7 ago 2007

As estadisticas do Aguillón: 11.260 visitas

Sabemos que hai xente preocupada polo fenómeno Aguillón, iso esta ben, o agradecemos. Para eles en especial, un resumen das nosas estadisticas. Estadísticas dende 27 de Abril de 2007. Total días: 103. Xeneradas el día 7 de Agosto de 2007, as 18:27:41. Total de páxinas vistas dende o inicio do servicio: 11.260. Día con máis actividade, sigue sendo o : 31 de maio con 273 páxinas vistas. Pasadas as eleccións baixaron as visitas, pero tamén se fixeron máis constantes e fieles. Grazas os nosos lectores por acompañarnos. Mal que lles pese a algún seguiremos coas nosas enquisas na rede, publicando os comentarios dos nosos lectores, e aportando argumentos para o debate no noso povo dende unha reacción cívico-política independente na blogosfera.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

"Fenomeno"!o fenomeno e o que estas feito ti "Agui", notase que aprendes rapido...Xa dixen varias veces que a páxina gababase duns obxectivos que son falsos, ou alomenos, os da vontade real do administrador, pero que estaba ben como un punto de atopamento de ideias, e dicer, un lugar onde a xente poidera desbardallar. Ti es o primeiro que sabes que iso non acontece deste xeito. A deriva da páxina foi clara: radicalización da parcialidade nos comentarios publicados dende o fracaso do PP nas eleizóns municipais, ate chegar a só unha corrente de opinión(por opinar tan só opina o da sesta e o anonimo do ku klux klan) e eliminación progresiva daquelas opinións subersivas ou perigosas para o alineamento(ou contra o Concello ou contra min).Nesta páxina manipulase a realidade, fanse comentarios totalmente parciais e arbitrarios e eliminase aqueles "faltos de honra e decoro", segundo o adminsitrador, cando en realidade son opinións, iso si, contrarias ao que propugna esta páxina. E por fin, pasamos a fase da xustificación politica, a do ensalzamento, á demostración de forza...Pouco me importan as tuas estatisticas prezado aguillon. O que esta claro e que sea finalidade deste blogue procuraba ser un ponto de encontro entre os viciños ou, se cadra, un xeito de "traballar a prol dun cambio profundo nas formas de gobernar e de facer política no município de Cariño" FRACASOU, e o fixo estrepitosamente. O que mide o grao de receptividade da xente a un site coma este non é o seu número de visitas(que ti apresentas como quen da uns dados sobre o numero de asistentes a unha manifa), se non a súa participación, a interacción, o dialogo aberto e non a negatividade e a demagoxia gratuita. En Cariño somos vagos, mais non parvos, e a xente captou ven cedo as túas intencións. A verdade e que non sei quen es, mais nin tan siquera me importa. Somentes isto cheirame a que ti non moves o cú por ninguen e que isto non é máis que unha manobra partidista(non vexo diferenza entre este blogue e o do soe) dos "alternativos" ou "independentes"(tipica presentazon avergoñada da dereita casposa). Pola miña parte abonda xa. So quixen demostrar que alguén con sentido crítico pode chegar a molestar nesta páxina e abofé que o conseguín. Deixovos tranquilos e agardo que sigades arranxando os problemas de Cariño dende o sillón da casa, asi mellor pra todos. Un saudo revolusionarioooooo!Cuiño,cuiño!

Anónimo dijo...

Hola! Benvidos, por fin volveu a galegoescola reaccionaria separatista fascista trasnochada simplista grosera sectaria vulgar...(Perdón, saiume sen querer!)
Moitas gracias por facer a mellor das mostras do encefalograma revolucionario(medo me da, e vou ser catasrofista e todo, non me estrana). Vaia "leizón" de educación pola cidadanía que nos acaban de impartir! Se Shin Chan se decatase disto..
Que propoñedes logo, pra mostrar en internet? As pintorescas rutas do proxecto estrela o "Queen Mary Artal" as rutas de senderismo do basureiro, ese paraxe tan revolucionario, verdade. Non ensinedes mais o cú, sobretodo cerca dos precipicios.
En Cariño a maioría non son vagos, TRABALLAN. Os vagos son os que viven dos demais da mentira e a impunidade, o resto é xente decente, pasan de revolucións e non viven obsesionados co poder so queren que se lles cumplan e escoiten independientemente da cor política do gobernante.
Tirados no sofa, podemos facer as nosas queixas pero nada máis; so buscamos que se escoite a opinión e que chege a conciencia dos que teñen a obriga de xestionar o noso concello. (Como comprenderedes eu paso de facer folgas de fame ou poñerme con carteis na porta do palacio do concello como alguns, non!, tampouco somos tan "revolucionarios").
Este é un espazo de encotro sempre cunhas formas, e intentar facer unha exposición da queixa ou apoio, non me gusta que me poñan etiquetas, ainda que iso é mais doado dende o anonimato.
Antes de facer xuizos de valor, hai que facer un bo uso do espello, esta páxina superou todalas expectativas... e agora que o dis o PP nas eleccións tamén, eu non estaria moito tempo co cú ó aire, a verdade. Espero que nos sigas deleitando cos argumentos revulucionaros de eiqui en diante, digo polo meu pobre galego que teño que perfeccionalo, ata entón... unha aperta. Esperten da SESTA!
viva a revolución!

Anónimo dijo...

Eu penso que o que menos importa neste pobo e si nos goberna o Psoe, o bloque ou o PP. Nestes intres o mellor, por lóxica, sería o Psoe pero non cabe dúbida que Armada tiña que deixar o "trono" a xente nova pois leva demasiados anos chupando do teto e a xente xa non confía nel (non me extraña). O fracaso do PP? Vergoña lle tiña que dar a Armada de sacarlle so 42 votos ó candidato que tiña enfrente. Os Peperos se poñen unha cabra sacan os mesmos votos, Fachal non da pa mais por moito que lle escriban os discursos, de onde non hay non se pode sacar. O Varela outro que tal baila, en fin, que os 3 partidos deberían de cambiar os seus candidatos se de verdade queren facer algo polo pobo, pero isto e so unha utopía.

Anónimo dijo...

Amiguiño Shin Chan decir dis moito pero acertar, o que é acertar non acertas. Aqui non coartamos ningunha opinión de feio a tua ahi sigue, como moitas otras. E verdade que os numeros son os numeros solo eso, pero si Shin Chan ten oido, e supoñemos que aparte de orellas ten oido, sabra que no pobo O Aguillón da que falar. So iso.

Anónimo dijo...

Este Shin Chan vive noutro planeta, e destes que pensan que só hay democracia cando goberna a esquerda, é o pupilo perfecto para que lle obnubile a mente o Armada coa sua verborrea mentireira e sectaria que so busca o seu lucro persoal.

Anónimo dijo...

Aguillón non te amilanes necesitamos dunha voz independente neste concello mais que lles doa os caciques do concello, por moi socialista que sexan non se quitan o tufo a cacique.

Anónimo dijo...

Carpanta.... ¿unha voz independente? ¿Estas seguro de que estas a pedir iso?