
Din os da Voz de Galicia que andan ben informados, que o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol ordenou ao Concello de Cariño que inicie a tramitación de revogación de licenzas a catro establecementos de lecer nocturno desa localidade. Trátase dos pubs Groucho, Micos, Europa e Marcha Verde, que, segundo os tribunais, excederon os niveis máximos de ruído permitidos. Na sentenza, publicada o pasado día 17, sinálase que o pub Marcha Verde recibiu a súa concesión de licenza en novembro de 1996, coa condición de que o nivel de ruído non podía superar os 60 decibeis en tanto que non se efectuase unha medición real. A propietaria argumentou que no ano 2001 encargou un informe a unha empresa achega do ruído que emitía o seu local, e que o resultado desa proba fora satisfactorio. Con todo, continúa a sentenza, non consta nese informe que sexa presentado ao Concello, e non pode dicirse que o seu resultado sexa satisfactorio, pois en horario nocturno excédense os límites legais fronte ao local e no piso superior, neste último nun 50% é dicir, superábanse os 90 decibeis, un ruído equivalente ao que produce unha aspiradora en funcionamento. En canto ao Europa, o xuíz sinala que non presentou os correspondentes estudos sobre o illamento do local. O Micos e o Groucho recibiron as súas licenzas do Concello coa condición de que nun mes presentásese certificación de medición de illamento aos ruídos por parte dunha firma homologada. Non consta que eses documentos fosen presentados, continúa a sentenza. Con todo, o xuíz rexeita imporaos propietarios o pago dunha indemnización por danos e prexuízos aos veciños. O motivo é que non a considera acreditada porque non é suficiente a declaración de tres veciños. Tampouco lles impón o pago dos custos do xuízo. Pois nada, xupoño que isto dará que falar.
31 comentarios:
Aguillón, seique xa tés vacacións e tés tempo de limpar este blog.Xa me cansaba de ver semexante merdellada de punto limpo , e de que íamos todos ao linchamento dun rapaz, que non me estrana que aos trinta lle ferva o sangue. Haiche moita envidia e aos pitopáusicos que eiquí escriben non lles queda máis que un "quién los pillara".
E a burrada de grabarse en vídeo e presumir, servirálle cando sexa vello para mostrárllo aos netos.A mín xa non me asombra nada.
Ah, a rapaza dos tacóns roxos son eu...chama ao 905 549 xxx.
Sobre este asunto sabe moito o TAROLO e máis a súa filla, que a pesares de vivir en Santiago de Compostela, molestabanlle os ruidos deses pubs.ALICIA tamén sabe do asunto, que lle preocupaba a xuventude que ía caer na droja. A Suso de Redes que non dormía polas noites. O actual Alcalde ARMADA CASTRO que en 15 días tiña solucionado o asunto; si o votaban. Levan máis de 6 anos, os dous, TAROLO E LUIS, é o tema sen arranxar, eso sí, déronlles a os veciños polo cú, a uns máis a os outros, con mentiras e calumnias para eles pasear en yate e cobrar como se forán xente preparada e estudiada e que fixesen cousas polo pobo, o TAROLO e máis a súa filla conseguiron engallolar por pouco tempo, seguen sendo o que foron sempre, como dixo algún, arribistas e oportunistas, mala xente.
A queixa feita polo Aguillón sobre o "punto limpo",deu o seu resultado.
!Enhoraboa!
Felicitacions aos veciños que gañaron.
Ese obrigaran a pechalo Trileuco ¿poríase o berro no ceo por se do fillo de Fachal? ¿Falaríase de interferencia política do bipartito nos negocios particulares dos membros do PP?
Digo isto porque ese local non cumpre nin a primeira das normas (sen saída de emerxencias,ruido a tope,etc).E xa non falemos fas fiestras enreixadas,o máis surrealista que vin na vida.
En fin,eu quero pubs para pasalo ben,e tamén quero que todos cumpramos a lei.Todos.
E o mesmo para os camións da grava do porto,que non van toldados.En Cariño os que se cren defensores únicos das empresas (cando realmente nos interesan a todos) axiña poñen o clamor no ar en canto se lles obriga ás mesmas a cumprir as normativas que cumpren en calquera outro lugar.
Prefiren o "Cariño,pobo bananero".Estes señores son os fillos e netos daqueles que defenderon no seu día ós conserveiros cando escondían ás mulleres non afiliadas á Seguridade Social cando viñan as inspeccións de traballo.Decían que se se lles facía cumprir a lei tiñan que pechar.Esas mulleres hoxe están xubiladas cobrando a pesión mínima non contributiva,algo moi positivo para o pobo xa que son un maná de cartos como todos saberedes.
