
O BNG de Cariño, como organización, é un colectivo pequeno de xente, e loxicamente no seu seo, xorden distintas formas de entender e enfrontar o futuro. Unha maioria da militância quere dar un paso adiante cara unha renovación xeracional, unha modernización organizativa e unha resposta consecuente aos novos retos políticos que debe afrontar o noso concello. É ben certo que unha organización como o BNG ten inércias, e en Cariño mais, para o bo e para o malo, e a militância xoven e renovadora sabe que os procesos de cambio non se fan dun día para outro. O BNG non acabará de dar o gran paso de renovación que demanda a sua militância en Cariño se non é capaz de integrar e facer partícipes desa estratexia a toda a xente que non estando no BNG, votan o BNG. O bipartito municipal esta levando a desaparición do nacionalismo en Cariño, porque son máis comparse que goberno, porque non se visualiza a labor do BNG e incluso nalgún caso chega a distorsionarse. Non existe unha estratexia común de goberno non suman o que lles une e si o que lles separa. O que temos en Cariño é un goberno do PSOE apoiado polos votos do BNG, pero non un verdadeiro goberno bipartito no que o BNG traballe coma complicidade da sociedade, coa súa participación, coas súas demandas propias.
18 comentarios:
Por fin unha análise certeira do que fai o Bloque en Cariño....nadiña.Bueno, tampouco o Psoe, pero iso xa non ten remedio.
Chámame a atención que apareza tres veces a palabra militancia así escrita:militância, e dicir, coa ^ derriba. Acento circunflexo.¿será polas cexas de Zapatero? Ay, Aguillón,que se che ve o plumêro!
¿Cantos afiliados ten esta formación no concello?
¿Que mecanismos dispón pra afrontar unha renovación?
¿Cales son as bases do "goberno BNG" en Cariño?
É unha mágoa que non poidamos atopar respostas a estas cuestións...
Si nos queda a grande laboura de Manolo, unhas veces defensor a capa e espada do veciño cariñés dende os mitines ata os tribunais... e outras contra a veciñanza e cómprice de Armada. O que antes era unha bomba... xa se sabe. Moitos crimos que o sr. Armada lle estaba a "unta-las mans", pero non, é coma os grandes clásicos primeiro crea unha TESE logo unha ANTITESE pra que se atope a SINTESE. Todo un reflexo de ilustrado contemporáneo.
Adiante a entifada...Jjajajajajaja....
Que ben coñeces ao TAROLO... Un dez
Em Carinho non temos un BNG tenos un bng en que queno, sin ideas, sen ilusión, sen lider, sumome o dito polo Aguillón.
hay amiguiño meu que certiño e ´como dicia meu avo,nun avera un homiño que mire pur nos,¡¡¡¡pois nom''¡¡¡¡que podemos facer'''''''''
Dende logo, resulta paradóxico -e patético, porque non dicilo- ver como dende sectores do PP se preocupan polo benestar do BNG municipal. Iso sí, decorando o texto con algún acentiño circunflexo, que sempre queda máis "guerrilleiro" e aparente maoir credibilidade na nova.
Parece que se pensase que, con sorte, podería haber renovación de lider nesta formación nacionalista, non estando mal que a encabezase algún que sexa quen de aceptar ofertas sibilinas da dereita (como as que a noite das municipais se lle fixo ao Sr. Varela no propio reconto de votos, diante de moitos veciños atónitos que non daban crédito ao que oían).
Esa podería ser unha maneira -a única- de que o PP acadase o goberno municipal. Porque mentres presente semellante elenco de candidatos antóllaseme a min que vai a ser complexo acadar a maioría absoluta.
Máis que complexo utópico.
Pero bueno, benvidas sexan tódalas renovacións. O caso é cambiar (xa o decía Esperanza Aguirre, ainda que como escoitaríades a Rajoy en Elxe, a renovación é que se vaian as voces discordantes).
O que trataba de evitar un congreso "a la búlgara" vaino celebrar "a la rusa" ou "estilo Putin", isto é, sen deixar que ninguén se presente como alternativa. Iso sí que é unha renovación democrática, e o resto son tonterías.
E mentres dende este blog tratando de desviar a atención. Como para dar leccións de renovacións estades.
