
Fenosa admitiu que Cariño, xunto con Ortigueira e Cedeira son os concellos que afrontan as dificultades máis graves de subministración de electricidade por culpa do temporal, preto de dous milleiros de árbores caídas na zona, nun 99% eucaliptos, danaron a rede eléctrica do Ortegal. O problema está nas estacións de Cedeira e de Mera que son as mais afectadas, se espera que estea restablecido, practicamente na totalidade, o subministro de enerxía, despois de tres dias sin él o con fortes alteracións. Os hostaleiros de Cariño, Ortigueira e Cedeira perderon miles de euros en mercancías o non restablecerse con rapidez a subministración de electricidade neste pasado temporal. A falta de subministración obrigou aos hostaleiros da zona a pechar os seus negocios durante toda a xornada. Tamén se viron obrigados a pechar negocios como tendas e barberías. Varias embarcacións amenceron afundidas, ou varadas na praia de Cariño. Ante esto o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, propuso aos rexedores da comarca solicitar de forma conxunta a declaración de Zona Castrástofica para compensar os devastadores efectos do temporal de vento que azoutou a zona desde o pasado venres. Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Touriño adiantou que a Xunta vai poñer en marcha “a recollida de datos, de información e avaliación necesarios para, de maneira urxente, no consello da Xunta que celebremos este xoves se aprobe, de maneira inmediata, o primeiro decreto de axudas”. Se trata dun decreto que fará “o aporte necesario no que é a afección ás infraestruturas públicas, ós servizos públicos, e tamén, a afección a particulares, en canto á industria, ao comercio e, no que tamén poida ter afectado, ás vivendas”. “O decreto permitira recuperar e compensar a actividade e as axudas que sexan necesarias” nas zonas máis castigadas polo temporal que estes días sufrimos. A foto a sacamos dos internautas da Voz de Galicia en concreto da internauta, Tamara Salgueiro Veiga.
56 comentarios:
Agora a pedir responsabilidades a Asociación de montes veciñais en man común Miranda, Faro e Herbeira da Pedra por ter todo plantado de eucaliptos sen control de ningún tipo e sen respetar ningunha distancia.
Todo pola tonelada.
Sáfate.
E máis ao que inventóu a uralita, se ves que tal.Eu iso que vexo na foto non creo que sexan eucaliptos. As miñas tellas non lles topóu unha rama, a miña porta reventóu co vento, e os conxelados que tiña pudriron de non haber electricidade, e tampouco creo que os eucaliptos de por acolá lle caeran derriba dos postes de tendido eléctrico de Cedeira, Ortigueira, etc.
O que non entendo eu, e que, se hai unha emerxencia ante unha alerta vermella, como non estan preparados pra cando cesara o tempo, os equipos de protección civil e xeradores de corrente.
Estivemos sen luz, sen cobertura no móvil, nalgunha zona sen auga corrente e sen liña telefónica. E oíase na radio galega da mariña luguesa(nunca escoitei tanto a galega), como pasaban de puntillas os acontecementos porque o seguemento ante a excepcionalidade e gravidade da situación(Se non houbo máis desgrazas persoais foi por sorte, foi unha vergoña e sentinme indefenso ante a pasividade xeneralizada.
Tiveron que ir, os veciños a cortar os eucaliptos da estrada e arranxando como ben se podia os tellados das vivendas e demais desperfectos, sen corriente electrica e sen cominicación nestas comarcas con tanta dispersión poboacional... moitas veces poñendo en perigo a súa integridade física. Vimonos superados polo vendaval pero a inprevisión e a falta de organización foi un temporal temible coma o primeiro.
En Cariño, a falta de previsión FOI TOTAL E ABSOLUTO. Xa que, ainda que se arranxaran as subestacións, no concello, xa se sabía que as zonas do casco vello- muelle seguirian sen luz polas suas deficiencias cotiás no abastecemento. Polo tanto a "pirotecnia" da recepción dos veciños foi un "espectaculo esperpentico", xa que o responsable de que estivese unha gran parte de Cariño un día máis sen luz(paralizando numerosos negocios, empresas e actividades varias) é o noso queridísimo señor alcalde, Jose Luís Armada Castro.
Os veciños teñen todo o dereito a queixarse e protestar.
NIn na voz de galicia salimos, isto é de pena, e hai unha reunion en ortigueira e o alcalde nin vai representar a Cariño, que mas da se xa esta Ortigueira...¿representanos a vila?
Cariño acabouse señores,isto foi todo
Os efectos de Klaus aínda se notaban na mañá desta terza feira, xa que uns 14 mil fogares de todo o país, repartidos polas comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña, permanecían ser electricidade, segundo sinalaba a Consellaría de Industria. Destes, máis da metade -uns 7.700-, son clientes de Unión Fenosa, a meirande parte deles de Ferrolterra. Porén, a compañía prevé restablecer o servizo con electróxenos de baixa tensión de xeito provisional nas zonas afectadas, e abrilo definitivamente "o antes posíbel". Para isto, agardan a chegada duns 150 grupos de aeroxeradores de alta tensión que veñen de Madrid e doutros puntos do Estado Español, que se unirán aos 55 que hai en Galiza. Mentres os operarios da compañía traballan, o seu delegado en Galiza, Luís Díaz, pedía, ante os micrófonos da Radio Galega, que se calmen os ánimos e se lle deixe traballar á empresa: "Na actualidade dependemos demasiado da electricidade, iso é bo, porque demostra un alto nivel de confort, pero cando pasa unha cousa destas, histórica, única excepcional... eu pido que os poderes políticos, os poderes sociais e todo o mundo debe facer unha reflexión e darlle unha oportunidade ás empresas para que poidamos traballar". Luís Díaz tamén deu un dato, para exemplificar as dificultades coas que se atopan o milleiro de operarios da compañía que representa que traballan "día e noite" para restabelecer o servizo: "só na zona de Ferrol caeron seis mil árbores debido ao vendaval, os mesmos que caeron en todo o país ao paso do Hortensia", hai case 25 anos.
Parece que soamente en Cariño estivemos sen luz,cando en Mañón (co PP no poder dende que existen os homínidos) están sen luz e sen auga porque o concello instalou no seu día un sistema de traida de augas públicas que precisa de bombas para o seu funcionamento.Tercermundista.En Ortigueira,un calco do que sucede en Cariño (claro que alí o alcalde non se chama Armada,pero tampouco foi elexido democráticamente nunhas furnas como tal).
Fálase que aquí de que os veciños tiveron que cortar eles mesmos as árbores que obstruían estradas e tiraron tendidos.¿Referídesvos a eses veciños que prantas os eucaliptus ata abeira da estrada,tocando cos tendidos,para aproveitar ata o último metro de monte?
Porque,non o esquezamos,a falta de luz e teléfono débese á caída de torretas pero,por riba de todo na nosa zona,á caída de árbores sobre tendidos,subestacións e antenas.
E agora o fácil é que eses mesmos sinvergoñas,que prantan ata nas leiras dos veciños,lle vaian a reclamar a falta de luz nas súas casas a Armada,Girón,Vergara,Fenosa ou o Maestro Armero.
Hai que ter cara.
Do resto de catástrofes persoais,o mellor de todo é que non temos que salientar danos persoais,cousa que sí sucedeu na Mariña.As vidas o primeiro.E iso que algún incauto (por decir algo suave) case pasa a noite do venres no cabo Ortegal atrapado polas árbores logo de ir a ver "o mal tempo".Hai que ser imprudente.
Se non sabedes a quen me refiro preguntádelle ao lider do PP,que volo explica.Esta é toda a cabeciña que temos.
Que sociolisto es!!!
Descubrichedela polvora. Se tiveses un monte ao pé da estrada ou do tendido e ao ver que os demais fan o que fan... ¿Daria TI exemplo aos demais ou "ouvearias na terra dos lobos"?
Se Mañón é tradicional do PP será por algo, e non é ningún insulto nin deshonra ter a raia aos socialistas e bloqueiros nacionalistas.
Pero se non puxeron xeradores para a zona do Castro-Muelle para o último día foi por que non se puxo o interés necesario. Penso que é evidente. E ainda que nós non temos a "deshonra" de ter un goberno do PP, PEDIR DESCULPAS NON COSTA TANTO.
O que faiga o veciño non é asunto meu, NIN TEU. Pero facias unha grande obra limpando esa lingua con xabrón de Marsella ou similar.
¿A CABECIÑA DE QUEN?
A xente é mais lista do que ti pensas.
Hoxe, a xente, por sorte, viaxa. Son poucos os que non conocen máis aló de Mera.As comparacións son odiosas,pero Cariño nos últimos anos está a sufrir un atraso con estos nazional$ocioli$to$ que sinto vergoña allea. Onte: oir falar ao noso alcalde daba noxo; foi un insulto para as mentes normais; alábase asemesmo, non hai naide coma él, que traballe tanto coma él. Tanto traballa que o Castro e todo o demáis segue como estaba y cando veña un pouco de vento outra vez sen luz, xa o veredes. No 2006 ibámos a ter piscina cuberta climatizada en oito meses- así o escribía no boletín nº 8- e xa vedes; non temos máis que basura por todos lados , eso sí a culpa é dos veciños que fan as suas casas onde lles peta, non hai máis que ir a Fornos ou preguntarlle ao TAROLO, que é un exemplo a imitar.
Os $ocioli$to$ de Cariño, como votante que fun deles,nestes intres son indeseables. Faltan dous anos e medio para as municipales, necesitamos un cambio necesario e urxente, mentras, Dios bendiga a Cariño.
A culpa dos eucaliptos a veira dos postes de Fenosa e Telefonica non es dos veciños e do Concello que non aplica a sua propia normativa de tala e das empresas que non denuncian. Os veciños mentras non lle digan nada tiran pa diante, ademais os eucaliptos nacen hasta na cabeza dun tiñoso.
Eu xa teño eucaliptos,e gardan a distancia coa estrada.Se cae unha das miñas árbores non toca a estrada,e iso que a finca linda con ela.¿Por que das por feito que non o faigo xa?¿que coñeces da miña vida?Non creas que porque ti penses así o facemos tamén o resto,nin que porque ti ouvees o facemos o resto.Non todos somos coma ti,por sorte.
Por certo,se se obligase ás compañías eléctricas a soterrar os cables na beira das estradas como se fai en calquera país civilizado (xa que falades de sair da casa) estas cousas non sucederían.E o mesmo cada vez que se abre unha rúa,que en Cariño son moitas as que se levantaron centos de veces.Pero claro,e mellor e máis cómodo tirar metros tendidos da luz ou do teléfono de casa en casa,e logo as rúas semellan tendais propios de países bananeiros.
Insisto,en Mañón siguen sen luz e AUGA,nun concello do PP.Así son as cousas,guste ou non.
E para rematar,non dubido que a xente é máis lista do que eu penso,pero a min e ao resto dos veciños do pobo non se nos ocorreu irnos a noite do venres mentras ventaba a máis de 180kms/h a Ortegal de paseo para logo quedar alí co meu coche atrapado.
Xa ves,case 5.000 veciños que somos pouco aventureiros.Insisto,se queredes saber quenes eran os máis listos do que algúns pensábamos non tedes máis que preguntar ao lider do PP local.
Seguimos coa mesma de sempre. O que está claro é que o noso alcalde non se uneo os demais concellos( sexan do color que sexan) para a declaración de zoa catastrófica.Este home pasa de todo, ou ten a menos relacionarse. Esto é producto da mais profunda ignorancia política e humana. Así nos luce o pelo.
A cuestión é que en Cariño parece que non paso nada.
Marche XA Sr. alcalde,vostede non vale ni sirve para estar o frente de casi 5.000 persoas
Moita da culpa a ten o "técnico do Concello" que non manda cortar os eucaliptos sabendo que moitas veces incumplen a legalidades onde están plantados, preto das estradas e o que é peor preto das casas onde viven veciños de Cariño. Pero é moi listiño e mira para outro lado.
Claro que sí,tes toda a razon.
A culpa dos asasinatos é dos policias por non vixiar ben ós ladrós,que soamente cumpren co seu traballo.Cada vez que un caco incumpra a lei o mellor e xulgar ós policias e non ós delincuentes.
