10 jul 2008

O Boletin do PP de Fachal

O PP local, que parece que desperezase por momentos, sacou xa o seu boletin informativo. E polo que se di por ahí, son bastante xenerosos co goberno bipartito. O certo é, que O Aguillón ainda non viu ningún, sera que non teñen moitos ou que pasan de un. "O Aula do Mar (ARTAL).O concello nutriuse en tres anos non só de 124.000 euros senón que as subvención e fondos de desemvolvemento que dispoñeu pra afrontar os gastos aproximanse aos 170.000 euros. Unha tolemia, cando non só nin deu un impulso senón que ten unhas pérdidas de 71.000 euron sen ainda dar un só servizo. Isto é se os prezos rondan os 10 e 20 euros por usuario, sería un déficit de case 5.000 usuarios ante unhas hipotéticas(Xa que non existen) previsións de producción.É máis, a web do concello, que debía de ser imparcial e plural, faise eco das demagoxias bipartitas nos distintos medios locais. Afirman que este proxecto, xenera de por si, unha repercusión económica (A favor etendese) no sector hostaleiro do noso municipio. Isto deixase caer coma se fora unha obviedade ser deixar ningunha clase de dato, estimación, grafico, estadística,... absolutamente nada. Segue a dicir que naturalmente as afirmacións da oposición son "absolutamente incorrectas"...Sen embargo, segue e dí: Na primaveira non foi boa... o tempo non acompañou..."Pero agardamos unha actividade frenética na temporada estival"... Parece unha enfermidade. Resulta curioso e ata graciosa a postura do noso goberno local. E, cumprindo cinco anos dende o seu segundo mandato e doce do seu cómputo xeral. ¿Cando se nos vai acordar das parroquias? Por exemplo, nas distintas eleccións estes partidos comprometéronse en dotar as parroqias de centros sociais e culturais. Ai vos vai un exemplo: Centro Sociocultural de San Adrián (Ortigueira). Nel, organizanse concertos, campionatos de tute, ten bar, pantalla grande, parque infantil, pistapolideportiva, etc... Tan cerca e tan lonxe...¿verdade? As parroquias de Cariño tamén existen e as persoas que habitan nelas tamén. Pero creo que esta xente pensan que só están pra pedir os votos. En fin... "(lector anónimo)

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Non é ouro todo o que brila.Conta todo ou non contes as cousas a medias.En San Adrián máis de media parroquia non entra nese fenomenal Centro Sociocultural porque está politizado.O sitio "é duns poucos,dos dun partido" dixéronme un par de veciños fai pouco.
Os veciños querían faceo o centro no antigo colexio indiano,propiedade veciñal,pero D.Antonio non estivo pola labor.Por iso e máis cousas esta parroquia foi a única de Ortigueira onde o PP non obtivo maioría absoluta nas municipais 2003.Contan que o mitin do 2007 durou 15 minutos porque "comienza ya la final de la copa de europa" (o mitin era ás 20:00 e o partido ás 20:45).

Diferentes veciños de San Adrián cos que teño trato dinme tamén que as aceiras de Feás escocen moito alí.Eles non teñen arcéns.

Tal molestia causaron na parroquia e concello veciños as aceiras de Feás que rápidamente se retirou (iso é comprobable e podédelo ver calquera día) o letreiro de "Boa Viaxe.Concello de Ortigueira" cando se entra na recta de Feás dende San Adrián.
Debe ser duro ter un cartel que sinala que o teu concello remata e á vez ver como outro panel sinala que o concello veciño comeza mentres a estrada se anchea nunha recta con amplos arcéns e beirarrúas.

Quen escribe veu como cando se acababa a obra de Feás,operarios do concello veciño movían o cartel.

En tódalas casan se cocen fabas,das boas e das malas.Aquí dende logo,pero tamén alí.

Anónimo dijo...

É moi recomendable ir ver esa instalación, fai un pra de fins de semana tiveron alí un concerto de bandas de gaitas. Tamén é preciso sinalar que a parroquia de San Adrián ten unha Asociación de veciños con moita tradición, moitos habitantes son propietarios de amplias zonas de monte de eucalipto...vamos que non son nin moitisimo menos pobres e ben asociados e iso tamén influe pra traer dependencias desa índole.

Anónimo dijo...

Onte dia día 10, apareceu Armada en COPE FERROL-CARIÑO. Con motivo dun programa especial dedicado a Cariño deixounos datas dos proxectos que ten en curso no concello, ademais de defender con dignidade a riqueza paisaxística do concello.

Defendeu as actuacións na travesía de Feás e as novas dotacións en materia deportiva, o novo céspede artificial e a nova pista de pádel.

Piscina climatizada rematada en Setembro.

Centro de día rematado en decembro.

Polígono rematado...no menor tempo posible.

Cambios e adaptación no PXOM como 2 anos de prazo.

