30 ago 2010

Pendendes da ampliación do Cemiterio

Xa fai un ano que varios veciños, a través do párroco, reclaman a ampliación do cemiterio parroquial de Cariño e ainda non teñen contestación do Concello. Para aumentar a capacidade do camposanto é necesario que o Concello de o certificado de cualificación urbanística da leira, este documento é necesario presentalo en Costas, que é a administración que debe dar o permiso para logo solicitar no Concello a licenza de obra, unha actuación que se financiaría entre todos os futuros propietarios dos novos nichos. O documento foi solicitado ao Concello por escrito o 23 de outubro do 2009. Hai un mes, a finais de xullo, o párroco volveu solicitar o documento sen aínda recibir resposta. Actualmente hai corenta familias que queren adquirir nichos e non poden pola falta de espazo. Dende a alcaldía din que o Concello tramita absolutamente todos as peticións, e según di Armada na Voz de Galicia “haberá algún motivo polo que non se contestou aínda”, e recordalle os veciños que “o normal é que o interesado acuda ao Concello para preguntar alí por este asunto”.

76 comentarios:

Anónimo dijo...

Os cemiterios sempre son causa de desencontros entre a igrexa e a parroquia.
Eu penso que Don Paco, e Juan Pablo tamén, fixeron o adecuado, pero que si Costas, que si os terreos non están clasificados, que si...en fin,sempre tropezamos coa burocracia (¿ou burrocracia?).
Eu son firme partidaria da incineración.Da doazón de órganos tamén, pero o que non valla, ao lume...ocupamos menos.
Respetando, por suposto a vontade do difunto.
Boas tardes, e si vos vades, porque sodes visitantes ocasionais, boa viaxe.
E aos mariñeiros que partiron, ou parten hoxe, a ver si os peixes van a ser mais listos que vos.Polo que oín, non díchedes con eles.O cambio global eche o que ten.

Anónimo dijo...

O cimenterio da tua Parroquia, Marylin, ¿ Cómo se fixo ?. Non te enrrolles.

Anónimo dijo...

E malo escupir contra o vento

Anónimo dijo...

Este Armada é caralludo. Si e certo que dixo o de “o normal é que o interesado acuda ao Concello para preguntar alí por este asunto”, o que non vexo eu normal é que si se presenta unha solicitude o Alcalde haxa que ir o Concello a preguntar. O normal é que se conteste por escrito e no minimo de tempo posible, xa que despois as palabras levaas o vento e pasa o que pasa.
Saudos

Anónimo dijo...

Xa me daba a mín que se me ía recoñecer.Sei, tal vez, menos ca ti do cemiterio da Pedra, porque non vivía eiquí cando se fixo e tampouco me importa si pertence ao obispado ( coido que si), si o promotor era da directiva da Asociación de veciños daquela, e, salvo que teño alí xente moi apreciada, non da miña familia, non me incumbe. Meu home está enterrado en Barallobre, e poucas visitas lle facemos, pola sua expresa decisión...prefiro mirar para a lua ou o mar, ese que mo foi levar....
Perdone usted el enrolle.

Marilyn

Anónimo dijo...

¡¡¡Maneira de arremeter contra un cidadan o concello de cariño en prensa e nas web satélites!!!!

E unha toleria que un grupo de goberno faga unha campaña nos medios por que un cidadán quixo denunciar una situación...

O señores socialistas co seu alcalde a cabeza son uns irresponsables mantendo unha actitude mamporreira fascista e reacionaria propio de tempos preconstitucionais usando todos os medios ao seu alcance: prensa escrita e medios audiovisuais contra un cidadán(Sexa párroco, médico, bombeiro...) que só expresou e denunciou recurrindo a un medio de comunicación(que penso que é moi libre de facelo¿ou non?))

Os señores do grupo de goberno non son moi moito de levar críticas.. é mais non dudou de insultar aos seus propios cidadáns en máis dunha ocasión cando éstes manifestaronse en contra do actual goberno coma vimos no Klaüs, coa demanda dun transformador novo e as pertinentes explicacións de porqué media vila tiña luz e outra non. E pola contra non dudou en apoiar as iniciativas veciñas cando lle conviña... moitas delas promovendoas coma sucedeu en infinidade de ocasios, sobretodo cando o señor Armada estaba na oposición... O dito, estes señores é chegar ao poder en facer a opresión o pan de cada día. Dime de que presumes...