Hai cada cabeciña pensante neste pobo..
Claro que sí,tes toda a razon.
A culpa dos asasinatos é dos policias por non vixiar ben ós ladrós,que soamente cumpren co seu traballo.Cada vez que un caco incumpra a lei o mellor e xulgar ós policias e non ós delincuentes.
Hai cada cabeciña pensante neste pobo..
Da túa vida non sei nada nin me importa, penso que che dixen que te meteras nos teus asuntos que son privados e anónimos e asi teñen que ser, os dos veciños que tes ao redor que te teñen que aguantar de acotío. Isto é o mínimo que se che pode dicir por falar do veciño(facilmente inentificable) na internet dende o anonimato. O ataque sistemático a un individuo/os polo simple feito de ser quen é, ten un nome e esta no diccionario e casualmente é o insulto que máis usades. 5.000 almiñas, e repitoche, son mais listas do que pensas.
O que pase en Mañón non me importa, a min importame, primeiramente, onde vivo, Cariño. No goberno local pouco importa a cor, importan os representantes e os xestores. Nesta situación o noso alcalde non estivo a altura que se lle esperaba. Recibiu aos seus veciños, na tarde do luns,(no que a xente do Castro, casco antigo e muelle ainda non tiñan nin os xeradores), con tono e pose desafiantes desvinculandose de toda responsabilidade, alabandose a si mesmo e a súa xestión... ante a indignidade xeral dos ali presentes.
A culpa tena o veciño que planta os eucaliptos e se quede incomunicado, sen luz e ata sen auga a culpa é del pola súa neglixencia... E tivo que vir un temporal pra que faledes de legalidade, bo ou mal facer e de intereses lucrativos que poñen en peligro aos demais.
PENSADES QUE VERGOÑA É UN NOME DE MULLER PORQUE, VEXO QUE NON ESTA NO VOSO DICCIONARIO.
Cando as ábores caeron e as torretas tamén, habia duas opcións ou querellarse contra tódolos propietarios e facer un xuicio antes do luns, ou intentar paliar os efectos do vendaval. A instalación do Castro estaba danada dende o venres, e calquera que tiña ollos o podía ver, mentres non se amañaba para reestablece-la corrente puideronse pedir que puxeran o antes posible os xeradores...
A xuntanza, foi espontaneamente convocada polos afectados, non só do temporal, senon da desidia gubernamental polos problemas co seu suministro electrico dende fai anos e que agora xa non o aturan máis. Non queren escusas, queren un alcalde que lles dea solucions... NON O TEÑEN.
Notase en falta O TAROLO e a sua carpeta reuníndose no FORNIL cos veciños e contándonos milongas.
Hai unha cousa que me intriga. Vexo que os veciños doutros concellos cercanos nos que ainda non chegou a luz a día de hoxe (repito,ainda NON chegou a luz) e mesmo do noso,que xa a temos dende fai varios días,atacan ós responsables da compañía eléctrica que lles cobra ven cara a electricidade cada mes e lles dan un servicio paupérrimo en lugar de atacar ó seu alcalde.Parece o lóxico e coherente.
Se me deixa tirado Arriva na estación de buses de Vigo,terei que poñerlle unha protesta formal e petición de danos á compañía Arriva, e non ó alcalde de Vigo.Tamén parece o coherente.
Pero claro,neste blog "neutral" (no que sae Feijoó 009,con licencia para matar,dando mítines) nembargantes se ataca ó alcalde en lugar de poñer en entredito ós responsables da compañía eléctrica?
¿Intereses para facer isto?Todos nos coñecemos e sabemos de que vai a cuestión.
Ainda non leín eiquí un so comentario poñendo verdes ós responsable da compañía.Curioso.Certamente curioso.E moi "neutral",iso sí.
E,por certo,é para escachar coa risa coas mensaxes de antigos responsables do PP local agochados dende o anonimato e que cren que non se lles recoñece.O do anonimato non me parece mal,todos podemos empregalo lícitamente,pr é que os ouvidos son moi recoñecibles.Deixeno xa,a cidadanía xa os puxo a vostedes no seu sitio cando correspondeu.
E non se atribua a capacidade de falar por tódolos veciños,que a min non me fai falla recalcar 20 veces que os veciños son máis listos do que penso,que a min xa mo demostraron moito antes de sacar a Tallón do cargo.Ó mellor vostede aprendeuno nese intre.Eu falo da intelixecia duns veciños moi concretos,ex concelleiros dun Partido do Pobo,que case teñen que durmir en Ortegal no medio do furacán.Non me escurra vostede o bulto que se nota moito.
Logo veñen as desgracias,o poñer en risco á xente que está facendo tarefas de rescate,etc..E así queremos gobernar.
Siga recalcando que vostede sabe que a xente do pobo é moi lista que,como di o refrán,"dime de que presumes...".
Por certo,este medio día houbo reunión electoralista dos membros do PP da volta con Feijoó 009 (quérese parecer a James Bond e todo,sobre todo na audacia).Alí estaban,entre outros,o "alcalde electo" Girón.Debe ser que na vila xa teñen resolto o problema da luz porque para ter tempo de ir a estas zarambainas hai que estar ocioso. Hai,non,esperade...Vai,acabo de ler na prensa que no concello de Ortigueira quedan zonas en luz.E o alcalde de fotiñas electoralistas con Feijoó.Iso é gobernar e mirar polos intereses dos veciños e o resto son andromenas.
Se chega a facer o noso unha reunión polo estilo matádelo.E se uns ex cargos políticos locais e parientes do noso alcalde se van de excursión a Ortegal en medio do vendaval acabades por tiralo pola ribeira.
Vivanlos amigos del blog.
Nota: e todo isto escríboo sen poñer frases íntegras en maiúsculas,que na internet significan berrar,como todo o mundo sabe.Parece mentira,pero ainda hai xente que cre que berrando se leva a razón.
A culpa do temporal, tena o PP.
Ou o PSOE...
O voso, xa non ten espiritu para asistir a unha convocatoria, e menos pa facela
Non vaia ser que logo non lle den traballo, unha vez que perda as elecions. Porque algún día marchará, non.
