25 oct 2010

Na espera da consulta diaria de pediatría

O venrres, pola maña, tivo lugar, á entrada do Centro de Saúde de Cariño, a concentración de setenta e seis nais a prol da consulta diaria de pediatría. O importante non foi o número, si non a razón da concentración. As nais con fillos péquenos teñen todo o dereito a loitar polo cuidado da saude dos seus nenos, e a presencia dun pediatra con consulta diaria es una necesidade. Polo tanto, todo o noso apoio. E lamentable que as nais teñan esta preocupación froito da mala xestión dun político despreocupado, neste caso da mala xestión na sanidade pública do socialista Touriño, que sendo Presidente da Xunta permitiu esta tropelia con Cariño. Esperemos que os de agora tomen nota, e corrixan a tropelia feita polos anteriores, e Cariño recupere a atención diaria do Pediatra. Si o PP permite que esta inxusticia, feita polo socialista Touriño no seu momento, permanezca no tempo sera tan culpable deste asunto como é de quen a fixo.

40 comentarios:

Anónimo dijo...

El que hizo la pancarta se la curro de cojones eh....Promesas non feitos...será que queredes feitos non promesas....aiii puta incultura.

Moita pancarta pero non traballa nin dios.

Anónimo dijo...

Non é como tí dis. O único que pasa é que á pancarta fáltalle un punto ou unha coma: "Promesas non, feitos" ou "Promesas non. Feitos".

De tódolos xeitos, seguro que as nais están encantadas de que te sumes á causa e lles botes unha man. Seguro que coa colaboración de alguén tan culto coma tí non cometen estas erratas.

Anónimo dijo...

Eu vexo o punto que distingue as suas peticións. PROMESAS NON. FEITOS.
Sonche cousas da ventoeira que facía ese día.

Deixaron ben clariño o que precisan, con ou sen comas nen puntos. Un especialista de criaturas tódolos días. Lóxico e normal, por moito que non cheguemos a cuota de nenos e nenas que se precisan para dispoñer dese servizo.

Ojalá o consigan, polo ben de todos.

Anónimo dijo...

Aforraron tela que a vida non está prá moitos gastos. Enténdese ben; e que o escoite tamén o goberno municipal, que abra a piscina dunha vez que xa lle vai sendo hora.

Anónimo dijo...

Nada que decir da concentración de nais, exercen o seu dereito por unha causa xusta. Aínda que a situación da falta de pediatra non sexa precisamente como se conta nesta páxina. De calquer maneira o que se fai curioso en canto á pancarta é que o lema desta sexa o mesmo título do post de "os aguillóns" do dia 18 cando a protesta foi o dia 23.

Anónimo dijo...

Foron moitas as ausencias da xente culta do pobo.......
Promesas & mentiras e o que nos contades os aspirantes a politicuchos, e perdoade si o escribin mal.

Anónimo dijo...

Post de "os Aguillóns" do dia 18:
http://aguillons.blogspot.com/2010/10/promesas-non-feitos.html.

Pancarta do dia 23: Promesas non, feitos.

Da moito que pensar!

Anónimo dijo...

Non lle deas a este blog a importancia que nin ten nin merece.

As nais de Cariño anunciaron bastantes días antes da concentración cal sería o lema da mesma. Saíu publicado, por exemplo, en La Voz de Galicia bastantes días antes.

O título do post limitouse a copiar o que pensaron outras persoas. Xa quixeran algúns que as cousas fosen doutro xeito...

Anónimo dijo...

O único FEITO é que a comezos do 2008 suprimiuse o servizo de pediatría en Cariño e morreu o conto ata que outros pasaron ao goberno...

Os silecios son peores que as infamias.

Os politicuchos profesionais son os que estan arruinado a Comarca e na súa extensión o estado do bienestar e o pais en sí mesmo.

Perdoade se escribo verdades... porque sei que doen... ainda que moitos ainda nin se inmutan.

Tamén é feito de que a xunta anda a procura dun pediatra para Cariño dende o 28 de Xullo DIARIO OFICIAL DE GALICIA Páxina 13.758, alí convocase o prazo de solicitudes de traslados (que ainda expiraba o 15 de setembro) e a Xunta comprometeuse a que si non se cubría por este sistema(non existen pediatras en desemprego na bolsa de traballo), convocabase a praza a Oferta pública de emprego automáticamente... Esos son feitos... que calquera pode ollar cando lle pete...