Mostru o desexo ao presidente de Costas que desafecten as dependencias que esta entidade ten en pleno casco urban alonxadas das actividades pesqueiras.

Armada aposta por un Cariño cun desenrolo sostible e que este municipio ten que apostar sobre todo pola promoción do seu entorno privilexiado. Defendeu que o seu goberno dotou a Cariño de servicios basicos dos que antes careceu.

Deixou patente o seu desexo do seu partido de opter a maioria absoluta.

Certo é que cad un defende o seu e faltaría máis, pero dame a sensación que o noso mandatario está nunha nube que non lle deixa ver a realidade. Son xa 12 anos acumulando mandatos...¿cumpliu?

Anónimo dijo...

si cumpliu con creces . non coma o outro que o unico que fixo foi poñer placas nas que se acordaran del verdad don fernando

Anónimo dijo...

Tamén me dixeron varios veciños de S. Adrián que non houbo nin arcén nin aparcamentos pola negativa practicamente xeral dos veciños, por fondos non foi ata lles puxeron unhas farolas que son vangardistas en deseño. Se escoce é por que levaron cun canto nos dentes.

En Feás, compre dicir que cando no goberno do PP, dironlle unha capa mais a castigada estrada en Feás debido aos camións de alto tonelaxe, os veciños puxéronse ao pé das máquinas pra evitalo e máis de un algún entrou en Pedramea brazeando botando desaires e insultos. Veciños do barral que non eran afectados sumaronse á "festa", preguntome se agora tamén están contentos. O PP púxose en marcha pra facer as aceras pero ofreceronlle un proxecto no que non se contempraba rebaixe algún, logo entrou o goberno bipartito e modificouno pero apenas realizaron o rebaixe demandado e os veciños non dixeron nada nin se queixaron nin se quera se asomaron. Compre dicir tamén que Armada ofreceu na reunión previa ao comezo das obras en Feás un rebaixe de 20cm, non eran os agardados... pero algo era. Total, as empresas Ponciano Nieto S.L. e Espina S.L. dedicaronse a levantar o pavimento pra, co mesmo pavimento poñer a base e asfaltar, na maior parte da estrada non hai rebaixe algún nen sequera eses 20cm. Como dicides non é ouro todo o que reluce... O acondicionamento e as beiraruas foi óptimo no seu maior parte agás na zona da Condomiña ao principio, no alto na que una casa quedou sen aceras e libre de actuación. Quedou unha travesia moi bonita pero a estrada non durará xa que o trafico pesado ten o mesmo pavimento deberáse seguir parcheando cada tres ou catro anos e moitos veciños segen afundidos no trazado.

Anónimo dijo...

A curva de Feás segue tan peligrosa e extreita coma sempre; dín que o concelleiro do bloque non quixo dar nin un centimetro de terra e diante da casa do concelleiro do psoe (Iglesias Cubeiro) non tiraron nin un metro de muro como dín que estaba previsto. Os de San Adrián e máis nos temos o que quixemos. Os de San Adrián non quixeron ceder terreo a Diputación pra os aparcadoiros; asi que a joderse nos e máis eles. A estrada Mera-Cariño segue a ser unha merda que da vergoña vela neste século XXI. Catro anos estivo na Xunta de Goberno da Deputación o Armada Castro e conseguiu merda e media. A estrada da Deputación que nos leva a Garita de Herbeira como se non existise -e iso que estivo na Deputación como deputado provincial en máis de unha ocasión.

O Tarolo a velas vir.

Anónimo dijo...

os do pp de feás pedian aceras facendo pintadas na estrada ahora que xa asteñen critican como quedou a estrada a caso eles fixerono mellopr cando gobernaron?

Anónimo dijo...

Como van os preparativos pra festa da nosa muy venerada virxen do Carme,¿alguen pode facer algún comentário pra os que estamos muy lonxe? de antemao graciñas e boas festas,troulade un pouco por min.

Anónimo dijo...

Vin eu ben ou na procesión da Nosa Virxen Do Carme non iba nin un só representante do PSOE?. Tarolo estaba, eso fixo, os demais non, nin a Marisita nin ninguén dos cinco concellais do PSOE. Esto non sei como calificalo,non teño máis que un sentimento de vergoña.

Anónimo dijo...

Viches mal, Marisa si estaba, xusto o ladiño do Tarolo

Anónimo dijo...