Así nos loce o pelo.Seguide defendendo que non se cumpran as leis,o pobo evolucionará a toda marcha.Coma sempre.
Este derradeiro comentario paréceme moi sensato, educado e mantén as formas. Si señor, hai que respetar as leises TODOS. Eu non vivo derriba dun pub , pero imaxino o que pode ser o bum bum as cinco da mañá. Tampouco vivo perto de Carrodeguas ,pero tampouco me gustaría. Pero si padezo os pasos dos camións da mina, sen cubrir, e, certamente enchen todo de pó.Non quixera que deixaran de pasar, nin que Carrodeguas peche a fábrica, nin que os pubs cerren, pero ¿tánto supón respetar as normas ?
Coido que non é unha utopía, senon unha sinal de respeto aos demáis.
Deséxovos unhas Felices Festas, sen ruidos, pó nin cheiros.
(Isto sí que xa é utópico)
Bo Nadal.
Rafa.
Este Aguillon cargouse o punto limpo agora vai polos pubs e o ruido, dalles ben na cachola Aguillón.
Non cantemos victoria non sea que Armada vote de menos o punto limpo e mande regresar os contenedores.
!E que a ninguén se lle ocurra botar fuejos cando jane o Depor,que xa penso que hai festa en Sismundi todos os dominjos!
Nadie fala do ESMORGA, que non cumple nin a máis mínina das normas. Esperemos que tamén se fale dese cuchitril.
¿Alguén sabe que pasa con Carrodeguas?
¿Cando veremos as ruas sin cans soltos e sobre todo sen a sua merda?
¿Cando veremos os coches respetando as normas de aparcamento?
¿Cando veremos a Avda. da Constitución e a Avda. Fraga Iribarne debidamente asfaltadas e pintadas?
¿Cando veremos as aceras que van dende a parada de taxis a "Marujita Canela" arranxadas?
Creo que son unhas medidas bastante baratas, e no caso de multar a os donos dos cans e dos coches se recaudarian cartos pra o Concello. Ah, pero olvidavaseme que son unhas medidas que poderian ser mal aceptadas por alguns (sobre todo os que multen), e xa se sabe que se poden perder eses votos.
De momento pobo bananero ainda non somos, pero pouco nos falta.
ANTONIO
Bueno, vexo ue non estou so.Ainda queda vid racional no pobo.
¿Alguén pode confirmar si é certa a "vaquerada" do lider da oposición municipal e Patrón Maior da Confraria o venres pola noite no Trileuco?
E qué fixo?
Cagar por todos vos
jijijijiiiii.....
Eu non estaba alí, así que non me chapuzou....je, je
DE lotería ná de ná,menos mal que estamos ben de saúde, felices festas a tod@s.
Tocoulle aos nenos do IES Cabo Ortegal a pedrea 100 eu. o décimo... pa unha cenuca...
Saúde, que fai máis falla.
E no colexio tamén.A terminación. O cal nos indica que hai que estudiar máis e discutir menos.
si foi certo, dou fe
De que das fe?
da trifulca do viernes pasado no trileuco
So lle deu unha ostia a quen o merecia.
e a ostia ¿pasouse de decibelios?
Mal anda a cousa cando o patron maior anda a ostias cos motoreiros que non son afines a sua cofradia.
E podedes estar seguros que en canto lle veña a primeira multa o trileuco habera de todo. Ainda que leva dende que o colleu o fillo do mesmo pasandose por onde lle sae os horarios e os ruidos tanto ten, e se de paso vai papa a dar de ostias a algun motoreiro tanto ten.
Asi son a flor e nata de pixilandia.
O que vos jode e que os da Pedra andamos ó mar e ben que nos vai. Os di Cariño xa nin pa ir ó mar valedes.
¿A qué non tes peito a decirlle eso o patrón maior na cara? Arturo por menos levou unha ostia.
Jo.. preguntade a que hora foi, calquera con esas mezclas e moi normal, que se lien home non ea primiera nin sera a ultima por desgracia.
E todo iso pra facernos un favor aos demais......
Boas festas.
A hora e o de menos. Non era moi tarde. Nin que o fose. Non hai xustificación para andar a ostias con ninguén.
Se fose Juan Fachal quen levase a ostia seguro que linchaban os motoreiros empezando por esta web.
PORQUE NO TE CALLAS ?.
Vas levar tal ostion que vas ter que renovar o DNI para que te recoñezan.
PAYASO
Publicar un comentario