23 may 2010

As voltas da vida e a memoria colectiva

"La vida enseña y hay que pasar página y dejar atrás muchas cosas, también el rencor. Lo peor que recuerdo fue que, siendo pequeña, fuimos detrás de un chico al que daban por muerto y una mujer me preguntó qué hacía yo allí, que si mi padre apareciese por Cariño, todos irían detrás de él también", rescata Marina da sua memoria, no diario A Opinión. Marina e a filla maior, de Ángel Rodríguez López, Cariño López, aquel mariñero republicano e cenetista que formou parte de “La Nueve”. O homejaxe chega tarde, sólo vale para ela e para os seus fillos e para seus irmans, pero para eles é mais que suficiente para restituir a dignidade do seu antepasado. O remate da nosa veciña no xornal é dos que fan historia e que obliga a reflexión de todos nos: "Primero me llamaban hija de escapado y de rojo y, ahora, en Cariño, hay quien no me habla porque piensa que soy del PP". Nesta frase comprendese as voltas que da a vida e do cercenada que está a memoria colectiva.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

La mar micoma estades como chotas

Anónimo dijo...

http://www.anosaterra.org/nova/45847/homenaxe-aos-galegos-que-liberaron-paris-dos-nazis.html

Anónimo dijo...

En Cariño os extremos acabanse por xuntar... unha boa mostra.

Anónimo dijo...

Indo a outro tema, unha pregunta:

¿Que vai ser dos concellos pequenos que dependen totalmente do estado coma o noso?
¿Oichedes onte e mais hoxe a Pedro Castro, si es que veu ar charlas a Cariño sobre como empeñar ao estado e quedarse tan anchos?¿Porque onte falouse de pechar o grifo aos concellos e hoxe prorrogan ata o 2011?¿Que esta pasando?¿Cando a xente espertará e pedirá responsabilidades ao goberno de Zetaparo?
¿Cara onde imos?

Anónimo dijo...

Cando as barbas do veciño vexas cortar, pon as tuas a remollar.

¿ Será contaxiosa a decisión tomada polo alcalde de Cedeira de quitarse todo o soldo?.

O noso alcalde Armada, creo que xa está vacunado contra este tipo de virus, chamado tamén, altruismo político.

SESTA BIPARTITA dijo...

Quero facer un chamamento a dignidade de todolos cariñeses e cariñesas.

Cada día a situación económica do país esta máis preocupante agravada pola dirección improvisada dun goberno desnortado que recibe continuas intervencións da UE e outras grandes economías internacionais asi como os diversos organismos económicos, etc, etc...

Isto fómolo contemplando ao longo desta tempada de crisis pero agora interesanos e debe interesarnos máis ca nunca por unha sinxela razón: O punto de mira do goberno mira agora pra os ayuntamientos e Comunidades Autónomas.

Despois de dous longos anos de agonía económica e cegueira gobernamental é hora de dicir que moitos xa estamos fartos da incompetencia e falta de compromiso co país e os seus cidadáns por parte dos dirixentes do PSOE e os seus socios políticos.

Lonxe de facer un pacto de estado pola economía, de incentivar con compromiso de estado, políticas de austeridade económica, dende o comezo, coa máxima eficacia e participación política, tal vez, non esteamos nesta situación case límite do noso estado de bienestar.

Repito, os concellos que dependemos do estado pra o noso desemvolvemento estamos en serio perigo... agora agravado pola inquedanza que dan os anuncios improvisados do goberno do PSOE. A cidadanía ten que reacionar.

Esta situación xa non é impasible na xestión dos demáis concellos da comarca... É máis, nestas últimas datas estanse poñendo máns á obra. A austeridade, ten que ser o comezo das medidas que irán despois: as máis dolorosas e impopulares que traerán consecuencias nefastas nas urnas pra os dirixentes que as decidan facer polo ben do seu concello e administración local. Xa vimos de contemplar en diversos medios de comunicación disto que estou a falar.

En datas inminentes, SEGÚN ME ENTEREI E INTERESEI daráse lugar no CONCELLO de Cariño unha COMISION ESPECIAL DE CONTAS. Quero que sepades que mentres os soldos dos funcionarios e dos alcaldes e grupos de goberno da nosa comarca estan xa... están a piques ou teñen a intención de: aplicar axustes nos soldos, aplicando austeridade e alixerando os costes nas administracións locais.... O CONCELLO DE CARIÑO, O GRUPO DE GOBERNO CO SEÑOR ALCADE Á CABEZA... NESTES TEMPOS QUE ESTAN A CORRER... TEN INTENCIÓN DE APROBAR UNHA CONTAS QUE SON DE ESCARNIO PRA OS CIDADÁNS. OS SOLDOS QUE SE ESTAN A TRABALLAR SON IMPROPIOS PRA UN CONELLO DE POUCO MÁIS DE 4.000 HABITANTES. Non só NON ten pensado recortar salarios, nin tomar medida algunha de austeridade... senón de subirlle ainda máis os soldos aos funcionarios e administrativos que máis cobran... incluído él mesmo.

Se queres proximamente esplicitarei aqui, nesta web local ou donde sexa os números que evidencian o que está acontecendo co noso concello...

SESTA BIPARTITA dijo...

.....


Pero ademais é conveniente salientar que o estado recortara o endeudamento os concellos. Xa non son poucos que afirman con total imparcialidade que a nova piscina é un proxecto totalmente inviable pra o noso concello. Si xa o era en tempo de bonanza...sobre todo neste contexto de crise no que gracias a este e outros proxectos do señor Armada o empobrecemento deste concello seguirá, se naide non o remedia, un proceso irreversible.

Xa sei o que estades pensando... ¿E as placas solares que xerarías 50.000 euros anuais? Consultados xa varios especialistas na materia ISTO É UNHA MENTIRA MISERABLE. A climatoloxía do noso concello confirma a total deficiencia productiva de estes paneis solares que levaron unha inversión de case 1 MILLÓN DE EUROS contando cos dispositivoc de vixiancia, etc...

Por is, fago unha chamada a cidadanía... Por favor, tendes que reaccionar.... cando menos invítovos a que vos interesedes da política e sobre todo das formas de facer política tan interesadas coma insolidarias cos tempos que corren no noso concello. Tamén un chamamento aos votantes e representantes do BNG, si señores, teñen que parar isto, os vosos votos son a chave pra que esta política e toma de decisión insolidarias, irresponsable e carentes de compromiso cos cidadáns siga adiante.

Por favor, veciños e veciñas... ¡REACCIONEN E COMPROMETANSE ACTIVAMENTE COA NOSA POLITICA LOCAL! polos tempos que corren asi o precisa....

Anónimo dijo...

Esperemos que os salvapatrias do PP de Cariño non actuen como xa é habitual aló onde gobernan pois decisións dos seus cargos permitiron transferir 75 millóns de euros das arcas públicas aos petos de una red mafiosa das que hai probas sólidas de financiación ilegal do partido en tres comunidades.
Agora falan de "austeridade" mentras otorgan a dedo 20 millóns en contratos a amigos , familiares e compañeiros de partido.
entre eles as adxudicacións á empresa na que é directiva a sobriña de Romay Becaría e o plan de medios do Xacobeo ou a concesión de leite Pascual en Outeiro de Rei, ou os 4 millóns de euros en partidas varias á La Voz de Galicia polos servizos prestados. Vaia tropa estes reparten o erario público nos seus e a dedo!.
Porque viría senón a abrazarse o Presidente de Iberdrola con Feijoo o dia despois de gañar a elección autonómicas??

Anónimo dijo...

Señores socialistas adiquense a gobernar que para iso lles pagan e deixen aos xuices facer o seu traballo...

Estan dsesperados, meus pobres.

Anónimo dijo...

¿ Por qué cando se fala dun problema local, sempre temos a pobre costume de ir a buscar comparacións fora de portas ?.

Eu paseo en yate dijo...

Non deixes de poñer o que nos costa aos contribuíntes pagar o soldo do Sr Armada, incluídos os gastos da Seguridade Social: gastos de protocolo, dietas e kilometraxe. Nos tempos que corren teñen a obligación de dar exemplo. O representante do BNG no concello, está na obriga de esixirlle austeridade; hasta agora o que se lle ve é un despliegue e unha vida por todo o alto. Unha ofensa prá o pobo, ca xuventude no paro e moitas familias pasandoo mal.

Anónimo dijo...

O que nos ven de riba do lombo con estes recortes aprovados hoxe no Congreso.

A ver o que se vai notar nos recortes salariais ao persoal do Concello.( Corrixome ) quixen dicir os recortes que vai asumir o noso alcalde Armada eo seu socio de goberno o señor Varela. Supoño que serán éles os primeiros que darán exemplo de como hai que apretarse o cinturón, coa sorte prá éles que os seus cinturóns teñen moitos furados e van a notar bastante menos o ter que axustalos.

Aproveito prá pedirlle a este que está tan ben informado, que non deixe de ternos o día de como andan as nóminas polo Concello, e tamén das suas pretensións. Son empleados públicos todos éles ¿ non sí?.

SESTA BIPARTITA dijo...

Un adianto...

¿Sabedes cantos traballadores vai ter en nómina o concello de Cariño este ano contando coa piscina municipal?

A resposta son: máis de ¡106 traballadores!

A deuda cos bancos: Deuda a longo prazo, o concello debe máis de 800.000 euros.

A partir do 2011..(Cruzamolos dedos pra que non sexa dende mañá) deixan de endeudare os concellos, vamos que o goberno central corta o grifo... Unicamente disporemos das subvencións... ¿Como faremos fronte as deudas? Seguramente subindo drástica e inxustamente os impostos aos cidadáns...Isto é máis grave do que creedes... Veñen tempos jodidos.

Pode que se teña que acabar iso de vivir unicamente da política se se quere subsistir... Hai que soltar lastre.

Invítovos a falar cos vosos representantes e que tomen cartas no asunto. Xa nada volverá a selo mesmo a espensas dunha milagre.

Anónimo dijo...

O Parlamento griego reduceu os concellos de 1034 a 355 pra aforrar cartos. Non queren concellos de menos de 10.000 habitantes por ser éstes moi costosos.

Si isto é contaxioso, vamos ter que retornar aos nosos oríxenes é volver a pasar pola Pedra os de Cariño pra ir a Casa do Concello.

Zapatero, Zapatero, canto nos fas sufrir, é os que non saben vivir de outra cousa, non che quero dicir.

Dade unha volta no Museo do Mar dijo...

Non vos olvidedes de poñer o que cobra o técnico electricista do concello. Nos tempos que corren a trasparencia e imprescincible e recortar gastos fundamental.

Anónimo dijo...

Poñerase en coñecemento da cidadanía as contas do concello... pero se queredes comprobalas in situ... tedes unha cita:

HOXE VENRES 28 DE MAIO SESION PLENARIA NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO. HORA 20:30 DO SERÁN.

Na orede do día constará a petición á Xunta do pediatra e tamén tratarase a aprobación se procede dos orzamentos do ano 2010.

Anónimo dijo...

D Luis non baixa nin un euro o seu soldo pobriño co que traballa ese home...

Anónimo dijo...

Xa está todo dito, os gobernos de ezquerdas son especialistas en arruinar o país.

Que non busquen culpables onde non hai, éles soiños sin axudas de ninguén superan ao cabalo de Atila con creces.