
Os recomendamos unha web feita por un veciño dos que fan, dende o anonimato da sua afición, que Cariño este presente na blogosfera. Estamos a referir a blog
Galician Birding . José Miguel Alonso Pumar. Dende os oito anos que lle regalaron os seus primeiros binoculares rusos, hartos os seus abos de que lles roubase os seus, José Miguel recorre os prados e os acantilados do noso concello e da comarca de Ortegal con elos en busca de páxaros. Nos vos perdades ver a web, vale a pena, e nunca esta de mási aprender algo sobre a nosa natureza. Enhoraboa a José Miguel Alonso Pumar pola sua afición, polo sua blog e por dar a coñocer Cariño.
5 comentarios:
interesante noticia Aguillón non sabia eu que tiñamos xente preocupada pola natureza no noso concello, gustame eso de ser observador e non depredador. Felicitacións Xosé Miguel.
Eu xa fai tempo que sei que a nosa é unha zoa privilexiada para as aves, que nas suas migracións nos teñen en conta, pero descoñezo ese mundo, o das aves, aunque admiro a xente que se molla- literalmente- por seguerlles a pista. Eu observo os paxáros, os falcóns ratoeiros,pero teréi que visitá-la páxina de Alonso máis a miudo.E moi entretenida.Tamén as miñas felicitacións
Hola veciños,
Antes de nada permitídeme agradecerlle ao Aguillón a súa interese polo meu modesto blog.
O espazo está adicado -cecais dunha maneira un tanto intensa para o público xeral- ás aves desta nosa comarca e, en xeral, doutras partes do mundo en función do tempo libre que un ten para viaxar.
Evidentemente, un dos fins derradeiros do blog é o de dilvulgar entre os ornitólogos e calquera outras persoas que se interesen no mundo das aves a nosa comarca (o noso concello por riba de todo) como destino.
Todo sexa por facer patria.
Apertas a tódolos veciños e visitantes deste blog "Os Aguillóns", e quedo á disposición de aqueles que teñan interese nas aves, xa sexa de maneira científica ou, sinxelamente, como afecioados. Que ninguén se corte en preguntar ou curiosear, será un pracer..
Pois graciñas, José Miguel, pola tua invitación a coñecer ese mundo que tamén forma parte do noso.O que sepa de árbores, que conte cousas...o que sepa de paxáros, tamén. De cogumelos, do clima da zona, das costumes, das palabras, ou verbas, xa esquecidas, tamén.Pola miña parte vou poñer atención ao que se me esqueceu.Unha aperta.
Polo menos temos alguén na vila que fai algo productivo para a natureza. E digo eu non estaria de mais que o Concello por exemplo fixera unha mostra fotografica das aves que aqui temos. Animo a José Miguel e pacenza que sei que a ten.
Publicar un comentario