4 ene 2009

A tempo de parar a Cortadeira

Baixo o cebo do seu belo penacho, a gran maioría dos espazos naturais protexidos da costa galega caeron na trampa da cortadera ou herba da Pampa, unha feroz planta invasora que coloniza todo ao seu paso e deixa sen espazo vital ás especies autóctonas. A Cortadeira selloana, orixinaria de Arxentina, Uruguay, Chile e Brasil, empezou a estenderse de forma masiva tras a súa utilización como planta ornamental nas medianas das autoestradas e autovías galegas, primeiro na que xestiona Audasa entre A Coruña e Ferrol, para converterse nunha praga que trae de cabeza ás autoridades ambientais e cuxa erradicación suporá un importante desembolso para as arcas públicas. No noso concello empeza a medrar, e se non se toman medidas pronto esta planta que se estende con gran facilidade nos complexos intermareales acabara sendo parte da nosa natureza. Hay que eliminala, pero ¿cal é o medio de eliminación máis adecuado? En principio, a opción máis probable é arrincar as plantas de raíz con guindastres, aínda que tamén está sobre a mesa a posibilidade de empregar herbicidas. De unha o outra maneira tense que facer agora que non supón moito diñeiro facelo.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Por min que a corten xa o lle prenda fogo, nin estetica me parece. Ademais da alerxia a xetne con asma.

Anónimo dijo...

pois os alcolitos viñeron de Australia, e a qué non che fan mal no teu monte? Diante da miña casa había vagalumes- luciérnagas- e agora xa non vexo ningunha en ningún sitio. E os poucos langostinos que puxemos na mesa non eran denominación de orixe galego.Sabían a diós.

Anónimo dijo...

e o interné tampouco é autóctono e ahí estamos tirandolle do aire

Anónimo dijo...

Nin os Mercedes, Beemeuves ou Audis e da un gustirrinín ter un...

Anónimo dijo...

O noso é O Apalpador.

Anónimo dijo...

O que é autoctono é o yate do voso alcalde que se move con enerxía eólica.

Anónimo dijo...

¿chove na Carballa?

Anónimo dijo...

chove que nin dios

Anónimo dijo...

Non chove,mexan por nós.

Anónimo dijo...

Serán os clientes do Trileuco borrachiños todos polas chopas de jarrafón.