O noso alcalde despois do temporal estaba arranxando o SEU TELLADO(que conste que non é berro, é pra salientalo dabondo), mentres os seus veciños intentaban defender os seus intereses pola súa conta e logo veu a luz e SEN GRUPOS ELECTROXENOS(non é berro é pra salientalo ben). Moita xente chamou a Fenosa, que
Nótase que estás acojonado polas autonómicas xa que temos uns mandatarios que o unico que fan é escorrentalo bulto, atacar a oposición, facer actos oficiais-mitins, e facer cos cartos do contribuinte e dos recursos o que lles nace do "talante".
O único que tratou os veciños de parvos fuches ti, e sobretodo os que non comulgan coas tuas ideas... pero afortunadamente estamos nunha democracia e os demais tamén puideron ser moi intelixentes, que non o sei, en otorgarlle dúas maiorías consecutivas ao PP(NON Ó ESQUEZAS NUNCA), pero claro, isto é "según como che vai na feira".
¿Sabes por que che molesta que me refira a xente? Por que o luns, espontaneamente e sen convocatoria algunha os afectados foron a dicirlle catro cousas ao señor alcalde, que non dudou de pedir apoio da Garda Civil, nada menos. Con iso, un xa se podia enfrontar a eles con máis confianza. E dixolles que "levo dúas noites sen durmir", enternezedor, pero neste caso o insomnio non serviu pra nada.
Non sei, nin me importa onde che pillou o vendaval e sabes porque non o sei? Por que os demais non temos comisarios nas rúas de Cariño, pero o teu xefe estaba na sua casa moi agusto e con insomnio e claro, logo ver aos veciños en contra é unha escea moi dura de asimilar...
Hoxe, ven na prensa o noso Luís, dicindo que os responsables de TODO son os de Fenosa e son eles os que teñen que atander ao veciño todas as súas reclamacións. E nin se puxo colorado, nin se lle moveu un pelo da barba, nin lle palpitou a queixada... Iso si maquillou as ojeras e tres beatas interromperonlle para aplaudirlle... iso sí que é VELAR por Cariño.
Que máis quixeras tí ou os vosos de "tiralos pola ribeira"... Porque hai "xente" e hai xente.
Amiguitos del insomnio, velando por Cariño, "esas pobres cabeciñas", que estaban no cabo...
A behemencia radical é o peor dos furacáns.
As reunións do FORNIL, fai anos xa, do TAROLO soltando coma sempre milonguitas non me esquecerei nunca. Na miña vida recordo tanta desidia e deixadez; os que gobernan vense nestas ocasións.
Non deixa de ser curioso que tanto o alcalde actual de Ortigueira coma a alcaldesa actual de Cerdido, ambolos dous do PP, sexan postos a dedo polos alcaldes electos.
Non deixa de ser curioso que sempre que hai problemas os que mandan no PP agochanse e miran para outra parte.
Cando a movida do Prestige Fraga de parranda, ahora Feij009 en Madrid anunciando a bombo e platillo que se non gaña o 1 de marzo abandona.
Que medo mi madriña. "A los indios que vienen los caballos".
E non deixa de ser curioso que neste espacio de liberdade cuna de conservadores locales se empeñe en tentar sentar cátedra unha e outra vez quen todos sabemos. Podérase chamar "Anónimo", "Fer" ou "Nando" pero o rollo e sempre o mesmo.
Sobor a petición dos elexidos na comarca, por sorte para nos, non hai que lamentar pérdidas humanas, ainda que parece que así o quixeran estes elementos que son quen de calquer cousa e logo van a comulgar a xunta de Francisco Gómez. Outro que tal baila.
Que significa eso de "outro que tal baila"?.
pois que baila ben agarradiño digo eu ¿non si?
Este espazo non é cuna de naide.Aquí poden expoñer o pensamento calquer persoa. Será que os que comulgan cas ideas dos sociolistos, non teñen nada que decir ou si o fan so é para decir chorradas, e defender o indefendible pois, a vista está.
Estou lendo de arriba abaixo canto aqui se escribe e non acabo de entender a razon desa mini protesta o concello pola falta de luz. Haberia que reclamar a Fenosa e a Telefonica, Movistar, Orange, Vodafone e outros que son os que cobran polos servizos que non prestaron, pero que se sepa non o fixo polo momento case que ninguen.
Por esa regla de tres, agora que a nosa ria, pan de moitos veciños nosos, vai esquilmada e cada vez hai menos peixe habera que organizar una mini, midi ou maxi protesta na cofradia.
Digo eu, por aquilo de ser politicamente correcto.
E para os que van de entendidos, coma este ultimo, eu non son nin sociolisto, ni do psoe, nin do pp, pero tonto tampouco.
Non hai que ser nin profesor retirado, nin medico jubilado para comprender o alcance do que lles veu enriba a Fenosa o pasado fin de semana.
Que mais quixeran eles que restrablecer canto antes o servizo para voltar a "roubarnos" canto antes por KW/h.
O NOSO alcalde, está moi extresado levántase todos os días entre as 9 e as 9 e media, e vai o concello entre 10 e 10 e media. As duas sae, e desaparece do mapa de Cariño. A este sistema chámanlle "dedicación plena". Mais ven será " dedicación de pena ". Agora cobra sí cobra.
Alcalde, o horario laboral, e de 8 horas.
E que naide me diga que " a veces ten que sair do pobo e pasa horas de mais ". E certo, pero tamén as cobra.
POIS O PARECE POR QUE ENTRAS O TRAPO DE CARALLO´.
"Traballador ainda é, non nos podemos queixar".
Que fixo a oposicion aparte de alquilar un xerador para o bar.
Cariño sigue sin sair da recesión......
FOLGA XERAL XAAAAAAAAA.
Xa van máis de 30 mensaxes e sigo a ver que ninguén (agás unha persoa recentemente) sinala co dedo acusador do sucedido a Fenosa.
A culpa é toda do alcalde,que é quen cobra os recibos da luz e quen da o servizo eléctrico.Comprendemos que acusar a unha empresa privada sendo do PP é complexo e ata contradictorio,e se por riba podemos aproveitar paa aporrear a un alcalde socialista pois mellor que mellor.
