19 ene 2009

Un binomio de alto risco

Alcol e adolescencia seguen constituíndo un binomio de alto risco. Os menores no noso pais, din os estudos, comezan a beber pouco logo dos 13 anos e fano de forma asidua entre os 14 e os 16. De ahí, as queixas realizadas por algúns dos nosos lectores van en relación a acerca de que os pubs deixan entrar aos menores de idade e ata lles serven alcol e a falta dunha campaña sancionadora dende o Concello. Noutros concellos a Policía Local consta a presenza de menores nos locais de copas e levan aos hostaleiros unha carta anunciándolles primerio o incumplimento da lei e si persisten a denuncia. Unha lei que marca que os menores de 16 anos non poden entrar en locais de copas. Únicamente teñen acceso aos establecementos con sesións xuvenís nas que se retira o alcol e o tabaco da vista. Desto están avisados todos os hostaleiros, por eso e necesario facer controis periódicos para ver se alguén incumpre a normativa, e aqueles que o fagan deben ser denunciados ante a Subdelegación do goberno . Ainda con todo iso os problemas coa bebida sempre se asocian a outros problemas que se instrumentalizan co alcol, de modo que cando non podemos cambiar a realidade, cambiamos a súa percepción a través do alcol, algo que é un comportamento meramente adolescente. E todos pais incluidos temos culpa desto. Andan por youtube unha serie de videos dos nosos rapaces que mellor non poñer aqui para que as suas familia sigan tranquiliñas.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Nada es malo si se toma con moderación. Lo único que puedes hacer sin moderación alguna es FOLLAR.No te preocupes que llega un momento en que nuestro organismo dice basta y sin ningún trastorno secundario, al contrario, cura, todo son ventajas, ninguna contraindicación.

Paz y Amor

Anónimo dijo...

Los alcolicos de 16 pra riba son os máis sans da comarca o pior son os que toman auga e patacas fritas e estan tirados ou dando brincos pola rúa coma perdidos... e esa é unha parte importante da mocidade na noite cariñesa, e digo, por que sempre pagan xustos por pecadores e as apariencias enganan xa que eles memos financianse os vicios vendendo a outros con maior poder adquisitivo.

As babosadas cando se escriben no anonimato asi coma promover as imaxes do veciño es simpremente... penoso.

Anónimo dijo...

Ti ou non tes fillos, ou tes unha inmobiliaria ou eres portugués.

Anónimo dijo...

Eu son o pai de Víctor e o vídeo está no Aguillón. Neste vídeo non vexo nada que non vira facer dende que me acordo a o 90% dos rapaces (e dende hai un tempo tamén rapazas)de estas idades. Non son o que puxo o comentario de riba.
De todos os xeitos, só lle quero indicar ao Aguillón que os rapaces que aparecen nos vídeos enlazados son menores de idade e que a responsabilidade de que estas imaxes fiquen na páxina é únicamente do xestor da mesma, polo que debe ter moito cuidado co que deixa poñer nela, non vaia ser que un pai cabreado lle poña unha demanda no xulgado e teña que apandar coas consecuencias.
Eu non vou pór esa demanda nin vou responder a ningún comentario ao respeito neste blog no que, salvo excepcións, está cheo de tonterías. Por outro lado, aviso a navegantes, aos que teñen fillos, que vídeos de este tipo van sair a patadas o día de San Xiao e ollo, repito. Que os cativos beban non é delito, pero publicar un vídeo dun menor SÍ É DELITO.

Anónimo dijo...

Eu tamén teño fillos e diós nos libre que na nosa mocidade existiran móbiles, internet, que andaríamos todos coa cabeza gacha.Eles e elas, que non veña naide de santiño.
Non defendo o uso abusivo do alcol, pero tamén os adultos non temos reparo en tomar catro chiquitos e pillar o coche, ¿ou non? ¿A cántos multarían no San Xiao pasado?

Anónimo dijo...

Aclarar que nos non temos expostos os citados videos. Hai un comentario con dous enlaces que nin siquera son directos, e ademais están mal. Sabedores da situación dos menores, non hemos posto os videos como si o facemos en outras ocasións con videos que nos recomendan os lectores.
Todo o que digo aqui pode comprobarse. E repetimos para que quede claro:
1. Non existe visión de tales videos no blog
2. As referencias a uns videos que si estan en youtube (publicos)non son mediante enlace directo. E están no contexto dun comentario.
3. Neste blog podemos opinar sobre o abuso do alcol entre menores. Pero somos conscientes que so lles repercute a solucion os pais dos memos, si e que queren claro.
4. O post denuncia o abuso dos pubs que supostamente venden alcol a menores, non os menores que o consumen. Por eso a petición de control para que corresponda.

Pensar en otro tipo de teorias e especular e calentar a cabeza.
Moitas grazas por atender o rollo.

Anónimo dijo...

Si o cativo e menor de idade e os pais non miran del, quen comete o delito e o pai.

Anónimo dijo...