O poder factico cariñés, os adoraderes de serpes fixeron ben o seu traballo... bueno, nalgun caso non precisou de moita axuda.


As palabras levaas o vento... os feitos quedan... non o esquezades xamais.

Anónimo dijo...

A paxina do DOGA é 13.754. Máis exacto.

Código 679258 Cariño-Ortigueira-Mañón M 1 Cariño


Máis abaixo aparece a praza de Ortigueira. Cariño-Ortigueira-Mañón.


Podedelo consultar cando queirades... e despois podedes, quen quera seguir insultando... eu non me dou para nada aludido/a.

feitos.

Anónimo dijo...

E agora a pagala piscina... os que vaian... deses, os "sen carné" e sen "ph" tocaralles aforrar por que ¿non pagarán os de pase "VIP"?...

Anónimo dijo...

¿Colgarán o enlace do DOGA na páxina web socialista... o web que nos informa e nos alumea o noso existir?

¿Que será da "súa loita"?

Uns representantes do pobo non poden tentar así de apropiarse dunha xustificada demanda das nais... máis ainda os pertencentes A Os PARTIDOS POLITICOS que gobernaron na xunta OS ÚNICOS CAUSANTES DA AUSENCIA DESTE SERVIZO QUE COSTARÁ TEMPO DE REPOÑER... PERO OS PASOS XA FORON DADOS ANTES DA INCURSIÓN DESTE GOBERNO LOCAL...

As firmas foron entregadas a uns representantes que diron unha lección maxistral de manipulación, cinismo, falsedade(ainda negan hoxe que o bipartito foi o culpable) e electoralismo propagandistico... indigna e vergoñenta.

Anónimo dijo...

tonto el que lo lea




jajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

Anónimo dijo...
tonto el que lo lea




jajajajajajajajajaja

28 de octubre de 2010 22:08
iso todo o blog
tonto el que lo lea

Anónimo dijo...

"Tonto" ou parvo o que lea e crea a entrevista que trae hoxe a Voz.

Anónimo dijo...

Watch Family Guy Online Free

Anónimo dijo...

Tipo de Familia de Reloj En línea Libre(Gratis)

Anónimo dijo...

A ver, os manifestantes do Vicedo (con Girón á cabeza). Cando Touriño veu a poñer a primeira pedra da VAC a Ortigueira (principios de 2009) o alcalde non electo e os seus correlixionarios protestaron porque a VAC ía rematar no 2013.

Agora aqueles mesmos alporizadores tragan, caladiños como cobardes, a data de 2017 que lles pon sobre a mesa o investigado -e imputado- conselleiro Hernández.

E mentres Feijóo ten a desfachatez de pedir datas e prazos para o AVE e autovías estatais. Sr. Feijóo, coa vara que midas serás medido.

Temos dous tramos da VAC en obras (Ortigueira e Celeiro), os dous encauzados con outro goberno na Xunta. Xa pasaron 10 meses deste 2010, e nin un so tramo novo en obras. Nin un.

Cando falo de Feijóo refírome ó mesmo que fai uns días reduciu as inversión na nosa comarca dunha maneira brutal de cara ó 2011, unha caída moi por riba da reducción xeral en Galicia, tal e como reflicte o proxecto de orzamentos 2011 da Xunta de Galicia. Ese é o seu compromiso con nós.
E mentres, aqueles alporizadores do PP comarcal seguen caladiños como cobardes, cómplices da tropelía e abandono ó que nos somete este mediocre presidente.
Presidente que non está nin se lle espera. E o colega Diego Calvo desaparecido en combate. Outro ó que non se lle espera.

É o que temos.

Anónimo dijo...

Un exemplo do interese da Xunta pola Galicia do futuro:

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/10/29/0003_8813658.htm

Como decía Don Manuel no corrillos fai anos: "os listos que se vaian e emigren, así quedamos nós controlando ós menos formados. Eses non protestan tanto".

Anónimo dijo...

