27 nov. 2009

Informe do PP sobre a VAC da costa

Pasaronnos un informe do PP de Cariño sobre a VAC. Nos din que o PP de Cariño non irá facer paripés, con outras formacións da comarca. Amosarálle ao presidente da Xunta que axilice o antes posible a execución dunha vía vital pra o noso futuro. "Sen mentirlle a xente e sen caciquismo rancio do que fixo gala o bipartito con respecto a este tema tan importante para a comarca". O informe interno do PP di que a Consellería de Política Territorial, entón dirixida por Núñez Feijóo, deixara listo en agosto de 2005 (momento do traspaso de poderes co bipartito) o estudo informativo e de impacto ambiental de todos os tramos entre Ferrol e San Cibrao, e en redacción de proxecto os tramos seguintes: San Sadurniño – Campo do Hospital, Variante de Ortigueira, Celeiro-San Cibrao. O departamento dirixido por María Xosé Caride tan só avanzou nos dous tramos que agora se atopan en obras (variante de Ortigueira e Celeiro-San Cibrao), que supoñen tan só o 27% de todo o trazado. A actual Xunta atopou o resto dos tramos practicamente na mesma situación que en 2005:
• San Sadurniño-Campo do Hospital: en redacción de proxecto e co contrato suspendido dende agosto de 2008
• Campo do Hospital – AC 101: En redacción de proxecto e co contrato suspendido dende xuño de 2008
• Espasante – Os Ramos: en redacción de proxecto
• Os Ramos – Covas: en redacción de proxecto e co contrato suspendido dende novembro de 2008
• Covas-Celeiro: en redacción de proxecto
En relación os Orzamentos da Xunta para 2010, neste informe fan referencia a que para estudos, proxectos e obras do Treito Autonómico Ferrol-San Cibrao (Provincia de A Coruña) no 2009 foron 6.763.067 e no 2010 serán 9.827.949, o incremento se non facemos mal as contas e de 3.064.882 45%. Para expropiacions na VAC FERROL-SAN CIBRAO (PROVINCIA DE A CORUÑA) no 2009 foron 1.500.000, e no 2010 serán 1.915.268 , incrementándose 415.268 28%.

12 comentarios:

dan noxo dijo...

Foron todos a Cerdido, menos os do PP de Cariño, a que carallo vai a ir si non sabe nin leer , nin abrir a boca, dades noxo.O fillo do que lle mira o cú as galiñas máis algún máis van a medrar eles, e trepar. Cariño ao pedo

Anónimo dijo...

canta razon tes compañeiro.

Anónimo dijo...

O veneno sociata volve a rexurdir cos seus insultos pra non perder a costume.

Sempre careceron de argumentos e refuxianse na demagoxia do insulto por ser o único que saben utilizar. Pobriños éles que non teñen de onde quitar máis, perdoalles Señor, que non saben o que fan e menos o que dín, sempre houbo de todo neste mundo e seguirá habendo para desgraza dos demáis.

Si sodes felices insultando, non vos cortedes, seguide descargando a vosa ira é o voso desencanto cos gobernos de ezquerdas que non saben como salir do atolladeiro. Xa esgotaron todo o abecedario bautizando tantos pláns de recuperación, que van a ter que ir o abecedario chino pra seguir mentindolle ao país como viñeron facendo hasta agora.

Os gobernos socialistas saben sobradamente que teñen xente que lles gosta alimentarse coas suas mentiras demagóxicas, por ser xente de pouco seso aos que poden contentar coas limosnas encubertas en axudas familiares ou subsidios aos parados facendolles ver que o problema de ir en camiño dos cinco millóns de parados, é unha circunstancia allea, arrastrada polos malos gobernos de outros paises.

Retornando ao encabezamento desta páxina, téñovos que dicir que tamén me sumo a esas reivindicacións feitas polos alcaldes da comarca esixindo a culminación das obras da VAC que tanto necesitamos, pra que as faigan o antes posible sin darlle tantas largas inxustificables.

Seamos xustos, é repartamos as culpas de esta tardanza por todos os gobernos que tivemos hasta agora, ningún deles queda libre de culpa.

Anónimo dijo...

xa estan os do pp a ladra ,eso sabenfacelo ben ,pero saben facer algo mais?

Pacucho queremoste con 300 votos dijo...

Hoxe no Vicedo estaba Pacucho do Metro e máis o Tarolo; ánimo que desta vez vamos ter a VAC, catro anos perdidos, pero con estes dous no Vicedo, todo arranxado e arreglado.

pra tanta mentira non fai falla informe. dijo...

Non falamos das inminentes obras de realización do poligono industrial previo COMINICOS MUNICIPAIS.

MENTIRAS Y GORDAS.

Anónimo dijo...

Vivir en Cariño que.................
Saude.

Anónimo dijo...

O texto do PP cariñés é bastante sibilino.No texto trátase de facer tonta á xente,o caso máis sangrante o derradeiro párrafo.Fálase dos presupostos da estrada na PROVINCIA DA CORUÑA,esquivando así a cuantiosa partida presupuestaria e adxudicación de varios millóns e euros que o bipartito consignou para o tramo Celeiro-S.Cibrao.Non conviña falar de toda a estrada,solo do cachiño que compensa.¿Por que?Pois porque este tramo de estrada foi adxudicada e aprobado polo bipartito en xaneiro e, dende xuño,o PP é incapaz de poñer ás máquinas no terreo.

Dinme fontes cercanas que na empresa están tirándose dos pelos.

Para os peperos cariñeses,deixovos un enlace para que aprendades polo menos dos do voso partido na comarca.Dende Cerdido,Ortigueira e Ferrol deixáronvos co cu ó aire.Lede:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/12/01/0003_8142915.htm

Hai que salir un pouquiño da casa.

Anónimo dijo...

Lee o Voz de hoxe 1 de decembre do 2009

Anónimo dijo...

Co cu o aire deixounos Touriño, cando nos veu visitar, no fixo falta sair da casa pra comprobar a vosa altura moral, ética...

pouca memoria temos carallo.

e depois volve a leer, a ver sa caes da burra, mexaron por nós... e fomos votar... e botamolos.

Anónimo dijo...

El despropósito energético de Zapatero nos subirá la luz un 30% en 4 años
La actuación del PSOE en las energías renovables desmiente lo que predica: ha paralizado el sector y las fábricas no tienen pedidos
 El gobierno socialista presume de apostar por la energía renovable, cuando su actuación ha plagado de expedientes de regulación de empleo a fabricantes e instaladores. La inversión se va a Estados Unidos. La incapacidad del Gobierno para regular adecuadamente el sector fotovoltaico, y el descontrol en las CCAA gobernadas por el PSOE, nos costará más de 700 M € al año durante los próximos 25 años. Una política energética inexistente, y con gestos sólo de cara a la galería, pretende cerrar instalaciones nucleares seguras, en oposición al resto del mundo desarrollado. La pérdida de control por España de gran parte del sector eléctrico dificulta el cumplimiento de criterios de seguridad de abastecimiento energético, como el mantenimiento y apoyo al carbón nacional.

Anónimo dijo...

Toma pelotazo urbanístico para los amiguetes:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/12/04/00031259929640226696330.htm