Ainda lembramos como nada máis chegar Armada ó concello no 2003 veu como Fenosa quería apagar a luz pública polas débedas que algún que outro deixou coa citada compañía.E agora dan leccións de como trata a unha compañía eléctrica.O que hai que ver.
Do tema das reunións de Girón con Feijoó e membros do PP mentres a luz non chega a tódolos puntos do seu concello tampouco se recibiu comentario.A calada por resposta.
¿Chamarlle eu parvos ós veciños? ¿Onde?Sinálemo por favor.Por sorte isto eiquí queda escrito,e calquera pode ler as miñas verbas previas.Eu tildei de incautos e imprudentes a 4 individuos,a 4 que foron a visitar Ortegal con ventos de 180 kms/h.Se vostede cree que iso non é ser imprudentes díganolo,queremos sabelo.Porque,vostede saberá que este tipo de actitudes pon en risco a traballadores dos servizos de emerxencia.Aclárenos a súa postura ó respecto (disto e do que cito anteriormente,que a calada por resposta a estos temas é moi pero que moi rechamante).
¿Acojonado? ¿parvos? ¿TAROLO?. ¿Esta é toda a educación que ten vostede?. A xente ten nome,creo eu.
E home,con tódolos respetos,vendo as enquisas das eleccións á Xunta non é precisamente como para tremer,agás que un sexa afiliado do PP ou se apelide Feijoó 009.
E para rematar:eu non teño xefe.Son autónomo,xa ve vostede,búscome a vida honradamente entre quenes precisen dos meus servizos.E non me vai mal de todo,non me queixo.Xamais me adiquei a chupar da cofradía,nin do concello,nin a darlle coscorróns a cativos.
Cada quen ten a súa historia,moi respetable en todo caso.
Ahh!! E eu téñolle a mesma estima ós meus veciños cando lle dan a maioría a uns ou a outros.Non sei se todos poden dicir o mesmo...Se nun momento dado lle deron dúas maiorías ó PP será porque o creron oportuno.Logo os votos regresaron ó noso alcalde previo e actual,algo que non parece ser moi usual na vida política municipal. Algo quererá dicir.Cada quen que saque as súas conclusións.
Bueno,ínstolle a que responda ós temas que falamos:
-¿Responsabilidade de Fenosa nula?
-¿Electoralismo de Girón mentres ten veciños ás escuras?
-¿Está dacordo con que algunhas persoas acudisen de modo temerario a Ortegal (e quedasen atrapados preto de alí) a noite do venres 23 mentres sufríamos un vendaval con ventos superiores a 180 kms/h?
-¿Parécelle correcto e de boa educación chamarlle por un apodo a un concelleiro nun foro público com este?E por riba co escarnio de escribilo totalmente en maiúsculas.Se está dacordo con isto vostede e dase a conxuntura de que ocupou algún cargo público neste pobo xa lle anticipo que sinto vergoña.
Aclárenos estas cuestións por favor,non escurra o bulto unha vez máis.Como ben di vostede,"os veciños non son parvos".
La Voz de Galicia,ás 0:24 horas de hoxe xoves 29:
ORTIGUEIRA
Parroquias como Céltigos, Ladrido y Freires ya han recuperado el servicio con generadores. Desde el Concello aseguran que el suministro se restablece poco a poco y que ya casi el total de las 22 parroquias tienen luz. Ayer por la noche, solo once parroquias disponían de electricidad.
CARIÑO
Solamente el lugar de Figueiroa, en la parroquia de A Pedra, permanecía ayer sin luz; dos grupos generadores llevaron la energía a los vecinos del casco histórico.
Cada quen que saque as súas conclusións.E logo vamos de pandilla cos do partido,con semellate panorama na casa.
É o que ten ser un "alcalde electo".
Di que si. O que pasa e que aqui cada un fala da feira como lle vai.
Na mesma edicion e interesante ver o ben que levan a situacion o resto dos concellos, que mira por onde, agas Cedeira, son case todos do PP.
Publicado en La Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/01/28/00031233143896335536637.htm
Moeche
Los centros públicos como el colegio, el consistorio y el centro de salud ya han recuperado el suministro. El resto de las parroquias, solo parcialmente y con continuas pérdidas.
Cerdido
El lunes por la noche llegó un generador que suministra luz desde entonces a la casa consistorial, colegio, banco y centro de salud. El resto del municipio continuaba ayer sin suministro energético. La alcaldesa, Ana Rodríguez, reclamó el apoyo de la unidad militar de emergencias para retirar los miles de troncos y árboles que están tirados sobre las pistas y tendidos eléctricos
As Somozas
El apagón persiste en Recemel y en otras zonas cercanas al núcleo de A Igrexa.
Mañon
Los generadores han restablecido el servicio en la parroquia de Bares y en determinadas zonas de O Barqueiro. El resto de las parroquias sigue sin luz.
Menos mal que en Cariño o persoal do concello esta a velas vir.
Vai para o que escribe antes.
¿ pensache por un momento na extensión poblacional e territoial dos concellos que citas, comparando con Cariño? Penso que non.
que vai pensar, para eso fan falta polo menos duas neuronas, e de eso andamos escasos.
Que estiveron en San Xiau no furacan? Tamén a outros dalles por sentar enriba da sosa... ou deixar sen grupos electróxenos aos de sempre.
Alcaldes electos? Ainda ningún destes que se deixa notar cas súas burradas nos explicou cómo foron as "PRIMARIAS" de Armada senón que llo pregunten a sr. Carmiña a xuiz de paz ou o do Agarimo... E Vides facer leccións de democracia. Estas persoas que son tanto ou máis socialistas cos demais... se non abandonan a votación... esta xente ainda estan votando agora.
Sodes o exemplo de demócratas do Ortegal.
Isto e un exmplo de como funcionan os renposables politicos noutros lares:
Miércoles, 25 Julio, 2007
Pasos para reclamar los desperfectos del corte eléctrico
Publicado por Javi a las 19:41
El Ayuntamiento de Barcelona, junto con la Agencia Catalana de Turismo, ha publicado los pasos que hay que seguir para reclamar cualquier desperfecto ocasionado por el corte de suministro eléctrico, que, tras más de 48 horas, aún mantiene a muchas familias sin electricidad en sus casas.
