O pasado mes de xaneiro a familia da nosa veciña Xenerosa Orizales presentou no xulgado de Primeira Instancia de Ortigueira unha demanda contra a empresa promotora do noso veciño Antonio Rodriguez. O tema esta en todos os xornáis, ainda que é un tema particular, pero dada a situación creada e pública, o poñemos a debate aquí. Xenerosa Orizales é unha veciña de Cariño que desde hai dous anos e medio sofre a crueza da esclerose lateral amiotrófica (ELA), unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular que non afecta ás facultades intelectuais, nin aos sentidos. ela e o seu marido, que viven nun baixo de 38 metros cadrados, nas Casas Baratas, levan meses reclamando o que entenden perténcelles: un chalé que comezaron a comprar no 2004, cuns cartos da indemnización por accidente dunha filla, e con data de entrega de 2007 cando aínda quedaban uns anos para que Xenerosa empezase a sufrir os primeiros síntomas. Pero a día de hoxe, a promotora aún non lles deu a casa, e lles exixe 22.000 euros a maiores sobre o contrato. Tres anos levan agardando e como di a familia no Correo Galego "por unha casa que compramos por 126.000 euros, xa pagamos 70.000 e agora o empresario reclama 22.000 máis sobre o estipulado". O problema, segundo denuncian estos veciños, é que logo de abonar dous, dos catro prazos que require a adquisición da casa, os outros dous deberán facerse cando estea terminada a instalación eléctrica e prodúzase a entrega de chaves, respectivamente, o construtor solicitou aos compradores a comezos de ano outros 22.068 euros máis por traballos extras na obra. A versión do constructor Antonio Rodriguez e que foi a familia de Xenerosa quen “ao longo de toda a obra foi pedindo que se realizasen estas melloras e agora néganse a pagalas”. Unha das modificacións o parecer e a instalación dun rampla na parte traseira da vivenda. Sobre os pagos, asegura na Voz de Galicia que “se a casa tivésena pagada, estarían a vivir en ela”. Coma decimos o principio, recordar, que no xulgado de Primeira Instancia de Ortigueira xa esta presentada a demanda e polo tanto o xuiz dira quen ten a razón neste asunto. Dende aquí, e ainda que caiga en saco roto, pedirlles as partes coma veciños que son, que procuren buscar unha solución entre eles. Seguro que e posible si se quere.
27 comentarios:
É típico no "señor" Torrente, este tipo de abusos que ven facendo dende fai moitísimos anos.
A ver si dunha vez por todas o pon a xusticia onde merece, porque por desgraza pra xente que este personaxe lle fixo unha obra, non quedou a primeira sin ser escaldada.
bueno o de señor creo que lle ven un pouco grande.
Coma grande e a sua falta de moral.
Pedazo de personaxe. Que xustiza existe cando podes atracar a calquera e andar tan ancho, pero facerllo a esta familia e de juzgado de guardia.
eu non sei a que estamentos pertenece o axudarlle a esta muller pero si e como di o diario e esta vivindo nas condicions que din non me parece normal que naide tome realmente cartas no asunto.
eu non sei a que estamentos pertenece o axudarlle a esta muller pero si e como di o diario e esta vivindo nas condicions que din non me parece normal que naide tome realmente cartas no asunto.
Me importa un carallo o Torrente e todo o que se poida decir del.O realmente importante e que esta persoa este vivindo nunhas condicions inhumanas,polo que sei non ten outra axuda que non sexa a familiar cando a outras se van limpar os lalalieros das casas a xente menos necesitada.¿a que se adica a asistente social deste concello? Penoso.
A min o Torrente importame un carallo, a pesar de todo o que a familia esta a padecer por culpa del pero agora o realmente importante e que esta muller este vivindo nestas condicions tan precarias sin que naide se faga cargo.Como estan asistindo a persoas que non o necesitan e aqui ninguen se ocupa ¿Onde esta escondida a asistente social deste pobo? a que ninguen coñece.Que levante o cu e se mova que e unha vergonza
¿ QUIEN FUE EL QUE LE PEGO AL SR. TORRENTE Y LO MANDO PARA EL HOSPITAL ? .
