17 oct 2007

Corredor da Costa Norte

A conselleira de Política Territorial da Xunta anunciou onte no programa Bos Días da TVG que o ano próximo ten previsto comezar as obras de construción dos primeiros tramos do corredor da costa norte, entre San Sadurniño e Barreiros, eso si peron non precisou mes nos sea que se equivoque. Esta infraestrutura completará a malla de comunicacións viarias da comarca, dado que conectará entre si as comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña lucense e estas con a autovía do Cantábrico (A-8). En febreiro do 2005, Política Territorial licitou o deseño de trazado dos tres primeiros tramos, cun prazo de execución de ano e medio, é dicir, que a estas alturas xa terían que estar máis que concluídos pero ainda nada de nada. Estes treitos cuxa tramitación está máis avanzada son a propia variante de Ortigueira, o traxecto entre San Sadurniño e Campo do Hospital (Cedeira) e o tramo Celeiro-San Cibrao. A consellería decidiu empezar a deseñar eses treitos porque son os que rexistran maior intensidade de tráfico. Entre os tres suman 37,4 quilómetros. En xuño do 2006, Política Territorial sacou a licitación a redacción de trazado doutros tres tramos máis: entre Campo do Hospital e Cuíña (Ortigueira), onde a vía rápida conectará coa estrada cara ás Pontes; Espasante-O Barqueiro e O Barqueiro-Covas. Falta o fundamental, que é a licitación das obras de construción dalgún destes treitos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Tramos sin licitar aún

"Falta lo fundamental, que es la licitación de las obras de construcción de alguno de estos trechos. Las últimas declaraciones oficiales sobre este proyecto , además del escueto anuncio realizado por María José Caride, son las de Jacinto Parga en Ortigueira. En aquella cita, el 11 de abril, el ex delegado provincial destacó las dificultades financieras que entrañaba para la consellería la ejecución del corredor, ya que en conjunto sería preciso invertir 200 millones de euros" (sic).

Anónimo dijo...

Hoy Sábado, 20 de Octubre de 2007,en la Voz de Galicia nos dicen que del 2011 en adelante puede ser.Dudo, cada vez más, que la vía de alta capacidad , a corto y medio plazo se realice.

Anónimo dijo...

Hai que leer prensa más seria.

Anónimo dijo...

As novas da Web do Concello.

Anónimo dijo...

se total a via non pasa por cariño q mais ten cando se chegue a facer estaremos mais olvidados esenon xa veredes o q tiñan q facer era unha ponte ata ortigueira hay q ser futurista pero onoso alcalde so pensa no seu peto

Anónimo dijo...

¿Qué se nos perde en Ortigueira?

Anónimo dijo...

pois en ortigueira perdesenos a carretera que vay a ferrol e a viveiro pero pra ir a cariño hay q ir a collons ou facer unha estrada de tres carriles porq a q temos e unha merda esta mellor a da vacariza