6 ago 2007

E da oficina de turismo ¿qué?

¿Onde esta a famosa cascada do rio Seixo?¿Onde está situado o castro de Feás?¿Cal é o Monte Mazanteu?¿A localización exacta dos acantilados?...Estas son unhas das múltiples cuestións que se fan a maior parte dos miles de turistas que nos visitan este mes de agosto."Oficina" de turismo pechada, Carteis, non falemos; e ainda encimas as obras en Feás no momento axeitado e a carretera furada por dous sitios á vez. E que o noso concello con Armada á cabeza debe facer algún esforzo na promoción e dinamismo turístico de Cariño, xa que a oferta é ampla, variada pero sobretodo distinta e única. E paréceme lamentable, na miña opinión,a falta de compromiso e seriedade que o goberno municipal mostra ante este tema. Tamén creo, que se son espilidos pra "desviar" subvencións, irrumpir en propiedades que lles son alleas pra edificar e expoliar a entidades, pra electoralizar todo ata o éticaemoralmente indefendible, pra facer política de casa por casa, pra mentir masivamente cos seus mártires de partido.... tamén o terán pra gobernar, ainda que polo de agora nese aspecto non malgastaron esforzos innecesarios.Como no anterior comentario...Eu tamén voto en falta comentarios na defensa desta "xestión". Pero solo visitan esta paxina pra insultar gravemente as familias dos cadidatos non afins. Non hai argumentario, polo menos, creíble. Buscar a verdade e xustiza nun marco de encontro, coma nesta web iso é democracia, pese a quen lle pese. Ánimo. (Fdo Sexta Bipartita)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Dende logo que fallan moitas cousas.a "oficina de turismo" está na xente que pasea pola carretera..Mire, por favor, por dónde se va...(no me diga más, para San Andrés de teixido). E ainda lles decimos: no deje de visitar el cabo ortegal y el pueblo de Cariño. Pois nin por esas, collen pola carretera nova e comen en Cedeira.E as obras da igrexa da pedra, tan ben utilizadas as promesas días antes das eleccións...¿onde andarán?En fin,vou face-la dixestión coas noticias, que tamén teñen o seu aquel.Tomade o sol con coidado.Saudos