9 ago 2007

Aproveitamento sostible do monte

A Caleira leva tempo tentando facer das setas-cogumelos unha especie de aproveitamento razoable do monte. Antes, como ían para lonxe, pedían que levaran a raíz con terra (micelio), e logo de ahí xa non nacían outras. Viñeron a explicarnos como era ese tema, e pouco a pouco vamos aprendendo. Como vedes nas fotos, van con cestos, polas esporas que sementan para outros exemplares. Tamén miramos de sementalas, porque non solo se fai cos champiñóns, pero facía falta un estudio medioambiental da zona e non se fixo. En eso insistimos tódolos anos. O Ortegal, pola sua situación xeográfica, e o primeiro sitio da península onde nacen os cogumelos. Non son un producto do que podamos vivir, pero si arreglar un poquiño as nosas maltrechas economías. E falo por mín. (Fdo. A Caleira-Secretaria) (Fotos A Caleira)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gracias por achegar ao noso concello o mundo da micoloxia. Moita xente coma min esta afeccionada cos cogumelos pola súa riqueza gastronómica e incitarnos ao contacto ca natureza. Por iso e bo coñecer pra disfrutar e non levar sorpresas desagradables, en Galicia morreron o ano pasado duas persoas pola inxestión da Amanita Phalloides, é a que máis confunde a xente. Por iso os afeccionados debemos ter a información precisa pra degustar estas riquezas das noso monte. Unha aperta.