O asunto en cuestión podíase falar nun despacho sen ter que recurrir, iso se un cree na democracia e nas institución e do servizo ao cidadán que en teoría éstes señores fan... iso inclúe ter que soportar criticas e métodos de protestas máis ou menos xustificados e proporcionados. Como se arranxou a cacicada do albergue do Pedra e do amaño da igrexa tamen se pode arranxar éste o que pasa é que a eses socialistas encantanlles a gresca e se é con Don Paco... mellor e de paso, metemos ao PP polo medio.

Estes socialistas pensan que a vergoña é un nome de muller.

Anónimo dijo...

No escrito do PSOE non se afirma que que "si se presenta unha solicitude o Alcalde haxa que ir o Concello a preguntar". Máis ben ponse en dúbida a vontade real do cura de solucionar este asunto.

Evidentemente que se un presenta un papel no Concello en principio non debería ser necesario preguntar por él e só tería que agardar resposta. Pero nun concello entran miles de papeis e supoño que, loxicamente, non todos pasan polas mans do alcalde. Se nun tema de certo "trasfondo público" como é a ampliación do cementerio se produce calquera circunstancia, o lóxico é que -antes de chamar á prensa, televisión, etc.- o interesado acuda a falar co alcalde para comentar o problema. Salvo que sexa máis importante facer política que a ampliación do cementerio.

E Marilyn, isto non é unha cuestión de "burrocracia" como tí o chamas. É unha cuestión de legalidade. A mesma que te permite acreditar a propiedade da túa casa e me impide edificar un rascaceos na punta do espigón.

As normas están para cumplilas, incluido por suposto o PXOM aprobado polo PP no ano 2000. E ese documento impide a día de hoxe ampliar o cementerio na parcela onde o cura quere facelo. A solución é solicitar unha modificación do planeamento, cousa que ó parecer non fixo. Así que non é certo que o cura fixese as cousas ben. Tampouco a axuda de Juan Pablo parece especialmente acertada.

Anónimo dijo...

A este do fascismo preconstitucional e non sei cántas cousas máis: o concello de Cariño non arremeteu contra ninguén.

Na prensa de hoxe fálase do PSOE, que non é o mesmo. A ver se aprendemos a ler e a comprender o que se le.

Con estas entendedeiras, non sorprende logo que se escriban certas cousas.

Anónimo dijo...

O escrito do PSOE: www.psoecarino.org

EN TORNO Á AMPLIACIÓN DO CEMITERIO: ALGUNHAS ACLARACIÓNS

Nos últimos días, a través da prensa e do programa de televisión España Directo, o cura párroco de Cariño vén facendo algunhas declaracións relativas á ampliación do cemiterio do noso pobo. Dende o Grupo Municipal Socialista, vémonos na obriga de expresar o seguinte:



1. Existen moitos días ó longo do ano para polemizar sobre cuestións municipais. Que o cura párroco decida facelo en plenas festas patronais parécenos unha falta de consideración a toda a sociedade cariñesa e unha actitude só explicable dende a mala fe e dende o seu xa ben coñecido activismo a prol dunha determinada orientación ideolóxica.



2. En ningún momento o párroco de Cariño acudíu ó Concello a comentar coa alcaldía as cuestións relativas á ampliación do cemiterio. Se tanto lle preocupa o tema, o lóxico é que, antes de difundilo nos medios de comunicación, concerte unha entrevista co máximo responsable municipal para enterarse da situación urbanística da parcela. O feito de non facelo así indica, unha vez máis, que existe unha evidente mala intención pola súa parte.



3. Chegados a este punto, cómpre facer constar que o párroco cariñés si considerou que debía pasar polo despacho da alcaldía, visiblemente alterado e cunha evidente falta de educación, para criticar que os axentes municipais o multasen por estacionamento incorrecto do seu vehículo. Polo que parece, esta persoa considera que debe ser obxecto dun trato especial e diferente ó de calquer cidadán. Unha multa de tráfico si é motivo para dirixirse ó despacho da alcaldía; semella que a ampliación do cemiterio non lle preocupa tanto.



