
Levamos un par de anos na teima Artal si, Artal non. Desde a oposición do PP, dende un principio, criticouse á posta en marcha do buque Artal, o Aula do Mar do municipio. Os do PP mostráronse sempre en contra de fretar o barco ao considerar que xeraba un déficit orzamentario xa que os gastos de mantemento eran superiores aos ingresos que puidese xerar en saídas pola costa, e chegaron a taxar ese desfasamento económico en 70.000 euros. Agora a oposición, fíxose cos datos do Artal en relación co exercicio 2008. O exercicio mostra unhas perdas de aproximadamente 40.000€ ao ano. Cabe salientar que estes datos facilitados polo concello son cun carácter xenerico e sen especificacións. Botase en falla unha esplícita facilitación do nº exacto de usuarios que usaron o servicio durante o ano 2008. Os ingresos polo servicio propiamente dito ascende a 17.550, o cal demostra que se sairon máis de 100 veces con completa ocupación, o cal choca coas impresións dos mariñeiros de costa... pero en fin... Cabe salietar que as subvención recortanse ano a ano de modo salientable as subvención este exercicio foron de 35.662,02 para gasto de persoal que dito sexa de paso ascendeu a 73.144,88. O Panorama promete, máis ainda en tempo de crise económica. A semana pasada vimos de presenciar as primeiras medidas: A conxelación das taxas "por mor da crise". Isto é unha evidencia de hipoteca flotante que cada ano nos deixa con miles e miles de euros de perdas. Non se pode enbarcar a todo un concello nun capricho, un capricho que nos afunde ainda máis.. Pola súa banda, desde o Concello (PSOE-BNG) argumentan que o Artal é beneficioso para o turismo na vila, e repercute en sectores como a hostalería e o comercio.