Non vaiamos a ser agora más papistas ca o Papa.
Calquera de nós de rapaz en mais de unha ocasión estuvo chispa, e de seguro que ainda o estamos de cando en vez.
Non sei quen son Víctor nin o Maga. Estou totalmente dacordo co comentariio do que di ser seu pai. Leva toda a razón.
Quen non leva razón e, coma sempre, O Aguillón que escudándose non anonimato aproveita canta merda lle meten para darlle un pulo a esta web.
Non te enganes, nin enganes a ninguén. O único resposable do contido desta web eres ti, e soamente ti.
Da igual que o comentario, enlace ou o que sexa o publique un calquera. Se segue eiquí e porque ti o tiveches a ben e dende ese intre pasas a ser responsable do mesmo,
Agora non veñas ca cantinela de sempre que si censura, que si queren pechar o blog; sempre o mesmo co fin de xustificar o todo vale.
Estou seguro que o video no YouTube o colgarían os mesmos rapaces, como broma, ou o qeu sexa, pero endexamais para que algún fixese apoloxía do saber estar nin tampouco ti, O Aguillón, que vas pola vida de salvador do noso pobo.
Preséntate a alcalde !
Este derradeiro comentario non me merece nin un segundo de tempo por estar fora de lugar completamente.
Non se pode alentar ós rapaces e rapazas a desmandarse, pero tampouco se pode crucificar a ninguén por unha noite tola.
Unha aperta os santiños e santiñas que visitan este espazo.
Para ti tamén Aguillón.
Sen acritude.

Anónimo dijo...

Ou non tes fillos ou non podes con eles,unha das duas cousas.E utilizas a disculpa do mal pagador escudandote en que todos pasamos por situacións parecidas para descargar a tua incompetencia como pai.

Non é lóxico que poidamos disculpar os comportamentos inadecuados dos nosos fillos,en que nosoutros pasamos por éles algunha vez.

Esto é do máis ignominioso que se poida ler o escoitar .Nosoutros os pais somos e seremos sempre os únicos responsables da educación e comportamento dos nosos fillos,non podemos disculpalos nunca,ante estas actitudes porque o único que consegueríamos e criar fillos de ninguén.

Agora sí,pido disculpas a todos os pais que non pensen coma mín,non son quen pra decirlles como teñen que criar os seus fillos, pero dende a miña humilde opinión,creo que é un erro pasarlles por alto éstes comportamentos .

O tempo xa nos dirá quen tén ou tuvo a razón.

Anónimo dijo...

Moitos papistas que falaban mal dos fillos dos demáis, por desgraza, tan só lle poden poñer aos fillos ou fillas propios unhas frores na tumba. E aos fillos/as non lles imos poñer un chip para saber o que fan en todo momento.
Aínda me recordo de ir aos cines de por acolá e todo o mundo miraba para atráis ;era máis interesante que as películas de Le llamaban Trinidad.
E de que nas Primeiras Comunións bebíamos anís e sanson. Mesmo íamos aos velatorios a tomar galletas con viño doce.Ainda que non coñeceramos ao defunto.
E non estigmaticemos aos pais dos cativos.
Hai que leer máis libros e deixarse de tanto morbo.

Anónimo dijo...

Non sei como algúns defenden o indefendible, o alcol non e bo, e menos nesas idades, bolo digo por experiencia. O mellor que poden facer eses rapaces dos que falades e non beber alcol ou polo menos controlar o que beben, aconsellar iso non me parece mal, salvo que exista unha nova modalidade de todo vale incluso a morte por coma etilico.

Anónimo dijo...

E xa que falamos dos fillos, si temos máis de un ¿saen igualiños? ¿educamos o mesmo as nenas que aos nenos? Comemos o mesmo de pequenos, pero logo cadaquén ten os seus gustos propios. As ideas políticas que poden ter soen ser contrarias.
Teño falado con pais que xuraban e perxuraban que os seus fillos ían ir a misa tódolos domingos e os rapaces esperaban a confirmación e xa non se lles ve o pelo pola igrexa.
Penso que temos que abrirlles a mente, querélos , coidálos e respetálos. As equivocacións forman parte do aprendisaxe a ser adultos.
A algúns lévanos máis tempo que a outros, pero !quén tivera 15 anos...!

Anónimo dijo...

OBAMA, OBAMA, OBAMA

Anónimo dijo...

Apaga OBAMONOS

Anónimo dijo...

El PP dice que no se creará nuevo empleo con los fondos del Plan Estatal.


El Partido Popular en el Ayuntamiento de Cariño decidió abandonar la sesión plenaria del pasado 19 de enero como gesto de protesta -dicen- ante la decisión del gobierno bipartito -PSOE y BNG- de destinar, íntegramente -828.305 euros-, los fondos del Plan Estatal de Inversión Local para dotar de células fotovoltaicas a la nueva piscina municipal, actualmente en construcción en las proximidades del IES Cabo Ortegal.

Los “populares” consideran “de escarnio” que se financie con el dinero de todos los cariñeses un proyecto ya en marcha y que, en su inicio, no se consideró equiparla con este sistema. Además, apuntan que en el decreto que regula el Plan Estatal “se constata el carácter de financiar obras de nueva construcción, hecho que se vulnera en Cariño”, explicó el portavoz del PP, Juan Fachal, quien también aseguró que “queda en evidencia una falta de previsión, de gestión y de credibilidad, siendo este fondo de inversión un peaje para todos los ciudadanos, quienes no tienen culpa de su improvisación e irresponsabilidad”.