Pois mira no che sei, nin me importa pero eu axudaballe!
Que pobo temos! cheos de xente culta, que sabe falar de cara ao público,... e ate temos xuices, verdugos, polis bos, polis malos, e xente disposta a lapidar...
Os que reclamaron o post xa sabemos o porqué...
Mentres eu pido que se faga xustiza... os que realmente teñen competencia pra facelo... estamos acostumados a andar de oficio e asi nos vai.
Un saúdo aos veciños que sufren penalidades especialmente pra os que non teñen pra un chalé...
Aparte das inxusticias da vida... propoño un tema novo: A suba da luz.
Coa subida do I.V.E. en 2 %, a suba do que vai de ano na luz chega ao 18%. Unha barbaridade e un crime. O goberno é un irresponsable por deixar que o oligopolio electrico esté a manexar en plena crise a todolos usuarios ao seu antollo sen importarlles a situacion que está a atravesar a maioría dos cicdadáns. En Cariño xa é de escarnio coa instalación tan cutre e deficiente que se ten no casco antigo. Que ocasiona cortes de suministro e averias continuadas.
Non hai dereito.
pois compra un candil paspallas,
Temos que facer como en Rubiás, que o alcalde fai un ano apaga a luz desde as 24 h. ou sea as doce da noite hasta as seis e media da mañá. Pola noite andan con velas ou candís polas ruas, parecen a "santa compaña".
Un que escribe aí riba, decirlle que está ben mandar un saúdo aos que o están pasando mal e non teñen ningún chalé, que deixe de mandar saúdos e mande euros.
Era o que me falta volver as cavernas por culpa de catro socialistas
Era o que me falta volver as cavernas por culpa de catro socialistas
Era o que me falta volver as cavernas por culpa de catro socialistas
Era o que me falta volver as cavernas por culpa de catro socialistas
É O QUE NOS ESPERA. Ó único método prá aforrar é non gastar. Paseo vai e paseo ven polo paseo marítimo. E neste tempo , nas dunas e na Basteira prá as nais con nenos pequenos. E en Fornos prá ligar cas rapazas novas.
Sí tú contratas obras de mejora en tu vivienda y luego no las pagas...tendrás que atenerte a las consecuencias, tengas la enfermedad que tengas, para eso dicen "que somos iguales ante la ley", ¿no?.
Sí tú contratas obras de mejora en tu vivienda y luego no las pagas...tendrás que atenerte a las consecuencias, tengas la enfermedad que tengas, para eso dicen "que somos iguales ante la ley", ¿no?.
Para contratarlas hay que tener contrato atado y bien atado.
No realizar una mejora de 1000pts y cobrar 200000pts. (es un ejemplo)
Isto non pasará cando sexa Fachal o noso Alcalde, o que se pase de listo leva un par de ostias
Eso de ser iguales es muy bonito decirlo , pero es una falsedad "cristiana", quiero decir que somos iguales en el más allá- supongo-, aqui en la Tierra el creerlo es una estúpidez. Mira a tu alrededor y te darás cuenta que sería un aburrimiento si así fuera. No gastes más de lo que puedas, puedes hacerlo si tienes un respaldo o a alguien a quien colgarle el muerto. A Don Higinio le deben 18.000 euros y le cuelgan el muerto al obispo. En Cariño si algo va mal la culpa es de los fascistas del PP y si eso no cuela la culpa es de los caciques, del caciquismo, de la santa compaña.
Xa sei que as palabras sirven de pouco pero desde aqui quero transmitir o meu apoio a familia de PACHI.
Aproveitando que estamos na entrega das notas do selectivo. Doulle un notable ao Aguillón polos cambios efectuados no seu Blog.
Grazas polo notable, faise o que se pode, e se sabe. Aproveito para decir que intentaremos seguir mellorando o formato e o contido do blog. Aceptamos calquer suxerencia para elo. Unha aperta a todos os que se acercan a este espacio na rede.
Me lo llevo!!!
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/06/24/0003_8570162.htm
Publicar un comentario