4. A calificación urbanística da parcela onde o párroco cariñés pretende levar a cabo a ampliación do cemiterio foi establecida no planeamento urbanístico aprobado no ano 2000, durante o mandato do PP e cos votos en contra do noso partido. Esta calificación urbanística impide a día de hoxe construir nesa parcela, salvo que se produza unha modificación puntual do planeamento. O párroco cariñés tivo, ó longo de todos estes anos, ocasión de alegar contra esa calificación urbanística ou de solicitar a devandita modificación puntual do planeamento. A día de hoxe, aínda non o fixo. Polo tanto, carece de sentido que acuse ós demais da súa incompetencia e despreocupación.



5. Parécenos un auténtico exceso que se recurra a un programa televisivo de difusión nacional como é España Directo para un asunto destas características, tentando transmitir unha sensación de alarma e anormalidade que, dende logo, non se corresponde coa realidade do noso Concello. Somos conscentes de que á inmensa maioría da cidadanía cariñesa preocúpanlle a imaxe e a proxección exterior de Cariño. Polo que parece, non é o caso do párroco cariñés.



Para rematar, dicir que, como é habitual, estamos á disposición de toda a cidadanía cariñesa -incluido o cura párroco- para clarexar e resolver, dentro das nosas competencias, este e outros asuntos. A nosa vontade de entendemento e colaboración está demostrada ó longo de moitos anos de traballo político. Lamentablemente, o párroco cariñés non pode dicir o mesmo, pois son ben coñecidos os seus excesos verbais e activismo en contra do actual goberno municipal.

Anónimo dijo...

Manda carallo!!!! O concello manda a os de Landoi realizar un local social pra que quede éste en mans municipais despois(éstes por suposto non pasan polo aro), acorda unha cesión coa casa reitoral co obispado, e deixa a máis de 40 familias sen ter sitio pra caerse morta só pra botarlle a cupa ao PP e ao seu cura preferido. Os talibáns en Cariño parecen Jimy Carter.

Tiña razón o que enterraron na area da Concha.

Anónimo dijo...

Pra multar o seu coche(o do cura) seguro que foi coma corresponsal ese tal Gran Hermano, que pon en coñecemento do alcalde todo o que fan os veciños non afins recoñecidos. Xa sabedes o que toca.

Anónimo dijo...

O concello a un cidadán EN TÓDOLOS MEDIOS:

IRRESPONSABLE, DESPREOCUPADO, INCOMPETENTE, MALEDUCADO, ALARMISTA, ACTIVISTA... E sacando fóra de contexto temas que non teñen nda que ver coma unha multa de tráfico...VIVIR PARA VER...VER PRA CRER...

Animo a este cidadán que emprege tódolos medios legais pra defenderse de tal agresión... máis ben non, XA que estes señores usaran os seus impostos pra ir en contra del.

Máis ben reze pra que non vaian ao inferno dereitiños.

Anónimo dijo...

Jooooder! E segue sen enterarse. Que o Concello non dixo nada. Que iso ó que te refires é un texto do Grupo Municipal Socialista. Que son cousas diferentes.

Que tí non saibas diferenciar o plano institucional da refrega política partidista non quere dicir que os demais fagan o mesmo.

E outra cousa: o texto ó que te refires non lle chama ó cura ningunha das cousas que indicas en maiúscula: que alguén actúe, nalgún momento concreto, con falta de educación, irresponsabilidade ou incompetencia non quere dicir que sexa MALEDUCADO, IRRESPONSABLE ou INCOMPETENTE. Quere dicir, simplemente, que nalgún aspecto concreto do seu actuar peca dos citados defectos. No resto, pode ser un cidadán exemplar (que non é o caso, por certo).

O dito: hai que afacerse a ler máis despaciño e a reflexionar sobre o que se le. Aínda que un escriba como anónimo, debería ser capaz de facelo cun mínimo de intelixencia. Pero é o que ten escoitar tanto a COPE e esRadio: que un afaise á súa simpleza argumental.

Anónimo dijo...

TEDE CUIDADO QUE DON PACO PODEVOS
EXCOMULGAR

Anónimo dijo...

Tes razón!! teño que escoitar a emisora dos terroristas suicidas do 11M... Pra gañar en argumentos e imparcialidade.

O Texto é unha agresión a un cidadán en toda regla e se non o ves asi vaite ver. Tiñanvos que denunciar. O anonimato tampoco vos molesta a vos... é máis ahí o tedes pra disparar merda agregando nomes e apelidos non afins.

Anónimo dijo...

Despois de ler a uns e máis a outros, só me queda unha cousa medianamente clara...Qué os que escoitan a Ser ou len o País, son xente "máis culta".

Tanto é así, que teñen o atrevimento de descalificar a quen lles pete sin o menor sonroxo. O exemplo témolo na páxina PsoeCariño, que a través dela, o Grupo Municipal Socialista airea os trapos sucios de todo o que acontece dentro da Casa do Concello. Polo que se pode ver, é un perigro facer dilixencias ante o alcalde todas aquelas persoas que non sexan da sua ideoloxía, xa que si non son do seu agrado ou van en contra do seus intereses, hai que dar por descontado que nos vai poñer de volta e media na sua propagandista páxina.

¿ Onde está a privacidad que debe de haber en toda xestión que se faga no Concello ?.

Anónimo dijo...

sen contar os negocios non afins. Mirade ata que punto chegamos...

Anónimo dijo...

!Menos mal que xa sairon do seu capullo as mentes pensantes de Cariño, e se convirten en lindas mariposas que saben mais que ninguén! E que tan só eles leen El País, El Mundo, La Vanguardia, Playboy e incluso, os mais atrevidos, Zero. Xa temos quen pense por nós.
Co cura, si foi Juan Pablo, como se fora calquera de nós..¿ou ainda hai clases e categorías ? Me río de Janeiro.
Non sei moi ben de qué vai esta polémica, pero teño ido ao Concello, e pedir fotocopia do solicitado...así non caben dúbidas.
O que lamento profundamente, e que si poño o meu xénero, feminino, xa se me coñeza.¿Non hai mulleres que escriban nos enlaces deste Concello? Hai moitas webs da zona, que as veces visito, pero a mais activa e esta, os aguillóns. A caleira casi e feudo meu, sen pretendelo, cocina con cariño, brétema etc tamén as visito e sigo as novas do concello, do psoe e non vexo por ningures opinións femininas.Voume queixar a Bibiana Aído.
Unha

Anónimo dijo...

Cantas máis mentes pensantes saian mellor.. pero que teñan coidado onde apuntan porque o fascismo mamporreiro pensei que o deixaramos a comezos do XX.

Anónimo dijo...

Voy volando........

Anónimo dijo...

estes peperos que van a misa dar paos no peito e cando saen dela xuran e menten coma os demais, dan clases ahora de moral e amor ao proximo.son pateticos.
un cristiano.

Anónimo dijo...

Eiquí temos a un SOCIOLISTO que recoñoce que todos eles son uns mentirosos, empezando polo seu presidente J.L.R.Zapatero e acabando polo alcalde que temos por desgraza en Cariño, que utiliza a sua web PsoeCariño pra insultar aos veciños.

Anónimo dijo...

Cando din que son o partido dos traballadores... xa minten ata no seu credo.

Despotismo e opresión.

Anónimo dijo...

Que lles pregunten aos xubilados. Pobres pensionistas de boa fe, que os deixou na estacada despois de prometerlles que serian os máis protexidos mentres gobernaran os socialistas.

Xa temos o resultado de todas esas promesas. Non só aos pensionistas, sinón tamén ao conxunto da sociedade.

Anónimo dijo...

Por Deus que algen quite o cheiro que temos no pobo.
E mais urxente que o das urnas.

Anónimo dijo...

o cheiro e da conserveira queixadevos o seu dono.
un de dereitas.

cariño esperta dijo...

Non,o cheiro non e a peixe,senon a MERDA.(con perdon)

Anónimo dijo...

funciona ou non a estación de bombeo????