Recordar que la empresa Fecsa-Endesa ha sido la responsable en su totalidad del apagón, que el primer día ocasionó un pleno caos en hora punta en el centro de Barcelona. Aunque ya de forma aislada, son 10.000 abonados los que llevan más de 55 horas sin luz, lo que les ha ocasionado numerosos desperfectos en la comida, así como pérdidas en los negocios por no poder funcionar.
A continuación, los pasos a seguir:
1. Hay que reclamar contactando con vuestra compañía eléctrica a través de los medios habituales (teléfono de atención al cliente, página web, oficinas presenciales, por escrito?)
Los clientes de Fecsa-Endesa serán atendidos por las reclamaciones que puedan formular por la falta de suministro debido al incidente de Red Eléctrica Española en los siguientes puntos de atención:
Oficina de Atención al Cliente, Avda. Vilanova 12-14 08014 Barcelona.
Teléfono de atención: 900847384
Puntos de servicio de Fecsa-Endesa en Barcelona:
Nefer Instal.lacions, Bruniquer, 15 08012 Barcelona.
Lymet, Roger de Flor, 93-97 08013 Barcelona.
M. Font, Casanova, 172 08036 Barcelona.
Lymet, València, 401 08013 Barcelona.
M.V. Instal·lacions, Sant Medi, 2 08028 Barcelona.
Instal·lacions MEI, Sant Gervasi, 87 08002 Barcelona.
Instal·lacions Eléctricas Juan Ruiz, Segle XX 10-12 08041 Barcelona.
Lumar Electric, Artesania, 76 08042 Barcelona.
Elèctrica Borràs, Malats, 74-76 08030 Barcelona.
Serei, Marqués de Sentmenat, 2 08014 Barcelona.
Demi, Ramon Turró, 249-251 08005 Barce
Fecsa- Endesa ha puesto en marcha dos teléfonos de atención al ciudadano para informar sobre la evolución de la avería:
* 902.50.77.50
* 902.53.65.36
Si la respuesta a vuestra reclamación por parte de la compañía eléctrica se denegatoria o insatisfactoria se puede presentar la reclamación por escrito ,adjuntant-allí esta respuesta, a la Oficina Municipal de Información al consumidor, Ronda Sant Pau 43, bj, 08015 Barcelona. (www.bcn.cat/omic).
Para hacer esta tramitación también puedes pedir el asesoramiento de una asociación de consumidores
Si sois usuarios afectados titulares de una empresa o establecimiento comercial hay que dirigirse a vuestras asociaciones de comerciantes tan sectoriales como territoriales ya que las mismas coordinan unitariamente las reclamaciones en Fecsa-Endesa o bien reclamar a la Dirección General de Energía y Minas (Calle Provenza 339 08037-Barcelona) o también en la Oficina Municipal de Información al consumidor, Ronda Sant Paui 43, bj, 08015 Barcelona. (www.bcn.cat/omic) a fin de que haga uno mediación con la compañía para buscar una solución a vuestro caso.
Aunque es más conveniente reclamar a través de las direcciones facilitadas por Fecsa-Endesa, también se puede reclamar en
Oficina Municipal de Información al Consumidor, Ronda Sant Pau 43, bj, 08015 Barcelona.(www.bcn.cat/omic)
Oficinas de Atención al Ciudadano
Os facilitamos las hojas oficiales de reclamación/denuncia . Se tiene que tener en cuenta para reclamar:
La reclamación la tienen que presentar el/el titular del contrato de suministro eléctrico o la persona que éste autorize por escrito.
Se tiene que indicar en la reclamación el nombre, dirección y datos de contacto del titular, la dirección del suministro, el número de contrato (datos que encontraréis en vuestro recibo de la luz.) y vuestras peticiones
Un exemplo
Home,xa que falamos de democracia,a coitelada na espalda a Fernando Tallón dende membros do seu propio partido unhas previas ás eleccións,e logo de autopostularse como candidato na prensa non é,precisamente, un exemplo de acto demócrata que digamos.
E chamarlle por un alcume,en maiúsculas e nun foro público a un concelleiro tampouco o parece.
Ten vostede un concepto de democracia un pouco extrano.Clases de democracia de vostede non as quero,pero grazas de tódalas maneiras.
Segue vostede sen respostar a 3 das miñas 4 cuestións.A resposta á imprudencia de por potencialmente en risco ós servicios de axuda xa a deixou agora moi clariña:
"Que estiveron en San Xiau no furacan? Tamén a outros dalles por sentar enriba da sosa...".
Esa é a súa capacidade de raciocinio e o seu senso da responsabilidade.Un dechado de virtudes,vaia.
Alguén falaba da extensión dos concellos afectados e de dúas neuronas.
¿Que ten que ver a extensión dun concello con instalar grupos electróxemos nos núcleos máis importantes?Non estamos a falar de recuperar a electricidade reparando os tendidos de todo o municipio (iso si ten que ver coa extensión,e xa sabemos todos que en sitios como Ortigueira vai para largo pola súa extensión territorial) senón de instalar xeradores nos núcleos poboados para que non se atope a xente ás escuras e poidan facer unha vida normal dentro do posible.
¿Cantos núcleos de poboación ten Mañón? ¿Somozas? ¿Moeche? ¿e Cerdido?. Neste último lugar a "alcaldesa electa" (falando de exemplos de democracia,outra máis que heredou o cargo sen pasar polas eleccións como candidata,como o de Ortigueira) deu luz no centro de saúde, ó concello, colexio e o banco.E os veciños que se amañen.Todos ás escuras e a velas vir.Iso chámase xestión eficaz.
En Moeche (onde lembremos que non fai moito expulsaron ó alcalde,do PP,por circunstancias contables ainda non desveladas) máis do mesmo.O colexio,o concello e o centro de saúde.A estes esqueceulles o banco.O resto,ou ás escuras ou sufrindo apagón tras apagón.Xestión eficaz tamén.
En Mañón hai luz en Bares e "en partes do Barqueiro",que é o núcleo maior do concello e por riba son 4 casas comparado con Cariño ou Cedeira.¿Ou o Barqueiro é unha metrópole para non ter luz nas 3 rúas que hai?O resto de parroquias ás escuras.
