16 ene 2009

Non chove a gusto de todos

O Partido Popular tachou de acto electoral a colocación da primeira pedra da variante de Ortigueira da vía de alta capacidade da costa, celebrada o pasado mércores coa presenza do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. O deputado popular Diego Calvo apuntou que a información do acto aparece tanto na web da Xunta como na páxina electoral do PSdeG-PSOE en Internet, o que, ao seu xuízo, demostra que se trataba dun acto de campaña dos socialistas, sufragado pola administración autonómica. Así mesmo, o deputado do PP censurou que Touriño acudise a colocar a primeira pedra dunha obra que debería estar xa avanzada e que, tras os atrasos acumulados, no 2011 só estará executada a quinta parte.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

A VAC e o demáis do PLAN FERROL... Executarao o mesmo goberno que o impulsou o Partido Popular.

Galicia precisa do goberno que se dedica a gobernar e non está en "campaña" as 24h do día.

Anónimo dijo...

Pero na foto podemos ver ao alcalde de Ortigueira, Rafael Girón do P.P., que tamen mete na paxina do seu concello o evento. Ergo o acto pode considerarse institucional e non partidista, ou o Giron non segue as consignas populares e vai fichar polo psoe?

Anónimo dijo...

a tortilla de patacas vense a facer do mesmo xeito faigas antes as patacas e as reserves ou faigas todo directamente na sartén... Non lle busques tres pés ao gato, eu non son do PSOE e gustaríame creer neles un segundo pero minten e vñen co seu coche a venderse e enterrar pedras en vez de cortar cintas ou poñerse o casco obreiro.

O "vello" viña a Cariño "encherse".... e outros veñen a enchernos a nós os...

Anónimo dijo...

Hoy me han asegurado que los 800.000 euros que nos corresponden como ayuntamiento, para paliar el paro( mi padre y mi hermano estanen el paro) van todos para placas solares de la piscina.....En mi casa nos gustaria comer todos los dias, aunque no nos bañasemos en piscina. ¿Cuantos puestos de trabajo para gente de Cariño van a dar los dichosos paneles? Por favor que álguien me conteste, a ser posible álguien del ayuntamiento.

Anónimo dijo...

0.

Anónimo dijo...

En los próximos Juegos olímpicos ríete tu del Phelps. Os di Cariño imos batir tódalas marcas e di tódolos estilos, menos o de mariposa, que eiquí somosche todos muy machos.
E non vale mexar na piscina cando non quente o sol.

Anónimo dijo...

Nin cagar en ela que a merda flota.

Anónimo dijo...

Ñó, pois eu penso nadar na superficie, non vaia ser o demo.
Non tomedes tanta fibra, comede lentexas, que co ferro que teñen non creo que floten os turullos.
Se fose eu o alcalde xa non abría a piscina en vista da utilidade que lle imos dar según estes comentarios.
¿E non poñerá alí o Artal, para facernos uns largos ?

Anónimo dijo...

Despois de comer lentexas e unha boa fabada, votas gases que na piscina fan unhas burbuxas que da xenio velas.

Anónimo dijo...

Eu cada vez que me meto na ducha ou no baño non sei que me pasa que non me queda máis remedio que mexar.

Anónimo dijo...

Iso está estudiado e hasta Mercedes Milá dí que mexa na ducha.
Solo unas gotitas, que más es vicio

Anónimo dijo...

Mercedes Milá xa ten que usar Auxonia para las incontinencias

Anónimo dijo...

Pra iso tiñades que ROUBAR os fondos do estado pra disfrazar a vosa incompetencia...

Vades batir o record de sin vergoña


PENA DE POBO, PENA DE XENTE,


A piscina aina que manter, e se vades ter a piscina coma as vosas obras mestras Pabillón Polialboio, pista de pádel sen equipamento, campo de fútbolo cheirando a mexo e vez de cuidar céspede canbialo cada dez anos... Tranquilos que xa temos praias en vez de meternos na vosa cloaca... Anteriormente xa non se quixo unha piscina pero era aberta... seguimos tendo a basteira...

TIVEMOS QUE TER TRES MILLÓNS DE PARADOS E UNHA CRISE ECONÓMICA PRA QUE VOS AXUDARAN A REMATAR UNHA PISCINA EN 5 ANOS.

E PRA CHORAR...