1 jun 2010

Crise e concertos

Alguns pensan que o social imponse ao festivo. Ese o o principal argumento exposto por o alcalde socialista da Coruña para xustificar a decisión de suprimir este ano o Noroeste Pop Rock. Un aforro que roldaría uns 700.000 euros. O Alcalde da Coruña puxo dous exemplos sobre o que supón esa cantidade de diñeiro: Co aforro do Noroeste Pop Rock pódese facer medio centro cívico ou multiplicar por tres as comidas que se lles dan ás persoas maiores. O rexedor asegurou que a medida se tomou con responsabilidade e que, de non facelo, a sociedade íallo a reprochar en momentos de crises. Pero aquí somos diferentes o noso Concello aínda non ten pechado nestes momentos o elenco definitivo de bandas participantes do festival Ortegal Rock, pero conta coa confirmación da asistencia do rockeiro madrileño Rosendo será o principal cantante do cartel desta sétima edición do festival. ¿Ti que opinas? ¿Nesta época de crise é mellor facer coma na Coruña ou coma en Cariño?

27 comentarios:

Anónimo dijo...

A comparación tamén clama ao ceo. Unha cidade é unha cidade.

Pra min é totalmente prescindible un festival, tendo unhas festas das angustias, do carme e de San Bartolo onde se podían incluir atraccións pra todos os gustos. Algúns parecelles importarlle ben pouco onde estamos e que estamos a facer cos cartos do contribuínte por que facer este tipo de eventos cando menos non ten necesidade, xa que este festival non significa ningún reclamo pra os turistas, si pra os supermercados que suministran o botellón.

Este festival organizao un goberno local que non dudou en montar chiringuitos onde se servían entre outras cousas bebidas alcólicas de toda graduación, non dubidou en usar as instalacións alleas coma o novo mercado municipal pra usalo de camerino pra os artistas e pra xente VIP con carné e non esta a dudar en facer propaganda nas web concello-socialistas cariñeses deste evento que organizan catro e que o pagamos todos ano tras ano.

Nas súas primeiras edicións contou coa figura dunha banda capitaneada por un rapaz afin, familiar dunha ex da lista que non dudaron dende o esceario vapulear con insultos e ameazas a otros con creencias e ideas políticas contrarias. Eu non dubido da calidade interpretativa dos rapaces cariñeses e incluso hai que apoialos no que se poida... agora ben, pagar cos teus impostos pra que te insulten ou ameacen non é éticamente aceptable. Nin decir más, de outras bandas que incluiron este talante no seu repertorio...

Eles crearon o neno e agora téñeno que manter... xa hai unha lexión que apoia este evento ¿quén se atreve agora a desmantelar isto?

Anónimo dijo...

O Pleno do venres
Domingo, 30 de Maio do 2010
Este venres pasado, 28 de maio, celebrouse o Pleno Ordinario no Concello, con dous asuntos importantes na Orde do Día: a reclamación do servicio diario de pediatría e a aprobación do presuposto municipal.



No que atinxe ó primeiro destes asuntos, o Pleno aprobou por unanimidade apoiar a reclamación das nais e trasladar ó Sergas a súa demanda.



O presuposto municipal aprobouse co voto favorable dos grupos municipais do PSOE e BNG. O grupo municipal do PP voltou a amosar o seu absoluto descoñecemento da dinámica presupostaria municipal. A súa única proposta foi criticar o elevado número de personal en nómina que ten o Concello de Cariño.



Pola nosa parte, consideramos que o personal actual do Concello é necesario para prestar axeitadamente os servicios que a cidadanía necesita e podemos demostrar que o custe das súas nóminas é perfectamente asumible na situación contable actual. Celebramos que o Concello sexa, a día de hoxe, unha das principais fontes de emprego para a cidadanía cariñesa. E seguiremos xestionando para incrementar a dotación de personal nos servicios que aínda o precisan.

FONTE: Web PSdeG PSOE de Cariño

Anónimo dijo...

1º. E cando menos curioso que non só se recoñeza o "elevado número de nominas" do concello senón que se presuma diso. Ainda moitos lembran dos panfletos que o partido do señor Armada botaba polas portas d e Cariño denunciando o "caciquismo", "clientelismo", etc, etc,... pola escesiva, naquel tempo él na oposición, contratación municipal. ¿Cómo cambian os tempos pra algúns verdade? Pra outros non, porque algúns sabemos que pra o ano que ven hai elecións municipais e, de perdidos... ao rio cheirón.

2º. Aparte de recoñecer que non se tomarán medida algunha de austeridade desafía aos demais. Estes señores pensan que xestionar o concello e como levar unha ONG. Si contratar contratades... a os mesmos. Agardo que proben a sostenibilidade desta situción. Cabe lembrar, o Artal, A piscina, as instalación municipais as actuais e as de próxima construcción. Os señores socialistas de Cariño caracterízanse polas mentiras que verten aos cidadáns, por exemplo proclamando as inminentes obras de construcción do polígono industrial.

Ultimo. "E seguiremos xestionando para incrementar a dotación de personal nos servicios que aínda o precisan". Estes están tolos. ¿Cara onde imos con eses señores?

Anónimo dijo...

Seguimos sin saber o coste real dos nosos mandatarios.

O feito de que non rebaixen nada das suas nóminas, ¿significa que xa é pouco o que cobran , é así?.

operaciones de endeudamiento dijo...

En el Correo Gallego del jueves 1 de octubre de 2009

AYUDA DEL ESTADO. Las entidades locales en números rojos al cierre de 2008, concertaron operaciones por más de 25 millones.-

El Gobierno central autorizó a un total de 34 concellos gallegos a realizar operaciones de endeudamiento para financiar su déficit de tesorería, esto es, con saldo negativo al cierre de la cuenta de 2008, incluyendo las facturas pendientes de pago con empresas y autónomos.

...las operaciones de endeudamiento bancario que se han aprobado debían tener un plazo máximo de amortización de 6 años, con posibilidad de 1 ó 2 de carencia...

Cariño,- 600.000 euros

Anónimo dijo...

Por si algún non entende iso de Cariño.- 600.000 euros, son os euros que ten que devolver ao Goberno central nese plazo. Non son cartos regalados a fondo perdido.Estos do bipartito cariñes deben creer que o pobo e coma eles, o que pasa é que o pobo está hasta os collóns de escoitar tantas mentiras e non ver nada feito. Van pasar oito anos e o único que está rico e pasea en yate é o alcalde, e o seu socio Manuel Varela Loureiro (BNG) caladiño e sacando placas con poemasao árbol.

Anónimo dijo...

A discusión que plantexa os Aguillóns (é dicir, o PP de Cariño) é lexítima, pero farían ben en extendela máis alá do seu pobo e mentar casos do seu propio partido: ¿suprimimos o Mundo Celta?, ¿cargámonos o Xacobeo?, ¿paralizamos a Cidade da Cultura? A crise é global, tamén afecta á Xunta e a outros concellos.

¿Qué diferencia haberá entre colocar as actuacións nun festival ou colalas no medio das festas?, ¿custan o mesmo, ou non?

Chama a atención, ademais, que sempre vexan o custe das cousas pero nunca os beneficios que aportan. É certo que o Artal ten uns custes, pero as persoas que viaxan nel pagan a tasa, algunhas comen ou cean en Cariño, outras consumen nos bares, outras quedan a durmir... Cousas parecidas poderían dicirse do Ortegal Rock. A xente que vén veranear a Cariño, que merca segunda vivenda aquí, que pasa uns días nun establecemento hoteleiro... faino seguramente por diversas razóns, entre elas unha oferta de ocio que se constrúe con distintos ingredientes, entre eles os citados. Por iso estas cousas non hai que valoralas só polo que custan, senón tamén polo que reportan. É a mesma filosofía que aplican gobernos do PP a, salvando as distancias, cousas como o Xacobeo ou a Cidade da Cultura. Xa vemos que o PP cariñés non o ve deste xeito. Con esa perspicacia, é fácil entender cómo lle vai á Cofradía...

Por certo, o concello da Coruña xa anunciou que da marcha atrais na decisión de suprimir o Noroeste Pop Rock. E o propio Carlos Negreira, voceiro do PP local, defende a necesidade de manter o festival. Informarse un pouco mellor nunca está de máis:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/06/01/00031275406571173488233.htm

Anónimo dijo...

Imos con outro tema. Un por aquí arriba, despois dunha mensaxe de copia-pega cun texto tomado da web do PSOE cariñés, dinos dúas cousas: “1º. E cando menos curioso que non só se recoñeza o "elevado número de nominas" do concello senón que se presuma diso”; “2º. Aparte de recoñecer que non se tomarán medida algunha de austeridade desafía aos demais”.

Saber ler correctamente tamén soe ser boa cousa. Eu non vexo que o texto do PSOE afirme nada disto. En primeiro lugar, non “recoñece o elevado número de nóminas”, senón que, simplemente, dá a entender que ese persoal en nómina é necesario. En segundo lugar, o texto do PSOE tampouco “recoñece”, en ningún lado, “que non se tomarán medida algunha de austeridade”. Repito: ler un pouco mellor, e entender axeitadamente o que se le, é boa cousa.

Por outro lado, cando os comentaristas peperos que pululan por aquí nos falan do moitísimo persoal que ten en nómina o concello de Cariño, non estaría de máis que demostrasen axeitadamente esa “excesividade”. Por exemplo, ofrecendo comparativas con outros concellos similares, comparativas con anteriores gobernos municipais do PP ou, incluso, dicindo qué nóminas sobran e qué persoal recurtarían. E tamén, de paso, poden aconsellar ó seu camarada Baltar sobre recurtes en gastos de persoal, que seguramente llo agradece. Esbardallar é gratis. Argumentar con seriedade soe requerir un esforzo algo superior.

Anónimo dijo...

¿Canto se podria aforrar non facendo o festival rock?

Por certo na Coruña son os do BNG os que queren sguir gastando no festival ese, ¿que opina o BNG de Cariño? ¿tambén estan por dar cartos galegos os artistas de Madrid?

Anónimo dijo...

Aqui somos ricos rapaz, temos para aulas do mar, concertos, piscinas climatizadas, soldos de funcionarios, de politicos, cartos para todos menos para os que os necesitan.
Por certo o Rosendo ese xa non vende nin entre os de 80 anos, non seria mellor buscar xente xoven e daqui.

Anónimo dijo...

Esto é tongo, levo escrito máis veces e os escritos ou perdense ou pasan por censura. Qué pasa? Hai medo?.

Anónimo dijo...

Nesta é poca de crise, quizáis é cando máis contas se deben rendir, e non me refiro a que se perdan obxectivos consolidados como o festival rock, que atrae xente e dáse a coñecer o pobo.
Refírome a que xa se leva anos montando chiringo por parte do Concello e amigos ou colaboradores.
Non sei si se dan contas en pleno do que se gasta e os ingresos que se xeneran.
Non sei por qué non se da unha concesión ou duas por subasta, para a explotación legal dos chiringos.
Non sei si eses colaboradores cobran ou non.
Non sei si o que fan é legal, si se pagan os impostos de autónomos e se hai seguros legais.
Non sei por qué eses colaboradores non son os mesmos que limpan a desfeita da noite.
Non sei por qué non se contratan unidades móviles de WC, xa que importa tanto o civismo e a limpeza do pobo.
En definitiva unha vez máis imos ver como se saltan á toreira todos os trámites legais, neste caso un concello que debería practicar có exemplo.

Anónimo dijo...

A ver si anda algún enterado por aquí, e nos pode dicir si é certo que o noso alcalde cobra bastante máis que o de Ferrol en proporción ao número de habitantes.

Un saudo para o informante.

Anónimo dijo...