É a primeira vez que deixo un comentario neste blog, pero levo tempo lendo o que aquí se di. A verdade é que son poucos os comentarios nos que no se recorre ao insulto e á descalificación ,e nos que se expresa unha idea razoadamente. O que me sorprende é que algún cidadán exprese que ten un sentimento de vergoña porque nunha procesión, que non deixa de ser un acto relixioso, non asistan representantes da corporación local. Descoñezo o dato, porque nin me molestei en abrir a fiestra cando pasou a procesión por diante da miña casa; pero se non asistise estaría no seu dereito de non facelo, pois estamos nun estado aconfesional, e os membros (non vou caer no erro de tratar de facer do meu comentario unha apelación ao políticamente correcto utilizando a forma do feminino da que tanto gostades, senón que digo "membros", porque o neutro (coma o sur) tamén existe) dos órganos de representación política teñen liberdade plena para decidir se asisten ou non a este tipo de eventos.

Anónimo dijo...

Sigo dicindo que nun pobo mariñeiro como o noso, que o día 15, na baixada da imaxen, no que todo o pobo sae a rua, nin un so representante do PSOE estivese, dame cando menos vergoña de ter uns representantes do meu partido semellantes. Marisita o día 15 non estaba o lado de ninguén porque non estaba, eu si estaba na misa. O Tarolo foi o 15 e máis o 16. Marisita e Luis estiveron o 16. Non vos voto máis na puta merda de vida que me queda. Ide a tomar polo c.

Anónimo dijo...

Pois ten razón o que dí que viches mal. Marisa sí estivo o día 15 na procesión. Es moi libre de votar a quen queiras -faltaría máis- pero hai que aprender a distinguir entre o que un ve e o que existe.

Anónimo dijo...

O que hai que aprender é a diferenciar é o que se ve e o que se quere ver.
E como alguén dixo, nun Estado aconfesional a liberdade de acudir ou non a un acto relixioso é de cada quen.Os tempos en que os caciques do pobo ían aos bares para reclutar á xente obrigándoa a ir a misa xa pasaron fai décadas.
Por certo,o acto certamente importante é a procesión por mar do 16,o do 15 non se diferencia moito doutra procesión calquera.
O día do Carme é o 16 de xullo,como sabrás.

A ver cantos concelleiros do PP van á procesión do Santiago en Landoi ou ao Carme de Sismundi, que son as vindeiras en celebrarse.Se van tantos como o ano pasado vai a dar xenio.

E digo á procesión,non a tomar os viños ao chiringuito,que para iso sempre hai quen se apunte .

E coida un pouquiño eses modais,nunca é tarde para aprender a ser educado.

Anónimo dijo...

No Diario de Ferrol de hoxe:

Política Territorial saca a concurso las obras de la circunvalación ortegana

La Consellería de Política Territorial sacó a concurso las obras de construcción de la circunvalación de Ortigueira, según se publica en la edición de ayer del Diario Oficial de Galicia. Los trabajos de realización de la citada infraestructura cuentan con un presupuesto base de licitación de 44 millones de euros. Asimismo, se contempla un período de 30 meses como plazo de ejecución. Como se recordará la variante, que forma parte de la VAC, tendrá una longitud de 10 kilómetros.

Uns fan e outros falan,coma sempre.

Anónimo dijo...

Sigo dicindo que coma vello socialista deste pobo dades noxo por moito rollo que me soltes; eu non fun a escola coma o que escribe, son da mesma escola de Luis que por certo eramos os máis burros dela. E agora e o alcalde, manda carallo.

Anónimo dijo...

Deixádevos de política barata e vamos ao grano, mellor dito a auga, que é ó que está a pasar? que están aparecendo recibos de consumo escandaloso; con recibos de 80, 100. 200, e incluso 300 €, que é o que pasa? somos unhos consumidores impulsivos? ou é que no concello non miran que é o que pasa? , xa que non é normal semellante cantidad de consumo en domicilios particulares, sen ningún tipo de luxo. Taroliño, meu amor, mira isto cando os tes que aprobar na Comisión de Goberno, e non digas si, sen miralos. Rollo solta o que queiras pero non me jodas, con perdón, o bolsillo.Mira ben o que aprobas na Comisión de Goberno, non só as licencias de obras, que xa vemos que estades cegos, só con dar un paseo por Fornos xa chega pra darse conta de que volves a ter problemas na vista.

Anónimo dijo...

" A ESE VELLO SOCIALISTA"
seras vello pero de socialista non tes nin a rosa e moito menos o capullo.o alcalde que temos tes que roelo gusteche ou non e siques deixar de ser burro e aprender a falar sen insultar en setembro empezan as clases para adultos no instituto eu aconsellariache que te apuntaras para que te fixeras un vello de proveito.

Anónimo dijo...

sodes pateticos

Anónimo dijo...

"Nosotros somos clinantes y afortunadamente no padecemos de clonismo ni de hiperastia mística; al contrario, estamos dispuestos siempre a escamujar el árbol de la ciencia para no causar espasmos hídricos como cualquier bogavante del Cantábrico"

De parte de BERBERECHO.

Anónimo dijo...

OOOOOtiiiiaaaaa XD q dis jajajajajajajajjjjjjjjjjjaaaaaaaa