
A Comunidade de Montes en Man Común da Pedra, vive un conflito interno que enfronta a un sector dos comuneiros coa xunta reitora. Según nos contan na Voz de Galicia, nun escrito remitido por Manuel Villar Villar ao xefe do servizo de Montes da Xunta, indícalle, como representante do sector que critica á directiva, os motivos do descontento. Sostén que na asemblea celebrada en outubro do pasado ano, o consello reitor expuxo unha cesión gratuíta de terreos da comunidade e que na votación tomaron parte acodes que non eran comuneiros de pleno dereito, polo que algún dos presentes expuxo as súas dúbidas sobre a validez da votación. Manuel Villar informou de que o pasado día 4 celebrouse unha asemblea que ratificou a posición deste sector crítico. Levantouse acta notarial para enviarlla ao presidente. Preténdese que a xunta actual inicie un proceso electoral para renovar a reitora, que se proceda á actualización do censo de comuneiros e que se informe ou pida autorización á asemblea comunal sobre as talas previstas nos montes coñecidos como Río do Espiño e Piqueiro. Neste último, engade, preténdense tallar dez mil eucaliptos. O mesmo grupo que representa Villar quere que a directiva presente os libros de contas e actas, e que se faciliten copias dos estatutos a todos os membros da comunidade. Pediuse a intervención da Consellería, dado que os montes veciñais en man común están tutelados pola Xunta.
1 comentario:
Aguillon ti que tanto sabes ¿Que está pasando cos montes da Pedra?
Publicar un comentario