21 nov. 2010

200.000 euros en obras

O Concello de Cariño adxudica as últimas obras dentro do Plan de Obras e Servizos do 2010, con máis de 200.000 euros de investimento. O parque infantil do paseo marítimo será rehabilitado proximamente por unha empresa de xardinería para garantir a seguridade dos nosos pequenos. E máis de cen mil euros do investimento irán parar á segunda fase da pavimentación, con pedra laminada, da rúa dos Santos. Para rematar, con caro o plan de obras deste ano construirase unha rampla de acceso ao centro cívico da parroquia da Pedra. Esta actuación forma parte do proxecto para a eliminación das barreiras arquitectónicas ás que teñen que facer fronte as persoas con minusvalía. Ademais, xa se fala de novos proxectos que se enmarcarán no plan do próximo ano, entre eles o cambio do o pavimento da praza da Puída.

No hay comentarios: