30 oct 2007

Os vandalos desembarcan en Cariño

As embarcacións pesqueiras Basaldún, Punta Gabeira, San Xoán I, Nova Caprichosa, Gure Uxua e Bertán foron obxecto da acción dos vándalos, son naves duns 25 metros de eslora, e tiñan previsto para onte a súa saída cara á costa francesa para faenar. Os autores dos feitos romperon a cordas dos amarres dos barcos, se coaron no interior e esnaquizaron as bombas de auga, e danos por chocar uns cascos con outros ao estar soltas. No Bertán, o mais afectado, romperon, ademais, o depósito de gasoil e baleiraron o combustible polo interior da nave e encallou contra unha zona de pedras situada cerca do porto. Os vándalos tamén puxeron os seus ollos nunha planadora que se emprega para a captura do percebe. O mecanismo eléctrico quedou esnaquizado. No peirao, fixeron máis estropicios a vehículos e carros que se empregan para o traslado das redes e a mercancía amenceron coas rodas rajadas, tamén romperon os dispositivos eléctricos de maquinaria de obra.

Fachal apunta que non é a primeira vez que se producen desfeitas no porto, aínda que nunca coa dimensión que alcanzaron esta vez. Recoñece que con certa frecuencia entran a roubar nas embarcacións do porto. Visto o modus operandi dos vándalos, non se trata de unha chavalada e consideran que os autores dos feitos están vinculados ao mundo do mar: ¿Como é posible, se non, que nun barco no que non hai luz, abran o depósito do gasoil e esnaquicen as bombas da auga?. Todo apunta a que as desfeitas se fixeron cunha navalla ou obxecto similar. (Foto do Punta Gabeira-A Voz de Galicia)

No hay comentarios: