13 abr. 2010

Para votar unha man...

Nos piden dende Bretema no Ortegal que votemos todos unha man na identificación dos alumnos da Escola Nacional Maritima de Cariño, anos 1945-1956. Con un pouco de sorte podemos apuntar algúns nomes, animaros a eso. Nos comentarios apuntade o nome do reconocido e o seu número na foto. Esto pode ser un bon exercicio de recuperar a memoria.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

O 4 e se non me equivoco Toñito do Garepo, e non me equivoco.

BNO dijo...

Si que es Toñito do Garepo , tienes en nuestra web la lista con los nombres de los identificados y con los que faltan... para completar la lista , como veo que puedes ser de ayuda , te invito a entrar en la web y dejar una firma en el caso de que reconozcas a alguien más.

Gracias

Anónimo dijo...

Eu non vexo a nadie.

Anónimo dijo...

si yo conozco a jose moar jejejejeje.

Anónimo dijo...

Si se fixera unha copia, e se puxera nos bares, a maioría recoñeceríase, si aínda viven.

Anónimo dijo...

Levade unha foto ó bar dos vellos, e outra polo muelle e xa veredes como empezan a coñecerse todos.

Anónimo dijo...

Levade unha foto ó bar dos vellos, e outra polo muelle e xa veredes como empezan a coñecerse todos.

Anónimo dijo...

cambia o tema que este non interesa

Anónimo dijo...

xa empezamos...

Cabaleiro dijo...

Saudos,

Hai tempo que non facemos ningún anuncio aquí, pero hai novedades. Como sorpresa de última hora, acabo de recibir persoalmente a chamada dos cataláns do xeriátrico da Pedra, botando as pestes por exhibir o seu "negocio" no blog.
Os detalles, coma sempre:

http://caciquesdapedra.blogspot.com/2010/04/proteccion-de-datos.html

Por certo, dixeron que estaban por Cariño. ¿Houbo alguén que os vira?

Anónimo dijo...

A semana pasada vin dous homes un cativo e outro máis maior falando catalán... estiveron dous ou tres dias por aqui e tiñan bastantes ocupacións... probablemente están preparando algo ou buscaban a alguén.... Ordenador portátil e móvil en man...

Esconder o que se di esconder... non se esconden...

Anónimo dijo...

O Concello acordou en pleno adxudicar de xeito provisional por concurso con procedemento aberto o contrato de suministro de gas para a piscina á empresa Repsol Butano por un importe de 95.004 euros.

-----

Agora preguntome... ¿Esta decisión corresponde a qué criterios?Os cales...¿Son escrupulosamente obxectivos?¿Por qué a esta empresa?¿Non é unha empresa no que traballan familiares de membros do grupo de goberno?

------

¿Veciños/as, non queredes saber o que fai este goberno cos cartos do contrubuínte?

Anónimo dijo...

Xa que estás tamben informado, non deixes de seguir informandonos.

Supoño que todos os veciños sin excepción, queremos saber a onde van parar os cartos dos nosos impostos, e máis si por riba, utilizanse para enchufismos de xente que teña que ver co grupo de goberno, como xa hai algún caso.

¿Como se podería chamar a este tipo de actuacións por parte do goberno municipal?.

Anónimo dijo...

Esta oticia, curiosamente non está na web do concello, pero si na web socialista cariñesa...¿Por qué será?

E engado algo... non perdadela pista de quen van designar instalador de paneis solares...

Anónimo dijo...

Os paneis solares non eran pra quenta-la auga da piscina.

Anónimo dijo...

Cando un le mensaxes coma os Anónimos de enriba, non sabe se o autor é ignorante, calumniador ou ambas cousas. Dende logo, se actúa igual en tódalas facetas da súa vida, é digno de tristeza e compaixón.

En primeiro lugar, a propia noticia especifica que a concesión faise "por concurso con procedemento aberto". É dicir, nunha convocatoria pública e con tódalas garantías legais. Se alguén ten a máis mínima sospeita de que se produce un procedemento irregular, non ten máis que denuncialo onde procede.

En canto a que nesa empresa (Repsol Butano) traballan familiares do grupo de goberno... gostaríame que os especificases. Eu, dende logo, se fose membro do grupo de goberno xa tería presentada a correspondente denuncia por difamación.

En relación á mensaxe de máis abaixo, non sei qué "instalador de paneis solares vai ser designado". Que eu saiba, os paneis solares xa están colocados, e fíxoo unha empresa, non un "instalador designado".

O dito: ignorantes, difamadores... ou as dúas cousas.

Anónimo dijo...

Punto 1. Quen designa a empresa é o pleno e RESALTO O CARÁCTER PROVISIONAL. E aquí, polo menos o que expoñe este asunto, só se esta a cuestionar. ¿Por que se cuestiona? existe a relación parental.

Punto 2. ¿Pra que queres que se denuncie? ¿Pra que os señores do grupo de goberno usen os cartos públicos por enésima vez pra defender a SÚAS ACCIÓNS PERSOAIS?¿Cabe recordar que esta xudicializando a política municipal deste concello?.

Punto 3. O único que quero é que os veciños esixan transparencia. Se o goberno non ten nada que temer neste aspecto... Non deberían preocuparlle, nese caso, esta supostas especulacións. Agora si, motivos hai de sobra pra dudar deste goberno. Aparte da clara relación parental neste asunto... Só lembrar(por decir unha) as obras que se fixeron na finca privada dunha ex- da lista do PSOE de Armada... Neste caso foron moitos os testigos e as fotos que o evidencian.


Non vos alporicedes antes de tempo... que é un mal sinal. E denunciame se tes collons chamas ao teu ingeniero informatico que vos diseña todo e asi dades conmigo... pero naide acusou a naide... simplemente quero que os veciños se interesen das xestións municipais.

Anónimo dijo...

CURSO DE MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS EN CARIÑO

Fonte:Concello de Cariño

Ignorante seralo ti. Paparda.

Anónimo dijo...

Temos un goberno da nación coa cara máis dura que a madeira de carballo.

O INE, confirma que a tasa de paro elevouse ao 20,05%. "Oficialmente" xa rondamos as portas dos cinco millóns de parados, é éste goberno sigue sin querer enterarse.

A última ocurrencia da Ministra Elena Salgado, foi hoxe a mañán, dicíndonos que a pesar destes datos, o número de parados vai indo a menos.

Pero cando se decatarán de que xa non queda xente para aumentar máis o paro.

¿ Que é o que pretenden? que mañá día da festa do "traballador", sexa o país enteiro o que saia a calle en vez dos "sindicatos titiriteros" que o único que fan é aplaudir todas as ocurrencias deste goberno desnortado.