
O Concello de Cariño ten previsto iniciar nos próximos meses obras de saneamento nalgunhas vías da vila; en concreto, nas rúas Pérez Lugín e Fernández Flórez. Para iso, o municipio conta cun orzamento de 191.874 euros, dos que a Deputación provincial achegará 160.000 e o Concello o resto. Doutra banda, e cun total de 70.588 euros, o Concello procederá ao longo deste ano a ampliar a instalación de iluminación tanto no campo de fútbol como na piscina municipal. Neste caso, a Deputación provincial porá 60.000 euros e o resto será diñeiro municipal.