En Somozas non hai luz en Recemel e Igrexa,que xunto con Garita son os núcleos máis importantes.Máis do mesmo.
Iso sí,se nos chama Feijoó 009 vamos todos para a foto.
¿E vosoutros falades da extensión dos concellos e das neuronas?.¿Que extensión ten o núcleo da Barqueira,en Cerdido?¿e o do Barqueiro,en Mañón?¿e Balocos ou S.Ramón en Moeche?Todos estes puntos son cabeceiras destes concellos.
¿Por que estes alcaldes non colocaron grupos electróxenos alí para suministro doméstico?¿ou neste caso sí é culpa de Fenosa e no noso caso non o é?
Eu sempre opinei e opinarei que a responsable é a empresa,que para iso nos cobra o servizo a todos.E ben caro,por certo.Dame o mesmo que o concello sexa do PP,do BNG ou do PSOE.Pero claro,os que falades únicamente de responsabilidade dos rexedores ¿que opinades destes exemplos de xestión?.
A extensión dos concellos dixo un, e neuronas di o outro.Anda que menudas mentes privilexiadas..
E repito por enésima vez (a ver se o rei do escaqueo resposta xa):
- ¿Parécelle ben chamarlle por un apodo,nun foro público,e en maiúsculas,a un concelleiro?
- ¿Que opina da presencia de Girón nun acto propangandístico do seu partido mentres máis de medio concello de Ortigueira non tiña luz?
- ¿Ten,e canta,responsabilidade Fenosa no sucedido?
Xa ve que non me canso de repetirlle as preguntas.
O Concello de Barcelona informa dos pasos a seguir para efectuar unha reclamación ante a compañía.Bo exemplo de xestión,certamente,deben ter un alcalde do PP..
Aiii,non,perdoade,o alcalde de Barcelona é do PSOE.Que cousas.
O TAROLO, agora que está no Concello nun posto como é o de 1º Tenente de Alcalde, e sabendo o que sabe de leis,debía de cubrir as múltiples reclamacións dos veciños.Antes no FORNIL; ben que decía aquelo de "ante a pasividade do Alcalde...". ¿Non lle da vergoña que un pobo como Cariño,casco urbán do Concello, este a usar grupos electróxenos? ¿Cómo se esto fora unha zona rural aislada e de dificilísimo acceso?. Se poño Manuel Varela Loureiro non saben quen é, pero se poño TAROLO, saben hasta os máis pequeniños quen é, xa que asi lle chamaban cando lles daba clase, por detrás claro, que por diente alporizabase.
FENOSA é un monopolio,fai o que que lle peta. Con Franco,xa o facía, e con todos os gobernos o mesmo, a Delegación de Industria da Xunta fai o que lle peta a FENOSA, que é quen manda.
Cando o de Somozas, en Cariño armouse ben armada, nunca mellor dito, xa que Armada Castro e máis o Tarolo moveron Roma con Santiago en contra de esas instalacións. ¿ Por qué non fan agora o mesmo?. O pobo respondería por unanimidade.Este é un asunto de vital importancia que merece unha movilización ciudadá.
Estes tios son parvos?
Os veciños estiveron desprotexidos. Os que alquilaron os grupos electróxenos, Fenosa vailles pagalo alquiler das mesmas. O LUNS, DÍA LABORABLE, NON HOUBO SUMINISTRO POR DESINTERESE DOS GOBERNANTES LOCAIS, OS VECIÑOS TIVERON QUE ARRANXARSE POLA SUA CONTA.
¿É necesario un notario pra notificalas vivencias da xente?
O Castro-casco vello-porto, e a zona de Cariño co suministro en deficiencia con frecuentes cortes de luz. O Último...
Puerto de Cariño 08:45 a.m. de un soleado 29 de Septiembre, Domingo, calma y tranquilidad en un pequeño pueblo al norte de la provincia de A Coruña de apenas cinco mil habitantes, cuando de repente……BOOOOOOMMMM. Un estruendo espantoso rompe la tranquilidad de los habitantes… Seria un buen inicio para un libro de Stephen King ¿verdad? pero, lamentablemente no es más que una de las frecuentes explosiones en el transformador que la compañía UNION FENOSA tiene en la zona del Castro y que suministra a las calles desde el “Callejón de Picos” hasta el “Muelle Pesquero”, a lo que por desgracia ya están acostumbrados los habitantes de este pueblo marinero. En cuestión de segundos una parte de los habitantes de Cariño se ven en la situación tan común en los últimos años de estar sumidos en la más profunda de las oscuridades durante un tiempo imprecisable ya que tras pedir explicaciones a la compañía en cuestión solo aciertan a decirnos:“… es una avería en la Línea de Mera. Nuestras brigadas ya están intentando solucionarlo. Muchas gracias por su llamada…”, palabras que a los perjudicados no les hacen ni pizca de gracia por ese tinte de excusa barata que tienen. Por este motivo desde este queremos alzar la voz y denunciar una situación lamentable y que se repite con frecuencia sin que el Concello haga nada por solucionar. (Hay que recordar que hace ya algunos años y por iniciativa particular, se habían recogido firmas en alguno de los locales afectados por los cortes de suministro eléctrico). Aunque estemos en pleno siglo XXI a los habitantes de Cariño parece que nos ha tocado volver a la prehistoria. ¿Dónde estaba nuestro Alcalde y máxima autoridad del pueblo mientras esto sucedía?. Lo desconocemos. Lo que sí podemos decir es que el suministro no se recuperó en esta parte afectada hasta las 16:00 p.m., lo que ha ocasionado numerosas pérdidas a todos los afectados por no hablar de los negocios que no han podido ejercer su actividad normal como consecuencia de este corte de suministro. Por eso nos preguntamos: ¿Se comprometerá la compañía a abonar esos desperfectos?. ¿Se comprometerán a solucionar un problema cada vez más sangrante entre una parte importante del núcleo de población de Cariño?. Esperamos obtener respuestas a estas preguntas. Sr. Alcalde, por favor, busque Vd. una solución a este problema ¡YA!.
Post do Aguillón, coa opinión dun lector. 1/10/08.
