11 sept 2009

O Irmáns Landrove xa esta a flote

Ao redor das 13.30 logrouse virar o Irmáns Landrove, tras unhas tres horas de traballo. Durante a tarde se están realizando os labores de achique desde o interior do pesqueiro. Unha vez recuperada a estanqueidad, o Irmáns Landrove, será arrastrado por un remolcador a un novo destino, para proceder a seu estudo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A Xunta de Galicia acaba de colgar en internet o PDF do xa famoso e cacarexado por algúns, e criticado por outros, Plan Move. Pódese consultar eiquí:

http://www.xunta.es/periodico/180909PLAN%20MOVE.pdf

Algún iluso queixábase de que nos retrasaban a VAC da costa ata o ano 2015. Pois ben, ata o 2020, e con moita sorte, nada de nada.

Iso non o di o que escribe, remítovos ó documento da Xunta, páxina 3.

É o que hai.

Anónimo dijo...

Temos de novo o paranoico da VCA que nos remite a consultar certos documentos sin sequera o máis mínimo respecto co tema a tratar.

Non sigas co tratamento de automedicación que te perxudica. Pide rapidamente unha cita co teu psiquiatra e cóntalle as alucinacións polas que estás pasando, eso sí que é grave e non o que nos faigan a VAC para o 2015,2020 ou 2040. A saude é o primeiro.

Anónimo dijo...

Sí, sí. Debín de tolear ó ver que seguirei indo por este camiño de carros que temos polo menos 11 anos máis. Agora que arrancaba a cousa.

De tódolos xeitos agradézolle que se interese pola miña saude mental, é loable. Pero permítame poñer as cousas no seu xusto peso.

Prefiro pagar o prezo de tolear eu se finalmente a nosa comarca se desenrola a un ritmo xusto, e non a un ritmo inxusto. Ben paga a pena que obviemos o meu caso particular se con iso acadamos que non ninguneen ós nosos veciños ata o 2020. ¿Non cree?

O caso é que me temo que acabaremos moitos, moitísimos no psiquiatra.

Lembre: 2020. Se cumpren este prazo hoxe publicado POLA XUNTA, que veremos se incluso este cumpren, pode que vostede e máis eu xa vaiamos na Tortela e non cheguemos a desfrutala. Ogallá non sexa así.

Anónimo dijo...

O altruismo de este home non ten límites, vai haber que poñelo no santoral dos mártires co nome de "San VAC".

Ofrecer a sua saude mental por ver realizado os seus soños, non ten prezo, hai que recoñocerlle a valentía de non importarlle perder a sua saude, si con isto, os demáis chegamos a disfrutar antes do 2020 de tan necesaria infraestructura.

É de agradecer.

Anónimo dijo...

Será que os do Bipartito deixaron os proxectos e as obras contratadas e todo debidamente financiado nos presupostos.