6 ene 2009

¿Temos o non temos aparcadoiros?

El PP pediu por Reis máis aparcadoiros e Armada di que duplicou os que había antes, e claro os Reis Magos non se aclararon, e deixar non deixaron ningún. Juan Fachal, di no Diario de Ferrol que anda preocupado e indignado pola deixadez de funcions do goberno local con respecto o problema da falta de aparcadoiros, así como sobre a ausencia de policía local nas ruas. Luis Armada, pola sua banda, rechaza tales acusacions decindo que duplicou o número de plazas no entorno da plaza Roxa en relación as que tiñamos despois de oito anos de gobierno do PP. Dende o PP, no obstante, poñen de manifesto que xa é normal que Cariño sufra as consecuencias do caos circulatorio. Lugares como a travesía do paseo marítimo, ou ruas como O Campo, Centeás e moitas outras do casco antiguo e a zoa do cementeiro están sufrindo saturacions debido a imposibilidade de encontrar un aparcadoiro no que deixar o coche. Armada ante esto di que existen determinadas zonas situadas no casco urban en que prácticamente resulta imposible ampliar o número actual de plazas, xa que non existen espazos para facelas. Pero Fachal, recodalle que o goberno municipal rexeitou unha moción presentada polo PP con a intención de impulsar a creación de novos aparcadorios en lugares estratéxicos de Cariño.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

benvidos as chorradas de fachal este ano promete

Anónimo dijo...

Armada duplicou os aparcadoiros no entorno da plaza Roxa...¿Armada?

O mercado municipal foi impulsado por Armada?, o centro de saúde foi impulsado por Armada? os terreos do centro de saúde foron comprados por Armada?

¿Que aparcadoiros fixo Armada?

E ainda por riba poñen na prensa e apuntanse todo... como din os aglosaxóns... "by the face"!!!

Falta de escrúpulos e de vergoña.


¿Non hai zonas no casco vello pra facer aparcadoiros?

O que non hai e gañas de movelo cú.

A dita moción presentaba a posibilidade de impulsar posibles aparcadoiros no cemiterio e no paseo. Estes lugares son regularmente ateigados de vehículos polas actividades que se realizan nos mesmos. Do cemiterio son afectadas principalmente as rúas Campo e Centeás e por extensión ás demais en cadea. Os vehículos estaciónanse a carón das casas obrigando aos peóns a ir polo medio da rúa expoñendose aos perigos da rúa incluidos ancians, nenos e persoas con movilidade reducida. No paseo, por exemplo, o día de mercado os vehículos arrimanse no carril contra os parques e a plaza roxa e co trafico pesado convirtese nun caos.
A burrada é non facer nada.

Ademais, os aparcadoiros da estrada xeral(Av. da Constitución), estan desfasados pola nova apertura do supermercado DIA, e continuas obras de edificios a carón.

A rúa do campo ten espazo e terreos de sobra pra facer aparcadoiros(abandoando o chabolismo), o campón do cemiterio un gran espazo pra construilos, o terreo a carón do ed. de Usos Múltiples(Casa consistorial tuneada), hai un gran terreo pra unha bateria de aparcadoiros....


Finalmente, salientar as declaracións a Cadena COPE, na que Armada asegurou conseguila desafectación dos terreos e conseguir propiedades de Costas que están en pleno casco urban... outra solución máis....

Por tanto, o único que preocupa é ter a oposición ao marxe e con ela aos cidadáns.

Dalles todo igual.

Anónimo dijo...

Moita xente esta de vacacións.


O Concello de Cariño e Unión Fenosa deben inmediatamente de arranxar un grave problema que esta sufrir determinadas zonas de Cariño polos problemas de suministro eléctrico.

Edificios de nova construcción ainda teñen que arranxarse coa denominada "luz de obra", e cidadáns que mercaron vivendas nun 4, 5, 6º piso... teñen que subir as escaleiras por que non funciona o ascensor, por dicir un problema de tantos que supón manexar un consumo reducido no que salta o automático cada dous por tres.

A zona problemática é principalmente a zona do Castro-muelle e rúas colindantes.

Unión Fenosa, polo visto, comprometeuse á construcción de unha estación transformadora e o problema radica no emprazamento do mesmo, no que, supostamente, o concello non dispón dun terreo axeitado pra a construcción da mesma.

Moitos veciños preparan unha citación co concello pra que arranxen con urxencia e sen demora todos estes problemas e se non aceptan as súas peticións non descartan as movilizacións e a vía xudicial. Denuncian a deixadez de funcións e o sesteo sistemático do goberno cariñés.

Proximamente saberemos moito máis do asunto.

Anónimo dijo...

Non moveredes nin o cú para ir a falar do asunto ao concello, asi que menos vades a movilizaros por ningunha vía, tedes a merda diante da casa; o famoso mamotreto, e xa vexo as movilizacións e as vias xudiciais. Gústavos a merda, e senon mirade o de o PUNTO PORCO que aínda que se limpiou un pouco, da peniña pasar e ver o que aínda queda alí, sen podere entrar no xardín de tanta merda que o propio concello derrama na mesma entrada.

E molestavos as colas esas de león que o único que ai que facer e coidalas no seu tempo e non deixalas crecer como lles pete , un xardín necesita de moito coidado e esa é unha planta preciosa, que: como todas, necesitan mimo e cuidado.

Anónimo dijo...

E normal que Fachal solicite aparcadoiros para o Campo. So co parque movil da familia xa enchen media rua. Eso por non lembrar que aparcan como lles sae do carallo, escomezando por a sua mama e seguindo cos irmans e sobriños.
Dende o cruce ca rua da iglesia hai uns 100 mts que son territorio comanche con "vado" para os mesmos.
Debe ser a veterania ou claro, xa non lembraba, como rezaba o artigo aparecido na voz de galicia hai 2 ou 3 anos polo san bartolo cando aparecia unha foto co clan o completo, na sua vivenda no barrio do "peiral".
España cañi.
Ole.

Anónimo dijo...

Nestes casos de desesperación obsesiva e depresión... un tiro na cabeza é a mellor solución.

Anónimo dijo...

Xa me perdo. ¿Temos ou non temos aparcadoiros?. Esas cousas que teñen catro rodas e que ocupan todas as ruas do casco vello ,vaias por onde vais, que son? ¿coches? ou son alucinacións miñas con tanta pastilla que útimamente estou tomando?. En vez de valium debéronme de dar outra cousa que alucino. Estou radiante como o Zapatero, que como a marquesa Eulalia de Rubén,sonríe, sonríe, sonríe; ao millor estamos a tomar, ambos os dous, as mesmas pastillas.

Anónimo dijo...

Hai que beber menos que logo non sabedes mexar e fumar menos que a ionosfera está tocada do carallo.