8 sept 2009

ENVORCOU O IRMANS LANDROVE

O patrón do pesqueiro Irmáns Landrove, Andrés Landrove, que naufragou esta madrugada a unhas a 16 millas do norte do Cabo Prior, foi localizado sen vida entre as redes dun barco que as estaba recollendo na zona, según fontes de Salvamento Marítimo. O cadáver, a bordo do pesqueiro que o localizou, vai ser transbordado a unha nave de Salvamento Marítimo para levalo a terra, ao porto de Cariño. O patrón era tamén o armador da embarcación. Os outros seis tripulantes do volantero, todos veciños de Cariño, foron rescatados con éxito cando se atopaban nunha balsa salvavidas. Cinco xa están nas súas casas. O volantero Irmáns Landrove envorcou sobre a 1h15 da madrugada, por causas que non foron precisadas, e agora permanece envorcado coa quilla á boia por proa. O Irmáns Landrove é un volantero entrara en servizo no último trimestre do ano pasado, o 14 de novembro, e dedícase á pesca de volantes no Cantábrico e Noroeste. Ten 17 metros de eslora e casco de aceiro.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Meu sentido pesame a familia. Parece que non hai maneira de libarse de desgracias coma esta, a mar sempre pasa factura.

Anónimo dijo...

Eu tamén sinto a morte de Andrés, e faigome cargo da dor que a sua familia pode sentir. Pero alégrome de que polo menos os mariñeiros que con él ían estén ben.
O mar, o aire e a terra pasan factura. Un bico a sua familia.