Bendita democracia.
deixasme tonto co que acabo deler ,desde cando os de dereitas fan negocios cos nacionalistas.¿bueno todo fose polo ben dos veciños?ver para creer?¡¡¡¡¡¡
Pareceme vergonzoso que se alardee desta podredumbre e corrupta situación na que esta a nosa democracia na que as maiorías son coaccionadas polas minorias. A política radicalízase ou alonxase do cidadán cando se usa o seu voto, e optase por un belixerancia que pouco ten que ver cos tempos que corren e dunha "sociedade do bienestar".
Na que nun concello se chega ata formar goberno con terroristas antes ca cos adversarios, que defenden as liberdades das persoas.
Na que os intereses dos cidadáns non importan.
Na que os ideales son papeis mollados.
Na que uns cantos intereses manexan a disposición dos votos da cidadanía por parte dos candidatos.
¿Quen cree nunha clase política que se radicaliza cada día máis e inculcandoando a desconfianza, o medo, a inseguridade... no cidadán pra o seu propio beneficio?
Lonxe do bullicio nacional, no noso ámbito local, Cariño, os candidatos coinciden en bastantes puntos, sendo estes os temas máis importantes e que maior medida nos afectan; naide se sorprendería das composicións dos gobernos se os partidos comparten mesmas prioridades. Todos en Cariño queren mais ou menos o mesmo nestes aspectos. Vendo asi, parece sinxelo, pero non o é.
Temos un alcalde que en todo quere mandar e todo o quere facer importándolle mais ben pouco a cidadanía, e o que mais lle gusta é sentirse Cariño, que él é o pobo, que todo empeza por él e acaba por él. Asi o reflexa no seu discurso, no que a cidadanía cariñesa respalda ao longo dos anos.
Abonda ve-la sua actuación en contra de todo aquilo que lle supoña un impedimento pra súa política, na que non escatima pasar por enriba de quen sexa a conta do veciño que relixiosamente paga os seus impostos, pra que en moitos casos lle usen estes cartos en contra súa. Todo o paga o concello, paga Cariño, e Cariño é Armada Castro.
O que non é normal e de recibo e que o grupo nacionalista comandado por Manolo Varela lle este dando un apoio incondicional en moitos asuntos no que sempre estivo en desacordo, ou en outros aspectos como contenciosos dos veciños en contra do goberno municipal comandado na época de Fernando Tallón, e agora represente e comande o bando contrario, e decir, o bando bipartito do goberno actual. Desandar o andado. Ou onde ates alzaba a voz ao ceo, queda so un suspiro de vergoña. Onde antes a man se alzaba enerxicamente con convicción de servizo a cidadanía agora so queda silencio e miro o reloxo e debezo por chegar a casa coa miña conciencia limpa e sosegada. Non somos o que predicamos.
Vendo un recuncho para esperanza e que todos queren que Cariño prospere. A cidadanía Cariñesa demanda actuacións pra sacala do abandonísmo e coller un tren car o progreso, e vendo as bases dos distintos programas naide se espantaría cun goberno BNG-PP en Cariño, case por sentido común e por decencia.
Efectivamente, habendo bases nas que unen aos partidos coma pode ser o polígono industrial e a mellora das infraextructuras todo se resume en intereses individuais, e na que une a un goberno é a derrota do aislamento das voces discordantes coma pode ser o PP en Cariño, no ámbito político, e a un número importante de empresarios e asociacions, sen contar as continuas humillacións e talante mamporreiro contra a Cofraría de Pescadores.
Asi nin se fai diálogo, nin talante, e pior dos casos... nin rastro de democracia.
Buscase ollos que queiran ver.
por si te interesa pa lo que quieras.
http://es.youtube.com/watch?v=ZA6lizv2I9U
http://es.youtube.com/watch?v=ZA6lizv2I9U
http://es.youtube.com/watch?v=ZA6lizv2I9U
300 votos al bng ... los 300 espartanos ..xD
Galiza ceive poder popular
¿Que é unha incongruencia?
Para respostar a esta pregunta vexamos un exemplo ilustrativo.
Unha incongruencia é comenzar decindo isto...
"Pareceme vergonzoso que se alardee desta podredumbre e corrupta situación na que esta a nosa democracia na que as maiorías son coaccionadas polas minorias. A política radicalízase ou alonxase do cidadán cando se usa o seu voto"
... para acabar decindo isto outro:
"e vendo as bases dos distintos programas naide se espantaría cun goberno BNG-PP en Cariño, case por sentido común e por decencia."
Xa se sabe: quítate ti que me poño eu.
Non sey o que ten o trono, ¿Todos o queren? Etodos prometen moito pero ahora da verda. ¿Nada de nada?. A culpa di quen he ¡¡¡Nosa?.por votalos,tallon,xa sabemos oque fixo,armada¡¿idem?,pois teriamos que probar, con Fachal e darlle un voto de confianza ¿Haber si nos sorprendia?
Vaia parece que viches moito a "supercoco", cando "Barrio Sésamo".
Só que primeiro temos que leer e non sacar conclusións facilonas e superfluas... non te confundas, o que un pense da lei non ten que ver a como se teria que afrontar na formación dun grupo de goberno municipal como o de Cariño.
A lei electoral e inxusta, corrupta e inmoral. Pero, como naide a vai cambiar... nin a queren cambiar..., haise que adaptar a ela, por que non queda mais remedio.
Un partido que decide formar goberno por razóns partidistas e ideolóxicas nun ámbito local, dun concello de menos de catromil e pico de habitantes, son, na miña opinión, por unha actuación sinxela: Aislar por decreto, e por actitudes reaccionarias predemocráticas(de ahí as alusións a o dictador) a outros partidos da vida pública, esquecendose da representación, moi importante na maioría dos casos, que estes partidos "desprezados" teñen na cidadanía.
Se a lei esta mal é precisamente por iso, por que se prioriza ao interés partidista por riba do cidadán da pé.
Fai unhas semanas no Diario de Ferrol un articulo no que se defendía a Luís Armada, dicia: "Luís no deja participación pública alguna a la derecha local, por que dice que es una pérdida de tiempo...", a verdade e que non lin nin papa de Manolo Varela, que non sabemos se participa ou ten voz ou voto algún, sábese que de espaldas e de cara a galería desafogase cos seus. ¿Isto de que lle serve ao sr Varela? Non o sabemos, pero que neste goberno pinta mais ben pouco sabeo calquera, por iso o do de "interese individual".
Non é un "quitate tú que me poño eu", e ser consecuente cos razonamentos e argumentacións que parecen varíar segun o partido que está no poder. Con isto queda claro a falta de rigor do BNG de Cariño non só cos seus electores senón ca cidadanía en xeral. De ahí, máis que probable se expliquen os últimos resultados electorais que se vendeu un triunfo na optención dun só representante, "Xuntos formaremos novamente un goberno progresista en Cariño" decía Armada na prensa tempo depois do sufraxio.
Eu, penso que como decian moitos, NUN CONCELLO UNHA FAROLA NON É DE DEREITAS NIN DE ESQUERDAS.
Con algúns pensamentos e opinóns que rondan e cupan todos os medios de comunicación máis de un botamos as máns a cabeza co unísono berro de fachas, fascistas,... Hai que oir cada cousa...en fin.
O BNG perdeu UN non optivo un. Perdón.
Bueno, iso de que ao PP o queren illar...
Cando o PP gobernaba Cariño na lexislatura 1999-2003, ¿cantas veces contou coa opinión da oposición? Eu lle contestarei. CERO. NUNCA.
E lembremos que aquela oposición era oposición por uns 80 votos. É dicir, case medio pobo non estaba dacordo con aquel goberno.
Ainda se lembra algunha das frases que Tallón lle adicaba daquela ao Sr. Varela, frases non moi agraciadas (e vamos a deixalo así) en ocasións.
Pero, efectivamente, era a lei electoral. A mesma lei de hoxe, a mesma vara de medir.
Nas derradeiras eleccións municipais o PP obtivo uns 40 votos menos (42 se non lembro mal) que o PSOE. Repetiuse o acordo PSOE-BNG (algo normal, sendo xa coalición de goberno antes e tendo as duas formacións ideoloxía de esquerdas), e a oposición ten varios centos de votos menos que o equipo de goberno.
Varios centos, non 80 votos. A vara de medir, a mesma.
¿Que trocou pois?.
Que o PP está na oposición. Nin máis nin menos.
Pero é tal a demagoxia da dereita cariñesa, que deixa casos paradigmáticos e, a veces, ata graciosos (ou sonrojantes).
Dise dende a dereita que o BNG necesita dunha renovación, que o Sr.Varela non é quen de levar o partido a bo porto, que é reo de Armada, etc...(este post di literalmente: "O BNG non acabará de dar o gran paso de renovación que demanda a sua militância en Cariño se non é capaz de integrar e facer partícipes desa estratexia a toda a xente que non estando no BNG, votan o BNG. O bipartito municipal esta levando a desaparición do nacionalismo en Cariño,...").
Vamos, que a dirección local (Varela, por extensión) non sabe levar ao seu partido e a verdadeira política do BNG adiante.
¿Donde está o paradóxico do tema?
Pois en que a noite electoral, no reconto de furnas e diante de algúns veciños perplexos e atónitos, un neo-listillo deste pobo lle oferta a Varela ser alcalde. Ao mesmo Sr. Varela do que din non sabe levar ao BNG a bon porto.
¿Non vale Varela para dirixir ao BNG local e sí vale para gobernar a 4.700 veciños?
¿Para ser alcalde-preso do PP si valía?
Hai que ter un escaso concepto do que é a vergoña para decir cousas así.
E non me vendan a moto vitimista do "queren aillarnos". Esa historia xa a repetiron ata a saciedade nas pasadas eleccións xerais é así lles foi. Lembremos que o caso de Cariño non é nada, o PP está auto-illado a nivel estatal dende fai anos. Non se trata con ninguén.
"Todos son os malos menos eu", esa é a consigna oficial. Ou era, porque agora están entretidos ata xuño a navallazos.
Por un lado os de D.Mariano, e por outro os adeptos do Sr. Maricomplejines, que xa se desmarcou da liña oficial e estes días anda faltándolle a todo o mundo (D.Manuel, con 85 aniños, incluido).
Agora o PP galego (pro-Rajoy) sufrides a vosa propia menciña. É o que ten criar corvos, que te poden sacar os ollos.
E mentres, na comarca e para entreternos, o caso de Moeche. Miren a prensa de hoxe, e verán que show. Un espectáculo sin parangón.
E iso que non se saben as causas exactas do cese forzado dende a dirección provincial e galega, ainda que se intúe un tufo a cartos. O iso din na prensa os propios compañeiros do xa case ex-alcalde Cribeiro.
Esa sí é a liña a seguir señor Varela, a liña do PP. Fágalles caso.
Eu xa pasei da epoca de Barrio Sesamo, e vexo que tu estas muy enterado da politica,eu non son politico,pero quixera pa cariño o mellor.Porque como ves e un pobo morto ,auque veñan os Madrileños e faigan moitos pisos¿Nada de nada?.pois os turistas que veranean aqui non levantan o pobo.Pero bueno o SEÑOR ARMADA E o SEÑOR VARELA XUNTOS XA VERAS CANTO VAN FACER JAJAJAJA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡TARDE PIACHE
Pero...¿Falas en serio?
1º Tallón xa non está ao fronte do PP cariñés, segue na diputación, e... nos pesadelos dalgúns polo visto. As conxeturas e enfrontamentos Varela-Tallón, preguntadelle a Manolo, e unha historia de desencontros moi longa, e motivada por unha razón... A obsesión pola alcaldía. Pero sempre hai a mania de poñer bos e malos da pelicula e xuzgar e sinalar co dedo tapando os ollos e as orellas.
2ºSigo sen saber por qué un concello ten obrigatoriamente que formarse por partidos dunha ideoloxia e non polo rigor dunhas directrices dun programa e unha forma de traballar. Son pensamentos decimononicos, sexa quen sexa quen exerza unha actitude así, e non é(na teoría) da sociedade do consenso democrático e da tolerancia. Vocación de sevicio ao cidadán... ¿onde?
3ºNesta lexislatura pasada o BNG, tivo a oportunidade de ensinar que o PP de Aznar enganábase en alonxar e ningunear a grupos coma os dos nacionalistas galegos...
Lonxe queda xa a inmensa propaganda de improperios, de sectarismo e de linchamentos a pé de rúa cando o índice acusador erguido e o berro BNG, campaba ás súas anchas xunta cos socialistas que tampouco escatimaron ca súa inmesa cobertura da case a totalidade das terminais mediáticas, que eran e son súas.
O dito, chegaba a hora de traballar e de facerse ver... E vaia que, tristemente vemos a imaxe do BNG, deteriorada sun pasa e pasa o tempo. Da campaña contra Alvarez Cascos... do apoio a pior, sen dúbida, ministra de fomento da historia...A sra. Magdalena Álvarez, que chegou a dicir a un periodista da TVE, "No voy hablar de el plan galicia ese de mierr... sí, o plan que estivo agardando galicia décadas...e que como coste tivo a maior catástrofe ecoloxica e que se enterrou tra la victoria ao "vello" que tivo maior apoio co que lle choveu..."Se é necesario afundimos outro buque"... dicia algún. Bueno, un exemplo por dicir algo. En Galicia, fai pouco algún quedamos abraiados, co da FEIRA DO LIBRO DA HABANA, na que se gastaron como mínimo máis de DOUS MILLÓNS DE EUROS, isto recoñecido polo goberno autonómico, menuda expedición fixo a sra. Anxela Bugallo, claro que semanas despois víamos como o BNG, enchía as farolas de Galicia de propaganda pra as municipais. Pero... é só por dicir algo. Cando se manexan os cartos de todos...
4º Que un goberno coma o de ZP, fose reelexido, moita culpa ten o PP, ninguén ainda fixo autocrítica nin deu nin unha soa explicación. O que é pior preocupanse agora só en caerlle ben aos demais e facer incongluencias ideolóxicas coma na política territorial. E moi bo mirarse no espello e ir ao médico sempre que se teña conciencia de que se esta un a enfermar. Ben podian tomar nota os demais.
5ºComezamos a falar de política municipal, o caso de Cribeiro en Moeche é o mellor exemplo pra escenificar, como os intereses persoais impoñense aos do resto. E isto pode pasar en calquera sitio con calquer partido político.
Último, o único que demostrou que non vale pra gobernar catro mil e pico de habitantes(e baixando) e o señor Armada que, ao longo de tantos anos, so temos que botar unha ollada ao noso arredor no tempo ver as cousas ca frialdade dos números, dos feitos... pero sobre todo, e creo que é o máis importante(dado que representa a Cariño), o seu talante, política, ética, e a xestión dos intereses dos cariñeses. Contan as malas liguas que xa lle tiñan unha candidatura alternativa cun nº considerable de firmas... pero disto non se fala nin se falará. Bendita democracia...din algúns.
En fin.
Pois claro que falo en serio. A discrepancia política está á orde do día dende que temos democracia (bendita democracia, sí). O pensamento único vai tempo que eu creía quedara desterrado, vexo que a algúns ainda lles sae do subconsciente.
1º É evidente que Tallón non segue á fronte do PP cariñés, xa o sabemos. O que ainda non nos explicou á cidadanía o grupo municipal do PP cariñés son as causas da decapitación política do candidato ás municipais 2007, Fernando Tallón, xa presentado en prensa como tal. Contan as mesmas malas linguas que ti citas que a muller de Tallón non andaba moi leda polas rúas da vila, e que a súa lingua estaba ben afilada.
Logo a cousa do cambio de candidato quixo disfrazarse non se sabe moi ben de que (con tirar das hemerotecas pode calquera cun mínimo de materia gris darse conta da inconsistencia dos argumentos esgrimidos).
2º- ¿É vocación de servizo aos cidadáns que o PP ofreza á alcaldía ao lider dun partido do que pensan -e din- que non é quen nin de liderar a súa formación?.
E máis, se a xente cando vota PSOE e BNG nunhas municipais saben -e o saben todos/as, mesmo o PP- que de non obterse maioría absoluta de ninguén haberá pacto de esquerdas, ¿é vocación de servizo negarlle a ese electorado (maioritario) esa posibilidade de pacto?
3º Aznar ninguneou a máis grupos que aos nacionalistas galegos, pero soamente o fixo cando obtivo a maioría (postura hipócrita e cobarde, todo hai que dicilo). Hai que saber perder, pero tamén gañar. Pode que ti sexas un pouquiño novo, pero sabrás que no período 1996-2000 Aznar gobernou en coalición con CiU e PNV.
Para min todo perfecto, é o xogo democrático.
