15 jul 2010

Empezan as festas do Carmen

Cariño honra desde hoxe á Virxe do Carmen. Os festexos comezarán coa procesión que baixa á virxe de camiño ao porto a partir das oito da tarde. Centenares de veciños acompañarán á imaxe mentres é levada polos mariñeiros sobre un camiño de palmas. Minutos despois, as sirenas da lonxa pesqueira anunciarán a chegada da santa para oficiar unha misa. Os devotos velarán pola patroa durante a noite. Para o venres espérase a procesión marítima ás once e media da mañá e unha misa nas dependencias portuarias. Tras a eucaristía, a virxe será embarcada no pesqueiro que resulte agraciado coa posibilidade de acollela tras a realización dun sorteo. Os barcos de Cariño seguirán á Virxe ata os cantiis do Ortegal, onde se realizará unha tradicional ofrenda floral en memoria de todos aqueles mariñeiros que perderon a vida no seu traballo. O percorrido durará un par de horas e os participantes poderán degustar de xeito gratuíto empanadas, mariscos, viños e outros manxares da terra. Ao terminar a travesía, a danza de arcos de Cariño agasallará ás miles de persoas congregadas no porto cuns pasos de baile que foron transmitidos ao longo dos anos de xeración en xeración. Os dous días de festa contarán cunha verbena nocturna. Para hoxe espérase a actuación da orquestra Milenium e para o venres, a da formación musical Tokio.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

La primera frase de este post es la siguiente:

"Cariño honrra desde hoxe á Virxe do Carmen".

Y yo me pregunto...¿¿¿honRRa???.Pedazo patada en los huevos (y perdón por el término) al diccionario.

Culturilla PPopular.

Anónimo dijo...

Una vez más (y ya van unas cuantas en tan sólo un año) el PP haciendo amigos en la sanidad pública.Ejemplo:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/07/15/00031279198464974277831.htm

La Voz de Galicia.El tiempo de espera en cirugía global en el CHUS aumentó en 11,4 días con respecto al 2009

La gerente del complejo santiagués puntualizó que la espera media de los pacientes más graves se redujo en 15 días, de 37 a 22.

O sea, que si estás a punto de palmar igual se apuran...(y esto según la gerente, claro).

Otro titular:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/07/15/0003_8610923.htm

La espera media para operarse en Galicia está en 71 días, cuatro más que hace un año.

Seguimos en el buen camino de la sanidad,con aumento en las listas de esPPera.

Anónimo dijo...

Sodes tristes e patéticos.

Estades arruinando o país, xa levades ao lombo cinco millóns de parados é só mirades pra unha palabra si vai ou non vai ben escrita, o dito, tristes é patéticos.

A verdade sea dita, nunca fóstedes moito mellores, a historia está aí pra acreditalo, cada vez que vos toca de gobernar, deixades o país máis arrasado que si pasaran manadas de cabalos coma o de Atila.
Pero vosoutros seguides ao voso, que é, cerrar os ollos a realidade e seguir dando paus de cego a ver si queda xente pra seguir picando é que vos siga votando.

Si é na lei educativa, sodes un desastre, en economía, xa non teño palabras, é que che voi dicir da política laboral, si chegarámos a estar en outros tempos, estávades ardendo coma no seu día ardeu Juana de Arco.

Pídovos por favor, que polo menos estéñades caladiños, esperade a que veña quen saiba gobernar é nos quite do pozo que nos meteron os gobernos de ezquerdas, que son incapaces de aprender de quen o fai eo fixo mellor que éles.

Á historia vos remito.

Anónimo dijo...

libertad libertad sin IRA libertad.........

Anónimo dijo...

Y yo me pregunto, ¿y todo esto qué tiene que ver con las fiestas del Carmen?

Anónimo dijo...

Moitisima razón, pero como podes ver, os "progres" non descansan é só se preocupan de intentar destrozar todo o bon que hai fora da sua ideoloxia.

Anónimo dijo...

A vós non fai falta destrozarvos.

Xa vides destrozados de fábrica.

Anónimo dijo...

unha verda coma un templo estes son made in china js js js js.

Anónimo dijo...

A sorte destes progres é que teñen acceso a estes blogs pra dicir paridas coma si foran xente, xa que outra cousa os pobriños non saben dicir.

Así nos vai.

Anónimo dijo...

¿Cánto falta pra que Cariño e concellos de similar poboación non teñan garantidos os servicios básicos ao cidadán sen a total dependencia do estado?
¿Cánto lle queda a sanidade tal é como a coñecemos acumulando déficit tras déficit?...
... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ...
ZP, dimisión, urxencia nacional. Ímos a quiebra "con todas tus fuerzas".

Anónimo dijo...

E con Raxoy ¿iríamos mellor? Si hai que tirar do carro, pois tírase, pero o Estado non é papi e mami.Somos todos.
Menos mal que xa temos IKEA a tiro de pedra.Non temos que mercar armarios xa feitos no Carrizo nin en Cesáreo (q.e.p.d. os deus ), porque cunhas sinxelas explicacións xa o montamos nós.
!Que mais nos da que os nosos poucos euros vaian para Suecia, si tal e como van as cousas, Catalunya, Euskadi, e nos, Galiza, seremos nacións !
Co meu voto, non.

Anónimo dijo...

Con Rajoy non o sei... cun gobernante sen ataduras si. Sexa do PP sexa de IU sexa do PSOE... A xente pide goberno, non pide que a política se coverta nun mercado persa de intereses desleais ás maiorías.

Unknown dijo...

A última da Pedra, esta vez con foto incluída, para os que xa se aburren de ler:

http://caciquesdapedra.blogspot.com/2010/07/camino-da-vergona.html

Anónimo dijo...

¡¡Cabaleiro¡¡ dinos algo tamen do pronunciamento da fiscalía sobre a tua denuncia aos veciños da Pedra.