19 sept. 2007

O longo e sinuoso camiño

"The Long and Winding Road". Este é o título dunha das numerosísimas e exitosas cancions dos Beatles, "O longo e sinuoso camiño", ben podía resumir a obra do acondicionamento da travesía de Feás. Anunciábase a bonbo e platillo, en maio, despois das eleccións, claro, a realización "inminente" da fase final das obras. Xa que logo, tiveron éstas o seu inicio en outubro do 2006. A verdade é que vai quedar a lo menos chulo. Armada debeu ter e ainda terá traballo arreo cos veciños xa que as casas pegadas á carretera teñen todas distinta altura. Coma bo politico que se supón que é saberá contentalos a todos... vamos, digo eu. Asi que baixas no coche de San Adrián e enfilas a recta, logo parece o Paseo da Fama. E que, coma en Hollywood, esta obra cada día ten máis sona... supoñemos que Touriño e máis Quin deixarán testemuño poñendo a marca das mans e os pés... supoñemos que en marzo... Agora, fóra bromas, intentemos ver as cousas con perspectiva...Existe un incuestionable problema que é a carretera Mera-Cariño. E por dicilo finamente, é unha vía anclada no pasado así coma un lastre para o progreso do noso concello, cun trazado, como dí a canción... sinuoso. Hai unha mina de dunita en Landoi, e os camións que a levan pra o muelle son de moito tonelage e que chegan a pasar polo medio de Cariño na súa sinuosa singladura. Resultado, que de cada poucos anos a carretera queda desfeitiña e hai que parchear e parchear, cando non hai que meter outra capa de asfalto máis coa controversia que iso supoñía en Feás, por exemplo. E tamén, e este é o máis palpable, en temporada estival, algunhas festividades e nos días de mercado provoca un tráfico aglomerado e que en algunhas zonas de Cariño haiba un caos absoluto como no paseo na altura da plaza Roxa. En fin, un camiño longo e sinuoso.Só se pode agardar un plan de infraextructuras "ambicioso" CARRETERA-POLÍGONO-PORTO que oferte unha solución a estes problemas de decenios. Esas son as prioridades de todos. Non queremos pan para hoxe e fame pra maña, por que éste é, un camiño longo e sinuoso, sen dúbida. (Fdo. Sesta Bipartita)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Para ver máis de préto, o noso entorno...
sigmap.mapa.es/fega/visor

Anónimo dijo...

Tambén no sixpac podes ver ven o entorno, e incluso as parcelas rurais.