San Vac, reaparece no escenario político, e ten o cinismo de falar de cobardías e de embustes de plazos nas infraestructuras.

¿Haberá nacido e por nacer que sexan tan cobardes e mentireiros, coma estas novas fornadas de "progres" de pouca monta.

Relee por favor a historia recente dos progres socialistas e refrescate a memoria.

Sodes inútiles en todas as materias, a vosa forma de gobernar é decante, só gobernades pra destruir os logros de outros gobernos, o exemplo de todo isto, estámolo vivindo no día a día, pero a envexa corroevos de tal forma que vos provoca unha cegueira pra non ver así a destucción do país.

¡¡¡CINCO MILLÓNS DE PARADOS.

PENSIÓNS CONXELADAS.

SOLDOS CONXELADOS.

É UNHA LONGA AGONÍA DE CALAMIDADES QUE FORON E SON PROVOCADAS POLA INCOMPETENCIA DE GOBERNOS SOCIALISTAS!!!.

Xa podes seguir ca tua sarta de estupideces, intentando que a xente deixe de ver as calamidades que nos rodean.

Anónimo dijo...

A piscina prá cando?

Anónimo dijo...

Agora van vir sacarnos estes politicuchos da crise van prometer & mentir a tira logo sacaran o pobo da crise mundial acolloante....
Non tuvo juevos ningun a apollar a estas nais...

Anónimo dijo...

Non vos preocupedes que cando volvamos a gobernar nos- os socialistas- xa veredes como vamos a ter non un si non dous pediatras. Nesta lexislatura que perdimos o tempo co BNG non nos quedou máis remedio que sacalo de eiquí xa que se nos foron casi todos prá Portugal que lles pagaban máis do doble que nos e facíanos de plantilla. Na próxima remesa que van vir de Cuba- cando os deixen sair-vamos ter pediatra hasta no centro de saúde de Mera, tede paciencia.

Anónimo dijo...

Chaval, mira que eres burro carallo!!!

O señor Girón estaba na inauguración da "pedra" de Touriño, era no seu concello, e o que reclamaba... (Podes consultar as fontes dese día), son os cartos que foi deixando polo camiño o bipartito ano tras ano cos recurtes orzamentais do proxecto... A manifestación de 2008... foi outra cousa moi distinta...

.... xa que nos vendía o sr. Tou que non sei onde se meteu, desapareceu sen deixar rastro(bueno si un deficit descomunal e 2.600 millóns de euros a devolver ao estado sen prorrogas, xa que non é esta a gobernar os gobernos da secta socialista).... LEMBROCHO PARA HAVER SE REFRESCADELA MEMORIA DUNHA PUTA VEZ: TOU, O PRESI DA XUNTA NUN ACTO OFICIAL, REPITO OFICIAL, FOI A CARIÑO A MENTIRNOS A FALARNOS DUNHA VÍA DE ENLACE COA VAC E UNS PRAZOS E SOBRE TODO UNS ORZAMENTOS QUE NON OS CRÍA NIN ÉL MESMO... DE FEITO, MANDOU PARALIZAR E SUSPENDER OS ESTUDIOS DUN 70% DO TRAZADO NO VERÁN DESE MESMO ANO, NON CONTENTO CON ISO VEU A ORTIGUEIRA POSTERIORMENTE PINTALA MONA E DEFENDER O INDEFENDIBLE.


Agora tendes a pouca vergoña de votarlle a culpa aos demais da vosa incompetencia e fracaso sen paliativos.



Os orzamentos pras comarcas de Ferrol Eume e Ortegal reducironse precisamente pra centrarse nas infrestructuras e seguramente pra pagar débedas e ao estado por culpa da xestión de outros. Non se vai facer nada que non estivese xa no programa electoral do PPdeG. Non están os tempos para irresponsabilidades.



Agora embestides coma os carneiros contra a Xunta por que estades desesperados e por que queredes tapar a maior infamia que estan a cometer a Galicia dende Madrid, cos señores do PSOE dende os tempos da reconversión naval... tamén con gobernos socialistas por suposto.

Unha infame desmantelación da industria galega, con outra reconversión encuberta, para beneficiar coma sempre a outras comunidades autónomas, iso si, feudos socialistas.