JAJAJAJAJA.... Hai que saber ler naturalmente!!! pero se non se sabe sacar nada do escrito mellor que se lean as ilustracións!. Estes deben pensar que somos analfabetos funcionais e que estamos todo o día lendo o diario "Púvico" ou "PNNplus" e un longo e extenso etcétera. Pra entrar en estudios tes que dominar o que se denomina... "Comentario de texto". Eu intento sacar conclusións... o que queren estes señores é que se lles dea a razón antes de falar e por ahí si que eu non paso... asi me chamedes pepero ou ostias benditas.

Pero seguindo os teus conselloa lendo axeitadamente a ver que sacamos. De bo rollo e para que o comprendas ben.

1º("A súa única proposta foi criticar o elevado número de personal en nómina que ten o Concello de Cariño"...).

SI Recoñeceno e estan orgullosos diso, senón dirían "elevado número según o PP de Cariño".

2º("e podemos demostrar que o custe das súas nóminas é perfectamente asumible na situación contable actual. Celebramos que o Concello sexa, a día de hoxe, unha das principais fontes de emprego para a cidadanía cariñesa. E seguiremos xestionando para incrementar a dotación de personal nos servicios que aínda o precisan.)

Non tomaran medida algunha de austeridade e "traballarán" pra dotar máis de persoal...

LIN AXEITADAMENTE?

O que pasa que xa unha temprada levades perdendo os estribos... os que copiades e pegades sodes vos poñendo as novidades do gürtel, vos que sodes a corupción cum laude... en fin.


No fondo tes razón, coa vosa humildade que vos caracteriza aconsellades "LER AXEITADAMENTE", pois si coma os lemas das pancartas electorais de Zapatero que adornaron un mes Cariño, como dicían.... Ah si oh!: POR EL PLENO EMPLEO VOTA CON TODAS TUS FUERZAS. Tes razón hai que ler axeitadamente, supoño que querían dicir POLO PLENO DESEMPREGO. Ainda non sei onde sacades a chulería. O voso paso polas administracións IMOLO A LEMBRAR DURANTES DÉCADAS. Sen dúbida! e oxala fose pra ben.

Anónimo dijo...

¡¡¡¡ PLAS,PLAS ,PLAS !!!!

Anónimo dijo...

Mirade unha cousa... ¿Cómo vai facer Cariño pra manter unha piscina municipal?

¿Acaso non fomos(non sei, xa da reparo dicilo se non miramos nin os escritos)testigos nestes case vinte anos de mandatos do señor Armada o estado deplorable das instalacións deportivas municipais?. ¿Como teran cando pasen os meses esa instalación? Lembrar que esas instalacións necesitan un coidado especial: mantemento, limpeza continua, persoal especial, etc... etc...¿Acaso estamos perdendo o xuízo?

Os funcionarios non lles importa o devenir deste concello... eles cobrarán cada mes e coas súas duas pagas extraordinarias e demáis complementos... ¿Se o concello se vai ao tacho? Eles seguirán a traballar noutra administración.

¿Quen ten que ser o primeiro en cundir o exemplo? O señor alcalde... o señor alcalde cobra 2.300 euros limpos ao mes, poida que teña que facer algo parecido ao que xa fan noutros concellos. Vivir da politica nun concello como o de Cariño estase a poñer inviable.

Xa non son poucos os que xa compaxinan unha profesión coa alcaldía ou con outro posto na administración sen cobrar o que se está a cobrar normalmente en este tipo de administracións.

Eu lembro que este grupo de goberno puxera etodolos sitios carteis da clase maxistral do alcalde de Xetafe e actual presidente da Federación Española de Municipios y Provincias. Este persoaxe viñanos dicindo como gran socialista progresista que é e que presume de selo... e que chama aos tacha do PP "gilipollas"... todo un exemplo de talante, de educación, de respeto e de demócrata. Ese home chamase Pedro Castro, tiña unha tese moi simple a que aplican os señores socialistas... A de despilfarrar como naide e se piden cartos gastalos tamén noutras cousas... E así nos vai.

Xa fai moito tempo que se lle advertiu aos socialistas que sempre é mellor ter as conta saneadas polo que poida pasar pero....

Algúns siguen sen entendelo.

Anónimo dijo...

Este blog é a javiota dos Aguillóns!!

Anónimo dijo...

Hoxe no correo galego:
El Concello de Ordes trabaja todavía en la elaboración de los presupuestos municipales para este año. En esta ocasión se aplicará una política de austeridad que obligará al gobierno local a recortar algunas de las iniciativas puestas en marcha otros años. Así, desaparecerá el Festival de la Canción, una cita para intérpretes noveles que se había afianzado en el municipio en la última década.

Asimismo, se anuncia ya que los recortes afectarán también a la celebración del Día de las Fuerzas Armadas, que estos años había llevado al municipio a efectivos del ejército para demostraciones públicas. Finalmente, las fiestas no tendrán conciertos: sólo orquestas.

Anónimo dijo...

Ayer en una emisora de radio francesa el ex presidenta Aznar ha dicho que seria bueno para el pais la inmediata dimision del presidente Zapatero , se acuerdan ustedes que fue el el que ocultaba los verdaderos culpables del atentado en Madrid con intencion de beneficiarse politicamente , fue el quien en el desastre del Prestige lo mas ceca que estuvo del chapapote ha sido en la capitania de nuestra ciudad herculina , en mi opinion lo que deberia hacer el PP es decirle al ex presidente < por que no se calla> estamos atravesando un temporal a nivel Europeo no solo en nuestro pais , es mejor llevar la nave a puerto seguro y luego en su hora si la mayoria de los marineros no estan de acuerdo con el patron se elige otro , lo que no se puede pedir es que salte por la borda en mitad de la tormenta , el pais esta por encima de los intereses de cualquier partido .

Anónimo dijo...

O temporal económico que azota Europa transformouse en furacán ao chegar a España. Éste furacán chamado " PSOE-Zapatero " vainos deixar España máis arrasada que o deserto do Sahara. Que lle pregunten aos cinco millóns de parados que temos, doblamos a calquer país europeo.

Non lle dar máis voltas o asunto intentando buscar culpables no crematorio político. ¿ Quen foi o que dixo, que si rectificar é de sabios, rectificar todos os días é de necios ?. ¿ A quén iban dirixidas ?.

Anónimo dijo...

Por min que cerren o Ortegalrock, non me gustaba antes, non me gusta agora e non me gustara nunca, e os cartos son mais necesarios que nunca.

Mal andamos, mal acabamos dijo...

Grecia,no se anduvo por las ramas y decidió aplicar un ajuste administrativo sin precedentes en el ámbito local, de plumazo redujo a un tercio la cifra de ayuntamientos, pasando de 1.034 a 355, de manera que con la desaparición de 679 ayuntamientos decenas de miles de políticos tuvieron que dejar su sillón. En España el modelo de ajuste de Grecia está siendo analizado muy de cerca. En el país heleno, los municipios de menos de 10.000 habitantes no pasaron el corte. De aplicarse el mismo rasero en España, sólo sobrevivirían 57 concellos en Galicia, los que superan esa población. El resto (hasta completar los 315 actuales, es decir, 258) se verían abocados inexcusablemente a la fusión.

Anónimo dijo...

Temos un goberno que non se entera, ou non quer enterarse.

Agora é o Banco Mundial o que nos dí que a situación de España é moi grave. É este goberno, como ten por costume, sigue rectificando o que dí un día ao día siguente. O último día para chegar a un acordo na reforma laboral era hoxe, agora xa veñen dicindo que se amplia ao domingo.

¡¡Que políticos máis pobriños temos ao fronte do goberno !!

Anónimo dijo...

Que veña Rosendo, que cante, que nos faiga mover os osos (eses que temos anquilosados co tempo )que nos diga, xa ao final do concerto "prometo estarche agradecido". Son maneiras de vivir.
A mín si que me gusta o Ortegal rock.

Anónimo dijo...

Maneras de vivir, floxos de pantalóns e de cartos.

Anónimo dijo...

Vaia cheiro que hay enfrente do Banesto insoportable.
A ver que fai Don Luis como maximo responsable dos seus "traballadores".

Anónimo dijo...

Don Luis coma sempre; naaaaaaadaaaaaaaa....