11 nov 2008

El chiringuito

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vexo moito "proximamente no DOGA". E vexo moito BNG,e non tanto PSOE.

SEAGA,por exemplo,está vinculada á consellería de Medio Rural (BNG) e fai as funcións de control forestal,eliminando (todo hai que contalo,senón míntese) ás preparadísimas e moi profesionais cuadrillas municipais contra o lume que cada verán sacaba da manga Manuel Fraga.Bueno,sacaba da manga Fraga e os alcaldes sacaban ós traballadores a dedo.Todos sabemos o capacitados que estaban os rapaces das cuadrillas para facer fronte a un lume (mirade o que tíñamos en Cariño).SEAGA tamén sustituirá dende xaneiro do 2009 a TRAGSA (si,aqueles fenómenos do Prestige que rascaban a barriga cando os voluntarios sacaban chapapote) e pasarán a sanear a cabana gandeira.Xa vemos como atalla TRAGSA a lingua azul e a tuberculose da Capelada...Estos eran e son os amigiños de D.Manuel.

Cuadrillas e TRAGSA por SEAGA,dous por un.

Outro caso,o de Sogaserso.Está participada pola Xunta e na súa maioría por fundacións das dúas caixas galegas (Caixa Galicia e Caixa Nova),e polo tanto se estas entidades poñen a maioría da pasta non ten que poñela a Xunta para construir residencias, contratar persoal, etc...A xestión é ó 50%,polo que está tutelada pola administración autonómica e ríxese pola lei de dependencia de Galicia.

E estes son soamente dous exemplos das areas que manexa o BNG dentro da Xunta.Como vedes teñen moito que ver co que nos amosa este blog "neutral".Non tedes máis que buscar en internet para documentarvos (quen queira,claro).

¿Quen non lembra ós parlamentarios do PP denunciando fai semanas que Quintana tiña un moble-bar carísimo no coche oficial?.Nese mesmo pleno Quintana citou ós periodistas para ver o coche na porta e así desenmascarar a estes mentireiros e,sorpresa,o moble-bar era unha neveira de praia de 12 euros.Luxo total.

Estas son as verdades do PP,e así poderíamos seguir todo o día.

A campaña polas autonómicas 2009 parece que comenzou xa para eles,e véselles desesperados polos nervos que amosan.

Calma,non nos poñamos nerviosos.Ainda.

Anónimo dijo...

Agora xa entendemos o do "HAI QUE VOTALOS!!!"

Claro que ven o Bloque a arranxarnola vida. O que esta facendo e crear un exército de militantes na administración...Que é moi distinto a poñer a alguen a dedo nun concello...penso eu...Agora ben, vannos convencer que nos concellos no que goberna solo ou en coalición o Bloque non existen cadeas de favores, que e coma na terra de Oz...

No parlamento teñen cobertura, abonda con dar un toque co móvil aos chóferes pra desmontar un "mini" bar. Ao sr. Quintana, non coñezo en persoa, pero coincidin con el nun restaurante e non come calamares á romana nin sardiñas asadas...precisamente...

Antes de defender aos vosos líderes mirade de que pé coxean...O bloque é un partido que lle importa un carallo o bienestar da xente...(menos ainda se os cartos veñen de Madrid), o único que quere é o poder a calquer prezo, fai uns anos botaron da xestión da RTVG a Antón Losada...persoaxe sinistro onde os haxa, por que non saia o voso lider tanto como touriño no telexornal...a avaricia pode con vos, e agora que estamos en crise e non estamos pra despilfarrrar os cartos en argalladas nacionalistas-separatistas estásevos acabando o chollo e os nervos tamén...

Falando das autonómicas...Fraga non se presenta. Presentase un sr. chamado Touriño que foi onte a un funeral duns militares foron asasinados por un terrorista suicida...Se os nosos malogrados defensores da nosa patria foran no seu coche novo poderían haber sobrevivido a explosión, por moito que nos queiran convencer do contrario medios afins e defensa...Puxose ao carón das familias e non lle temblou ningún dos cachos que lle quedan de cexas picudas e nin unha gota de suor, nin unha pinga de vergoña ou arrepentimento.

A campaña esta nas colas do INEM...eses si que lles importa que todo isto cambie, que se ocupen do que realmente lles importa e volva todo a normalidade canto antes.

A austeridade...que cousas ten...

Anónimo dijo...

Se por normalidade entendes que un pais viva da construcción,e que se construan máis vivendas que en toda Europa xunta, pois ti mesmo.Eu a esa normalidade non quero voltar,e estou en paro.Quero traballar xa,pero tamén que o meu pais seña equilibrado.

Claro,o goberno do PP inflou o globo das vivendas permitindo construir ata debaixo das pedras e agora a burbulla estoura.¿E que pasa?Pois que igual que gañábamos de goleada en número de vivendas construidas en Europa agora gañamos en paro.Toda Europa decrece pola culpa de ZP,e nós máis porque a construcción axuda.

Este ZP é un bandallo.Ata EEUU mengua pola súa culpa.