O Decreto do Carbón (Paralizado polo tribunal supremo), a negativa de subvención polo estado central(Que non pola xunta que ofrece 16 millóns de euros) pola supervivencia de Vulcano,... son algúns exemplos do que en realidade esta a pasar con Galicia e ese ifame ataque a nosa prosperidade.

A xunta esta evitando que empresas galegas, nas que traballan galegos, das que se benefician familias galegas... desaparezan ou queden en máns extranxeiras... Sen contar co rotundo éxito da fusión das caixas galegas....


Moito máis do que tou, pobre, e os señores do bipartito pode presumir.

Eses que dan pé as infamias que saen dende Madrid para perxudicar aos galegos e galegas.

O Ave podedelo meter polo cú se non hai traballo.

Anónimo dijo...

O que nos queda por oir ata as eleccions, vai mandar carallo.

Unknown dijo...

A primeira crónica da última asemblea da Pedra, esta vez con vídeo incluído:

http://caciquesdapedra.blogspot.com/2010/11/encubridores.html

Anónimo dijo...

Cabaleiro, non te rindas,o do dedo máis o do boli, ben se escoita o que dín prá quen queira saber. Grazas

Anónimo dijo...

¡¡Ánimo Cabaleiro!! a por éles, e depaso dinos algo tamén do pronunciamento da fiscalía, sobre a tua denuncia aos veciños da Pedra.

Anónimo dijo...

Animo a ver si actua a xustiza .....

Unknown dijo...

Minuto 1:05:
- "¿Sabe a avogada que a compra se fixo con unha firma falsa dunha secretaria que non existía?"
- "Si."
- "A avogada sabeo todo."

Falsificar firmas é delito penal e por esa vía irá a demanda, tal e como nos aconsellou o fiscal. Agrecémoslle moito os seus consellos.

Publicaremos máis vídeos nas próximas semanas, para que todo o mundo se informe do que está sucedendo na parroquia.

Pola parte da Comunidade de Montes, amosaremos os precios do pino vendido (sobre 20€/tm) por outras comunidades na mesma época que a da Pedra, e mostraremos a diferencia. Esa diferencia, quen a levou, Fernandinho ou Miranda, ou repartiron coa anterior diretiva tamén?

Anónimo dijo...

Terra de Lobos estame a recordar o que está acontecendo na parroquia

Anónimo dijo...

cabaleiro e tu non tes nada que agachar por que trigo limpo tampopuco es

Anónimo dijo...

Cambiamarcos, inflatickes,ignorante con g de guevo,etc

Anónimo dijo...

sei que che doi esfola gatos

Unknown dijo...

trinchaespiñas, soplagaitas, mameluco...

Que educados estes anónimos. Tedes uns argumentos moi bos. Eu sempre dou a cara. Se tedes algo concreto contra min, dicídeo.

Catro anos despois, non se sabe nada nin dos cataláns nin do xeriátrico. Durante este tempo, a "nova" rectora, que son os mesmos que os anteriores, deixou pasar o tempo e gastou miles de euros en encubrir aos seus parentes.

Mentres tanto, A Pedra sigue igual. Non se fixo nada e non se move nada. E a excusa de "Cabaleiro non nos deixa traballar" é patética.

animo Cabaleiro dijo...

As verdades doen e tí Cabaleiro tela toda, non te rindas.O do dedo máis o do boli a estas alturas xa non engañan a naide. Os euros son os que tes que vixiar, que é o que fan con eles.

Anónimo dijo...

E do pediatra !QUE! non se sabe nada.
Saude

Juan dijo...

Cabaleiro sempre da a cara porque ten moita.

Anónimo dijo...

Ánimo Cabaleiro, e unha vergoña a xente que non "quere" ver o que hai, ainda que llo poñas no seu fuciño, máis claro auga! segue así, e esperemos que a xustiza faiga o seu traballo e poña a esta "xente" onde deba estar. Estou seguro que telo apoio unanime do pobo pra saber o que realmente sucedeu, que e o todos queremos, xustiza!

Anónimo dijo...

A min paréceme que a pancarta di: PROMESAS, NON FEIJOS. Ou tamén , e xa que estamos en eleccións. PROMESAS NON. FEIJOS