E agora en serio, a cor política nun CONCELLO, non é prioritario para o veciño, sempre cando o rexidor sexa un bo xestor e se preocupe dos cidadáns, de todos.
A cor e a que se me puxo hoxe a mediodia a min. Teño o seguro da casa co fillo de Alvelo e segun o perito da compañia o ser un temporal con ventos de mais de 140 kilometros por hora o seguro o clasifica como catastrofe natural e non se fai cargo de nada. Hai que reclamar o consorcio de seguros.
Enton que fago. Me cajo en dios e lle dou unhas ostias o fillo de Alvelo sin comelo nin bebelo, pero como e o representante mas a man que teño, aproveito para desafogarme.
Vexo moita reclamacion o concello e o alcalde, pero non vexo que ninguen reclame a fenosa nin a telefonica.
En Ortigueira ten unha oficina de atencion, ou desatencion, o cliente fenosa. Estou seguro que sobran dedos dunha man para contar os veciños que pasaron por ela a presentar reclamacions formales.
No seu momento Aguillon agradeceria publicases aqui as facturas dos generadores e os cheques que presuntamente pagara fenosa. Borrando os datos do beneficiario, non nos interesa, pero e un dato interesante a ter en conta.
Mais que nada porque eu non me creo nadiña eso de:
"Os que alquilaron os grupos electróxenos, Fenosa vailles pagalo alquiler das mesmas."
Cando o vexa o millor ata o creo, pero de momento permiteme que non o dubide, senon que teña clarisimo, que por desgraza para os afectados fenosa non lles vai pagar un centimo.
Se fuches dos que alquilou un grupo electróxeno, e chamou a compañía, esta comprometeuse a abinos o alquiler ensinando os recibos correspondentes. Pero tes razón en desconfiar.
Ao fillo de Alvelo, nin lle toques, por non ten culpa de que os firmantes dos contratos non sepan leer o contido dos mesmos. Falamos dun bo veciño e unha moi boa persoa... que nos tempos nos que vivimos non abundan. Se queres desafogate dandote cabezazos na parede ata que che saian os miolos, pero recomendoche que te tranquilices porque, nos vindeiros días non han faltar propostas, máis en vísperas electorais...
Efectivamente,os seguros non cubren máis aló de 135 kms/h,iso perténcelle ó Consorcio.
Onte na Radio Galega explicou moi clariño o presidente do Consorcio o que se debería facer para cobrar (soamente quenes teñen seguros,ollo):
1.-Se a perda é elevada (tellado,moitos alimentos almacenados) compensa chamar a un Notario para que de fe das perdas.Este home aconsellaba no caso dun tellado,por exemplo, reparar o tellado para evitar danos maiores,pero facelo logo do informe oportuno e de sacar fotografías que incluan a data en que se obteñen (iso faino calquera cámara de hoxe en día),e gardar o montón de tellas danadas preto do lugar.Tódalas probas son válidas.
2.- Se os danos non son suficientes para chamar a un Notario,ou non queremos pagalo (que esa é outra) deben sacarse fotos (coa data,repito) e pedir un informe de danos á Policía Local (onde a haxa,que é o noso caso) ou ben á Garda Civil.
Non vos preocupedes por Fenosa,que o Consorcio e as aseguradoras saben moi ben como apretarlles as tuercas.Entre eles xa se amañan.
Os que non teñen seguro deben agardarás axudas que aprobe a autonomía,e facer unha listado das perdas.
Recordade,as fotografías e probas son moi importantes sempre.
Traballéi xa fai tempo en seguros, e sempre lles decía aos asegurados que unha parte do que pagaban ían para o Consorcio de Compensación dos seguros, e dicir, para o estado, en casos de catástrofes naturáis como a que acabamos de pasar. Eu teño a miña casa asegurada sin dar partes de siniestros, que é o mellor, pero agora sí tivemos certos desbarajustes e aténdenme de cotío.
O de sacar fotos, ja, sen ter cámaras ,¿ou todos temos a Sony Handicam ? e os móbiles sen batería...xa me diredes.
A mín tan só me grabaron a reclamación que lles fixen cando funcionóu o teléfono, e que reparara canto antes as cousas antes de chegar a males maiores.
Ao que tiña na nevera, no combi, dábame noxo ata describilo, nin sei o valor que podía ter. Non gardo os tikes de compra, pero ata había comida xa cociñada para que levaran os meus, e non sei o valor que se lle pode dar...E todo tan relativo...
A mín dame por pensar que nada está nas nosas máns. A Natureza, a Terra manda sobre Fenosa, o PP, o Bipartito e todo.
A ver si a coidamos un pouquiño.
Isto vai dedicado a Elena porque ía co seu can e levaba unha bolsiña da que lle preguntéi o contido- eu pensaba que era comida para o animal- e díxome, no, es la caca que hace en las aceras, en el campo abonan.
A ver si aprendemos.
Pois eu xa dou por perdida a batalla. Podemos morrer esperando a cobrar do famoso consorcio. Como sexa igual de efectivo que cando che fode o coche un sin seguro, levámola clara.
Igualiño ca os que alquilaron por si un xerador e pensan que fenosa lles vai pagar o alquiler do mesmo. Ojala. Pero penso que non vai ser así. De entrada o pufista será quen no alquilou, porque non creo que o do alquiler espere deitado a que fenosa decida si lle paga todo, parte ou nada.
¿Alguén me pode prestar unha escaleira alta, para reparar o tellado? Non hai unha triste no pobo e o que mo vai arreglar noa ten. E que non faigo máis que asomarme a fiestra e vexo pasar centos de coches con unha derriba.
Cornide seguriño ten unha.
Gracias, vouno chamar.
!!!Viva San Xeau du Trebu¡¡¡
!!!Viva San Xiao do Trevo¡¡¡
!!!Viva San Xiao do Trebo¡¡¡
Decreto da xunta imos cobrar todos incluso fenosa.
Coma no prestige de D Manuel............
Fenosa fixo que cobra pero os demáis xa me contarás
¡¡¡Viva San Xeao du Trevo!!!.Aínda me dura.Un día de sol como no verán; o santo quere festa.
VIVA
Publicar un comentario