Pero claro, lo Aznar dixo aquilo de que Cataluña é pioneira no mundo, cando falaba catalán na intimidade, cando Arzalluz di aquilo de "le saqué más a Aznar en 10 meses que a Felipe en 10 años", etc... Todos lembramos iso. Pero bueno, non pasa nada. Ata podemos aceptalo, nun aceno de benevolencia (e iso que o do catalán na intimidade ten o seu).
O problema chega en marzo do 2000, mentres no balcón da rúa Génova se festexa a maioría absoluta obtida nas xerais horas antes. Todo o mundo de maneira espontánea e ao unísono comenzan a cantar aquilo de "Puyol, enano, habla castellano". Sí, si, como o lees (por se non o lembras). Ahí se viu que o pacto co PNV e CiU fora un sapo moi gordo que houbo que tragar a disgusto (e vaia si se tragou; todo polo poder). E tamén se demostrou ese espíritu sectario do que falas.
De falar catalán na intimidade ao "Puyol, enano, habla castellano". E ti nos falas de sectarismos... Por non tocar a falta de educación (referíanse ao presidente LEXÍTIMO dunha comunidade autónoma). Leccións as xustas, por favor.
Sobre as verbas de Magdalena Álvarez (verás que non eludo ningún tema), creo que errou estrepitosamente nas formas, non debería ter dito iso (ainda que o pensase, que é unha opción persoal como outra).
Eu penso que o Plan Galicia era un invento cheo de fume, xa que non hai plan que poida levarse a cabo sen ter asignadas partidas presupuestadas para elo. E este era o caso, como quedou demostrado.
Nin sequera os milleiros de carteis do Plan Galicia que se puxeron por todos lados tiñan orzamento. E incluso se colocaron estes paneis coa lectura "Plan Galicia" en obras xa adxudicadas antes do Prestixe, e executadas con posterioridade, o que demostra a catadura moral de quen o fixo (a ver se me podes explicar isto, porque ten tela).
A ministra errou claramente nas formas, pero que o Plan Galicia era vender fume (e reparchear pistas) víamolo todos. Outros deixaron con anterioridade perlas como "son hilillos de plastilina de ascendencia vertical" (referíndose a varias ducias de toneladas de cru ao día) e non so non foron destituidos, senón que os confirmaron como candidatos sucesorios á presidencia do goberno (caso que de momento non parece ser o da Sra. Álvarez). Francamente, paréceme rozar o burlesco.
Pero repito, a ministra errou claramente.
Por outra banda, se a Sra. Bugallo despilfarrou os nosos cartos que dimita ou a fagan dimitir. Antes, por suposto, que se expliquen quenes cren que ela é culpable, que apoten probas. Non se pode romper a presunción de inocencia, pero se finalmente se demostra a súa culpabilidade que cargue coas consecuencias.
E que se explique tamén o alcalde (xa ex-alcalde) de Moeche, ou o presidente da Deputación de Pontevedra; a moitos interésanos saber para que se enviaban aqueles cartos públicos da Deputación cara hispanoamérica
antes das eleccións xerais.
4º Sobre as incongruencias (corríxeme se me trabuco, pero creo que quixeche decir isto e non "incongluencias") ideolóxicas do PP, que decir. Que o PSOE che saque 18 escanos de avantaxe nunha soa comunidade (caso de Cataluña) vén a sinalar o tipo de política que fixeche alí o cara alí. Un bo día leinlle a alguén neste blog que esta avantaxe fora pouca xa que o PSOE cargaba cos retrasos no AVE, os problemas cos cercanías, o barrio do Carmel, etc... Pode que tivese razón esta persoa: se o trazado do AVE (proxectado, este sí -e non hai excusas nin dúbidas eiquí- por Álvarez Cascos) non tivese os problemas que tivo, en lugar de 18 escanos de diferenza sácalle 22.
Todos deben mirarse ao espello, pero pode que os que gañaron o fixeran por algo. Cecais ata deberon mirarse un pouquiño máis ao espello que quen saíu derrotado. É posible, ¿non?
5º Estou totalmente dacordo contigo que un caso de intereses persoais sucede en calqueira sitio e con calquera partido. Totalmente dacordo.
É a condición humana a que impera nestes casos.
Quédame unha dúbida. Dis que o asunto de Cribeiro é un caso de como os intereses persoais se impoñen aos do resto, ¿podes explicarte? ¿cales eran os intereses persoais de Cribeiro ao teu xulgar?