Anónimo dijo...

Se fose de esquerdas queixadevos a bush... JAJAJAJAJA... PATÉTICOS.

Anónimo dijo...

Levo tres veces chamando ao Concello para reclamar que recollan os vidrios do seu contenedor e redores.A xente deixa as bolsas coas botellas, ou o frasco da maionesa ao carón do desbordado contenedor.Van dar comezo as clases, e está todo cheo de vidrios rotos,ao ladiño da marquesina que recollerá aos nenos e nenas, porque botas un frasco por un lado e sae polo outro.
Desde logo, A Pedra non existe.Nin veñen a barrer xamáis, nin recollen as fermosas camelias cando enchen o chan de algo resbaladizo, e por si fora pouco, o Teatro fanno coincidir coas festas patronais de eiquí.
E menos mal que non temos cheiros, tan só camións cargados e sen lona, pero deixan pó, mais non ulen mal.

La mosca cojonera.

Anónimo dijo...

Tranquila que logo che han pedilo voto e xa te esqueces diso.

Anónimo dijo...

Alguén sabe o que aconteceu hoxe na asamblea do CD Cariño??? Apareceu o presidente?

Anónimo dijo...

Pois mira ti por onde, hoxe non hay vidrios rotos perto da marquesina.Recolleron todo e doulle as gracias aos traballadores que o fixeron.A ver si cobran...

La vecina de enfrente del contenedor

Anónimo dijo...

Cobardes e mentireiros, isto é, o que son os ministros do goberno socialista. Do seu presidente Zapatero heredaron todo o malo habido e por haber.

Negaron por millonésima vez que España poidera sufrir unha crisis coma o resto dos paises europeos.
(Todos estes xa despegaron, excepto Grecia que é coma nosoutros).
Agora, o noso Ministro de Traballo Celestino Corbacho, dinos que a recuperación dos postos de traballo van necesitar de tres a catro anos como mínimo. Él, abandona o buque ante tanta queima que lle ven encima e vaise refuxiar a Cataluña a ver si lle sae un posto de diputado, pois xa sabe que no goberno de España non hai nada que facer pra quitala do pozo en que a meteron.

A Ministra Trinidad Jiménez, máis do mesmo.
¿ Cantos ministros dos de agora, acompañarán ao seu presidente no seu afundimento?.

Anónimo dijo...

Tres ou catro anos bisiestos (Salas)

Anónimo dijo...

Pra eles non hai problemas ningúns:

Volveran a tirar da súa fiscalía xeral... e algunha sorpresiña preparan pras municipais... como saben que as eleccións as perden acabaran o mandato ainda que lle teñan que vender a alma o diaño(cada un que o colla como queira).

Saben que o inimigo é o PP e aborrecen a alternacia de poder, fruto e cualidade diferencial da democracia... aborrecendo a democracia en si mesma arrexuntaranse os que máis poidan pra aniquilar e apartar o PP das institucións....

Por exemplo, agora saíu a ETA e ninguén dos da fronte popular aboliu no parlamento a permisión de negociar cunha banda de criminais que non políticos pra satisfacer mutuos obxectivos de aliados estratéxicos... importandolles ben pouco quen morre ou quen é ameazado.

Anónimo dijo...

A desfachatez de Zapatero non ten límites.

Aos pobres e inxenuos pensionistas, dilles hoxe que as pensións seguirán conxeladas todo o ano 2011, por coherencia coa política económica SOCIALISTA.

¿ Que vai a ser de España e dos españoes si nos siguen gobernando xente tan incompetente coma esta que nos está tocando de sufrir ?.

Anónimo dijo...

Problema de globalización.
En cuanto a la gestión no digo nada es lo que se ve 5.300.000 parados y subiendo.

Anónimo dijo...

Zapatero a tus zapatos...

Anónimo dijo...