Por otra parte, desde el Partido Popular recuerdan que la razón por la que se generaron estas ayudas es para intentar frenar el paro y critican que desde el Ayuntamiento “se hayan limitado a destinar los fondos para sus propios intereses y no se hayan dignado a beneficiar a la PYME de la comarca”, explicó Juan Fachal.

El portavoz “popular” también asegura que una semana antes de la convocatoria del pleno “el PP se interesó por consensuar las prioridades en obra pública que creemos que nuestro pueblo necesita”, como una serie de parroquias que carecen de servicios y equipamientos básicos. Según Fachal, el grupo de gobierno ya había tomado una decisión, lo que implica, “que nos vuelven a ningunear y a dejar fuera de toda decisión, sea cual sea su naturaleza”. Desde el PP explican que estos hechos motivaron que abandonasen la sesión plenaria del lunes, “lo que no significa el abandono de nuestra responsabilidad con nuestros representados”, afirman.


Falta de respeto > Por otra parte, el alcalde de Cariño, el socialista José Luis Armada, calificó lo ocurrido en la última sesión plenaria como “un espectáculo esperpéntico”, además de una falta de respeto. Armada también asguró que resulta incoherente pedir consenso al grupo de gobierno cuando decidieron marcharse de un pleno sin escuchar las explicaciones de la otra parte porque, “para chegar a un consenso fai falla diálogo. Con esas actitudes, consenso hai pouco, ademais parece que resulta máis cómodo marchar do pleno que quedarse e argumentar”, apuntó el regidor municipal.

El alcalde también explicó que la nueva instalación deportiva no sólo ofrecerá un servicio sino que además, con la instalación de los paneles fotovoltaicos en el techo de la misma, se minimizarán los gastos y se obtendrán beneficios generados por la venta de la energía de las placas solares. Se trata de una intervención, tal y como destacó Armada, “que deberían aplaudir en lugar de criticala”.

El alcalde de la villa marinera también destacó el hecho de que por primera vez en la historia, Cariño “vaia recibir máis de 800.000 euros do Goberno do Estado, o que é algo para estar contentos”.

DIARIO DE FERROL 22/1/09.

Anónimo dijo...

Imaxino que este recorte de prensa será para os PePeros que so compran La Voz de Galicia e escoitan a COPE. O resto xa nos enteramos o mercar o xornal Diario de Ferrol.

Voltando ó tema que nos ocupa; parece que temos veciños que son do mais formaliños, van a misa todos os domingos, ata comulgan. Os que están perdidiños son a xuventude do noso pobo botados a perder.

Nunha labor de altruismo cidadán o bó do Aguillón non publica vídeos de menores, pero SI permite a publicación dos mesmos por outros sen poñer nengun freno o desenfreno disque para evitar o mesmo. Vaia exemplo.

Se queres por exemplos de que o alcohol en exceso e malo o que tes e que ir o bar de San Xiao ca cámara e grabar a Juan Manuel Fachal todo cheo con Ubaldo "patacón". Unha imaxe que non é difícil de captar posto que se repite caseque todos os fin de semana.

Xa vedes como cambia o conto.

Dous, ou máis, rapaces beben de máis e armase. O aspirante a alcalde do PP todo cheo parece que carece de importancia.

Anónimo dijo...

Hai xente que bebe para facer interesantes as demáis persoas.(Woody Allen).
E tí non me digas que vas a San Xiao a beber auga e poñélo santo, porque menda non o cree.
!Quén nos verá a tod@s coas cámaras, a ver si pillamos calquera trapallada para poñela en Youtube !
Ocúrreseme unha idea.Podíamos xuntar o San Xiao cos carnavales, e irmos todos disfrazados. ! A ver quén é o guapo que sabe ónde esta Wally !

Anónimo dijo...

o que pasa e que a juan manuel sentoulle mal a bebida e os demais somos unhos borrachos

Anónimo dijo...

Pena es la vuestra que os mangan casi un millón de euros delante de vuestras narices y lo único que os acordais es echar mierda al vecino. Os acaban de ATRACAR en vuestras putas narices, a Cariño les dieron un dinero de carácter extraordinario para crear nuevos puestos de trabajo, y lo invierten en un proyecto que esta acabandose de construir para que sea el proyecto estrella que les mantenga en el poder otros veinte años más. Es de pena, penita pena.

Bueno, en fin pronto viene san XIAO para olvidar por unas horas vuestras miserias, que no son pocas.

Anónimo dijo...

Si el proyecto estrella para Cariño es la piscina cubierta climatizada, como dices,no se de que nos quejamos, porque este tipo de infraestructuras se tienen cuando todos los demás servicios básicos se disfrutan y dudo que en Cariño sea así.

Anónimo dijo...

Unha pregunta tonta:
Cando se licita algo pola diputacion e obra completa ou a pedazos?
Non o entendo.....