campo de fútbol e non acordar de construir un novo ou facer un paseo marítimo como cadre... todo iso sen plan de urbanismo algún. O dito cousas de xente inculta.

(continúa)

manipulación, mentiras e máis mentiras...(algo quedará) dijo...

A traves desa incansabel laboura: a de promocionar, resaltamos a conservación dos miradores, áreas recreativas da Capelada, pistas forestais, estradas, e un longo etc que tan "ben" conservou o señor Armada ao logo do seu segundo mandato que se extenda á actualidade xa que a meirande parte desas actuación non se fixeron nos seu primeiro mandato. Sólo a xente con "mala fé", desconfiada e ignorante coma moitos atrévense a dudar un intre desta importantisima laboura levada a cabo polos gobernos do progreso.

Cabe sulixar que o patrimonio que se defende estivo en un total e absoluto abandono nos gobernos do señor Armada... praias(ademáis telas sen servizo algún), cruceiros, e emprazamentos e edificios coma a ermita de San Xiao(na que as actuacións de restauramento foron impulsadas polos "incultos"), e moito do patrimonio que aparece no libro foi abandoado á sua sorte polo señor Armada antes e agora.


É totalmente impresentable o dobre raseiro destes señores. (Continuará)

Cando a indecencia vólvese formalidade nun abrir e pechar de ollos dijo...

Outro capitulo aparte é a promoción do Aula do Mar... alias Artal. é insostenible, por moitas razóns... as mais contundentes: as económicas... pero dicir que é a solución contra a estacionalidade do turismo de Cariño mencionado varias veces nos medios polo señores do goberno é simpremente tomar de parvos e incultos... ah! é certo é que o somos... xa no me lembraba diso!

Tamén no libro se promociona a maior cacicada xamais perpatrada na nosa historia: Os paneis fotovoltaicos.

Foron case un millón de euros pra reanudar as obras paralizadas da piscina... a gran baza electoral do PSOE... pra Cariño é simplemente unha instalación insostible e innecesaria... Non sei que lle fai pensar ao señor alcalde que o pouco diñeiro que ten un xubilado vaino invertir alí sen ter case pra comer ou se van vir a xente de fóra de traballar ou se vai abrir en festivos... etc... O dito ese exemplo de aposta renovables ten trampa e ten un obxecto... e ese obxecto esta no programa electoral do PSOE cariñés... gracias ao cartos do parado: PLAN E. Unha cousa e que sexamos incultos e outra comer merda a pilóns e dalas grazas.

13 rue del percebe dijo...

Por último, se tanto desexa divulgar as maravillas dos estudiosos e as maravillas do noso entorno que as faga, señor alcalde, na web do concello en vez de usar a web que deberia ser de todos, de vehiculo propagandistico da súa persona o seu partido na que insulta a todo aquel que critique a sua labor PÚBLICA, ben sexa veciño, opositor ou crego da vila. O que os incultos vemos indecente e vergoñento.


O que debería defender, divulgar e promover o noso... é a oficina de turismo, esa que abre vostede cando lle peta, como sempre esta pensando n en promover polo menos faga algo ou, o que mellor sabe, que fagan outro o traballo por vostede.


Os incultos tamen nos gustan as rochas, os paxariños, as mámoas, os naufraxios, as fotos,....


pero tamén nos gusta o noso pobo e o noso concello e a súa supervivencia como tal coa súa identidade, pobo traballador e mariñeiro.

Non nos gusta que nos mintan. Preferimos un concello que se centre nas súas competencias esas son ocuparse dos problemas dos cidadáns. Crear emprego, ofrecer servicios, crear espectativas e futuro...


No fai falla ler a mortadelo... basta con botar unha ollada á sua xestión.

Anónimo dijo...

Ah!! e feliz ano novo pra os que len este escrito pra os señores do goberno local... incultos si seremos alguns... pero bos veciños tamén.

Anónimo dijo...

xa non digamos da falta de policia local os fins de semana este , un coche cortache a calle todo o fin de semana e non tes quen cho quite ,pa iso se pagan vados... Armada estas desgastado o maximo naide cree en ti haber cando te das conta e tes unha cura de egocentrismo e pos outro candidato a alcaldia se e que queredes gañar as eleccións por que ti non vas ter collos a gañar ni con libro nin sen el.Retirate polo ben do pobo por que deisarnos gañar por un contrincante como o que presenta o pp e vergonzoso.Dades pena os dous.