Unha cousa é congelar as pensións, e outra esta:

http://www.farodevigo.es/galicia/2009/10/25/xunta-retira-complemento-pensiones-contributivas-cobraban-50600-gallegos/380326.html

En castellano,para que nos entendamos toditos:

La Xunta retira el complemento a las pensiones no contributivas que cobraban 50.600 gallegos

La conselleira Beatriz Mato califica de "parche" esta medida que impulsó Anxo Quintana durante el bipartito y cuestiona su legalidad

Los 50.600 gallegos que se beneficiaban de la ayuda de 200 euros anuales para complementar sus pensiones no contributivas dejarán de recibir esta paga a partir del próximo año. La Xunta ha decidido eliminar esta prestación económica, que fue una de las medidas estrella lanzada por la Vicepresidencia de Anxo Quintana durante el Gobierno bipartito. De esta manera ya no se incluye ninguna partida específica para este concepto en el proyecto de los presupuestos para 2010. La conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, argumenta que esta medida era "un parche".


Jooooder co parche."Partido Popular,siempre con el pensionista."

Anónimo dijo...

Canta razón tes ao criticar a Conselleira de Traballo e Benestar por chamarlle "parche" aos regalos-compra de Anxo Quintana, creados exclusivamente para asegurarse o voto destes 50.600 galegos.( De nada lle serviron).

Eu creo que a nosa Conselleira quedouse corta no calificativo de "parche", xa que a maioria dos galegos pensamos que esa medida foi un atraco as arcas da Xunta, só por manterse e perpetuarse no posto da vicepresidencia.

A xente de ezquerdas sodes así, uns mans abertas, pero cos cartos de outros, porque dos vosos ven que mirades e si podedes joder ao prójimo ven que o facedes.

Anónimo dijo...

quen denunciou os xubilados que estaban os berberechos na praia?
eu sei quen foi.... a que si xan....

Mentira tras mentira dijo...

Que lle faríamos a Dios para ter un alcalde tan mentiroso.

Anónimo dijo...

ai xan xan,,,

Anónimo dijo...

Os problemas domésticos está moi ben tocalos cando non hai cousas máis importantes.

O que estamos a vivir nestes tempos, creo que merece unha especial atención porque nos afecta a todos os españoes.

O paro sigue aumentando, eo Presidente do Goberno sigue mintindo e dicindo cada vez máis cousas e tonterías. Xa nos dí, que os que fagan unha formación laboral xa se poden sentir traballadores, que os cartos das pensións estanse acabando, que só quedan pra quince ou vinte anos.¿ Que lle pasará pola cabeza a este home?.Él pensa que dicíndonos isto, os postos de traballo van xurdir coma si foran longueiróns
asustados polo sal.

Este Presidente, da a sensación que desvaría cada vez máis, síntese un iluminado coma si forzas extraterrestres o estiveran axudando a quitar a España do pozo sin fondo que él a meteu.

Deus nos recolla confesados si o pobo español non é capaz de poñerlle freo a tantas barbaridades que están a facer na economía do país este goberno socialista desnortado, presidido por un home que pasará a historia por ser o responsable da maior desfeita económica que está sufrindo España e os españoes.

Anónimo dijo...

Se o presi ZParo fose do PP habían de silbalas balas pola rua.

Con él descubrimos....

Como ter un fiscal xeral do estado ao servicio dunha organización política...

Como ter cans de presa en forma de imperio mediático...

Cómo se deixa de lado o caso do atentado máis grave da historia de Europa... no que cumplen condena un narco asturiano medio psicotico medio retrasado e un home musulman dono dun establecemento de teléfonos de Lavapés...

Cómo se volve dar a volta o mundo sen sonroxarse nos telexornais encabezando as economías máis calamitosas e con máis paro do mundo occidental... Facer bon a Felipe xa ten un dudoso mérito...

Cómo ter un maxistrado servil que reabre feridas do pasado intentando derrubar os valores da transición e devover a problemática e a gresca social con xuizos que xa non se poden celebrar por que todos os protagonistas estan a máis de dous metros baixo terra...

Cómo facer o ridículo coa política internacional...

Cómo seguir tendo a educación peor competitiva de UE...

Cómo aislar por norma xeral a unha oposición pra aniquilala... Desprezando a democracia, a alternacia no poder.... arrexuntandose coma as putas dando igual quén estea a carón nacionalistas ou terroristas... segun conveña o contexto e o interes...