Por último decir que cústame unha barbaridade estar dacordo co teu derradeiro párrafo. Máis ben o o desacordo é grande. Iso de "o único que..", soa certamente a rancio e un tanto totalitarista. Non xeralicemos nin expresemos posicións imperativas inamovibles, que eses tempos trouxeron malas cousas. É so a túa opinión -tan válida como a miña ou a de calquera-, non trates de convertela en axioma.
As mentiras, non por moitos repetilas se convirten en verdades. Non sei se Armada é o mellor alcalde que Cariño pode ter, pero é a quen os cariñeses respaldaron en maior medida, algo terá -e non terían os outros- para selo. Ou algo terían os outros para non selo, que tamén é posible velo así.
E sobre a confabulación partidista final que comentas, non podo opinar por descoñecemento (que non por eludir, non é o meu estilo). Se así foi (non teño porque dubidalo), deberon arranxar o affaire dun modo discreto porque o PSOE foi a forza máis votada.
Quizais esa discreción da que falo -de existir- foi a que faltou en xentes doutras formacións á hora de tomar ao asalto o liderazgo das mesmas por sorpresa, semanas antes da cita electoral.
Non sei, as confabulacións e operacións acoso e derribo nunca foron o meu, teño que admitilo. Hai xente á que sí se lle da ben este tema e, por exemplo, son incapaces de mostrar outras capacidades básicas como a cortesía en actos sociais ou artellar un discurso máis ou menos intelixible (que ninguén se de por aludido, é un exemplo soamente).
Como verás, hai para todos e todas. Todo é opinable.
Saúdos.
Aguillón, entereime que Luis Armada, o noso querido alcalde quere cambialo PXOM...
Non sei os detalles, pero seguro que ten que ver coa intención de limpar as máns con algúnhas das "súas" actuacións. Lembrome agora do Centro Socio-educativo pra Maiores, non só fóra da área de dedicación, non só de dudosa legalidade senón que nin o concello ten propiedade dese terreo.... a Estación de Bombeo,....Non sei, igual son eu que son moi mal pensado.
Temos o noso querido buque-escola, aula do mar, museo do mar, barco de entretemento, barco de lecer,...Canto nome se me ocorre...pero dudo que teñan todos unha subvención. O dito, esta en funcionamento o referente turístico cariñés. Como veciño, interesaríame moito, que custos tivo este buque, dende a súa compra, pasando polas reformas, amaños, todolos informes técnicos dos distintos apartados, navegavilidade,... que custos esta supoñendo agora en materiais, carburante, persoal,...e previsións sobre este servicio do concello pra o futuro a medio e longo prazo se é que os ten. Simpre curiosidade que estan a facer co nosos cartos. Se queren garantizar un bo rendemento a este servizo, supoño que precisarán nos medios locais unha campaña publicitaria a lo menos testimonial, pero non sei si hai subvención pra isto tamén...
Ah! Son moitos os que estan a vender que ese buque é un baluarte de ensaltación da ecoloxía e da nosa natureza. O outro día(un como puido ser tantos) foron baleira-lo gasoil no medio da ría. O dobre raseiro chega ata Cariño, pero bueno, nos coma "Salomé", "vivo cantando, vivo soñando"... Eu que pensaba que iban a usalo Bio-diesel, ou que os integrantes iban darlle os pedais...Xa poden quitar iso que pon nos folletos "contemple nuestros hermosísimos paisajes aún vírgenes"...sobre a nosa corrupta mancha de "gasoi".
Curiosidade existe tamén coa Igrexa da Pedra, edificio construido no s.XVIII, na que na súas reformas interveñes os empregados do concello, é dicir, que a actuación estana a pagar tódolos veciños sexan ou non da Pedra, tamén, din as malas linguas que se puido xestionar cos cartos que nun principio ían pra o Alberge... Pero, son xente coma min, é dicir, mal pensada, xa que sería un delito se se demostrase iso.
Sen embargo, mal pensados ou nos penso que tódolos, veciños deberían pensar e interesarse qué estan a facer co seus cartos... E non como algún obsesionandose coa capacidade intelectual dos cabezas de lista...Non sei... ¿Que lles preocupara máis a todos?
Publicar un comentario