Cómo mentirlle a todo ser vivinte dia si e dia tamen sen pedir perdon a ninguen e por suposto sen asumir responsabilidade ningunha...

Como ser un ser sinistro e parecer un Mr Bean amigo dos nenos...


...

poido estar ata mañá

Anónimo dijo...

vasme facer chorar

Anónimo dijo...

Non tardarás moito en chorar

Anónimo dijo...

Acabouse a politica como modo de vida...

Anónimo dijo...

xa estou chorando

Anónimo dijo...

Eu tamen vou chorar ver algúns como se van e con eles os seus fumes cunha man diante e outra detrais... pero de risa.

Anónimo dijo...

e tedes algen capacitado para ese posto?
polo menos acabaria a EGB por que me parece que non foi a universidade ai si foi a de tallon...jajaja

Anónimo dijo...

Xa quixeran pasar pola academia de Tallón estes tres señores que están con cargos tan relevantes.Ministro de Fomento,Presidente de Cataluña, é un pouquiño máis pra baixo, o alcalde de Cariño.

Sin lugar a dúvidas que outro galo nos cantaría si a "formación" que teñen, estivera acompañada por un par de aniños de academia con Tallón.

Anónimo dijo...

No posto poñerase quen saia elixido nas urnas... ¿ou e que os demais non deben ou non poden presentarse?¿Non vos gusta que se vos faga oposición?¿Acaso pensades que isto é unha finca?...¿Acaso agochades algo?

En fin, tratar de parva a xente non fai a ninguén máis intelixente do que é... polo menos iso non está demostrado científicamente. O que si, en cambio, esta demostrado en forma de evidencias é a vosa incompetencia no cargo, se sodes listos ou burros coma cebolos... importame un carallo. O caso é que os demais non suframos as consecuencias...

Anónimo dijo...

Gustariame saber onde e que estuduiou o risitas... asi rímonos todos....

Anónimo dijo...

O que é de risa, ou de chorar según como se mire, é o que acaba de facer a nosa Ministra De La Vega, poñendo de patiñas na calle a directora do CIS, por dar uns datos de intención de voto favorables ao PP de nove puntos sobre o PSOE.

¿Como se pode chamar a esta maneira de actuar contra unha persoa por dicir a verdade?.

Anónimo dijo...

fascista, xa lle ben nos xenes... Xa se di que os extremos xuntanse.

Anónimo dijo...

Antaño familias modelo do movemento... agora referentes do mundo obreiro... ou seran amigos do poder e a opresión???

Anónimo dijo...

Por certo, algún xa eliminou o escupidoiro da web socialista cariñesa ao parroco da vila. Remordementos de conciencia.

Anónimo dijo...

Reciclate e que che enseñen a mirar na Web. Nada se eliminou. Mira nas entradas antiguas.

Anónimo dijo...

Unha vez máis, os galegos somos insultados polos alumnos da escola socialista. Esta asignatura do insulto foi a que mellor aprenderon ao longo das suas carreiras.

Primeiro, foi Rosa Díez comparando aos galegos con Zapatero, é agora o "señor" Montilla intentando insultar aos de CIU chamándolles tamén galegos.

¿ Que terán estes políticos criados na escola socialista que só se acordan dos galegos con ánimo de isultarnos ?.

Anónimo dijo...

Jope estrañache coa representación no goberno Pepiño,Salgado,Caamaño,....
Non fan nada por Galicia.
Eos galimadrileños coma Fraga e Rajoy,e Feijoo o mesmo despois non queremos que nos chamen tontos.
Ay Carmela que chove.

Anónimo dijo...

Xa que vai de insultos, todos sin excepción temos que recoñocer, que o maior insulto aos galegos eo resto de españoes, é seguir tendo un goberno da nación coma o que temos, que prolonga á agonía da crisis dunha maneira tan irracional, que xa da pra pensar que a este presidente eos seus ministros importalles máis continuar nos seus cargos, que como van deixar España.

Si Zapatero acaba a lexislatura dos catro anos, máis os catro que tiña, que lle voten un galgo a ver si o apillan. Xa que non hai quen lle quite a PENSIÓN vitalicia.

Os demáis traballadores temos que estar 35 anos traballando pra ter unha pensión, que a gran maioria non lles chega pra cubrir o mes, é con este goberno ea sua maneira de gobernar, vamos camiño de perder o pouco que xa dan.

Anónimo dijo...

estes de dereitas pandilla de mangantes non fan mas que escupir veneno pola sua boca non teñen mais que maldade dan pena todo o dia mirandose o ombligo pensan que son o centro do universo ....a rañala e rañala ben..........

Anónimo dijo...

Os de dereitas son os que che dan a ti de comer, paspallás. Vota unha ollada ao teu rededor, e verás sin moito esforzo quen come de quen.

Vosoutros os "progres" xa vos ven de herencia, nada máis que sabedes comer do traballo dos demáis.

O exemplo maior, telo neste goberno de España, ou do que queda dela.

Anónimo dijo...

Os profesionais da politica. A política como medio de vida... acabouse.

Anónimo dijo...

JAjajajaaaaaa.....Vas vir tí a traballar polo pobo...

Anónimo dijo...

Non oh! Conformome con ver os traballadores solidarios cariñeses como collen o camiño pra casa, coas bágoas nos ollos e vendo como lles nega o saludo os transeúntes.

A vida é moi cruel... sobre todo pro "xusto".

jijiji.... como me tarda.

Anónimo dijo...

E a todo isto, quen a de ser tan prepotente co que esta caendo pra ser xuiz de nada.Lembrade o refran de cando as barbas o do teu veciño vexas cortar pon as tuas a remollar.Non sei si esta correcto, pero seguro que me entendestes.

Anónimo dijo...

Aiiiiiiiiiiiiiii luis el topo!!! co que a ti che cadrou sempre facer furados e ahora non tes un nin pa morrer MANDA CARALLO!!

Anónimo dijo...

canto mangante vexo por aqui vade traballar carllo en vez de andar falando dos demais.
e coma di un burro por ai quen levanta o pobo son os obreiros non xentiña de dereitas que se debrozan pa mirar pa qen traballa e encima rinse deles pandilla de mangantes.

Anónimo dijo...

Os que levantan o pobo son os que se visten polos pés e non teñen apodrecido o cerebro con ideoloxías clasistas do século XX... son os que votan xestións, sentidiño común, a maioría silenciosa... non son "obreiros" de chalet a pé de praia, de restaurantes de luxo,....

Que viviron toda a vida do aire e que estan acabando con todo o que tocan, antes e agora.

señoritos progretes

Anónimo dijo...

Votade a Paula Vazquez

Anónimo dijo...

Pregúntome eu ¿ cando caerán da burra na que cabalgan esta xente de ezquerdas, que naceron co tapaollos posto pra que miren só pra un lado.

Xente " ilustre de ezquerdas "

Fidel Castro
Chavez
Evo Morales
É, o noso Zapatero pra desgraza de todos os españoes.

Non sair da casa, que sinón morredes de pena o ver como está deixando España este goberno de "ezquerdas".

Canta razón tiña Alfonso Guerra, cando dixo, gobernando nosoutros, non vai coñocer España nin a madre que a pareu.

A suas profecías, xamás dos xamases foron tan acertadas.

Anónimo dijo...

Xa non existen esquerdas nin dereitas... existe o centro dereita e o centro esquerda...

Cando eran extremismos os dous repudiaban a democracia, é dicir, á alternancia de poder...ainda que ainda hoxe o negue algún... defendian o totalitarismo para impoñer a súa ideoloxía e o intervencionismo na economía do estado.

Iso inventano pra vender periodicos e perpetuarse no poder e evitar o abstencionismo masivo.

Anónimo dijo...

Iso de centro dereita e centro esquerda ten moito que matizar.Pola esquerda do PSOE está IU e outros grupos menores.¿E pola dereita do PP?
¿Parécenche do memso partido Gallardón e Esperanza Aguirre? ¿e o Juan Costa e Zaplana ou Acebes?.O problema de aglutinar a toda a dereita nun partido (salvo dereita nacionalista) é que temos xente moderada, pero tamén moito radical.
Non é o mesmo ver as novas de Matias Prats en Antena 3 que escoitar a Federico J. Losantos.