24 jul 2007

Seguimonos motorizando

O Concello prevé adquirir un vehículo lixeiro para lóita contraincendios e para labores de salvamento nos núcleos de poboación. Para isto, o Concello habilitou unha partida de 120.000 euros. Deste xeito, aquelas empresas interesadas en fornecerlle o equipamento teñen un concurso público, o que se poden presentar, disporán de trece días naturais para presentar as súas ofertas nas oficinas do Concello. O do concurso público esta claro, o que non o esta tanto e quen vai a conducir o vehículo lixeiro, si Luis ou Manolo, ou si o faran por turnos de día ou semán. Agora si, fardar imos fardar có vehiculo lixeiro, as luces a todo meter e salvando veñiñas, por que para apagar os eucaliptos van necesitar algo mais. Aunque pensando mellor, si os que o van conducir son Luis e Manolo, que son dous pesos pesados o mellor o vehiculo lixeiro pasa a ser vehiculo pesado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Feliz día de Santiago Apostol, patrón de España. Día de Galicia.
Festa en numerosos lugares da comarca. Entre elas, Landoi. Felices festas a todos os veciños.
Pregarlle a este goberno municipal, coma os anteriores que axude a que non desaparezan as tradicións e festividades do noso concello, porque é unha parte de nós e a mellor escusa pra que se reuna a familia, tan devaluada hoxe en día e que necesita estímulos nos que poder sustentar a vida en común dos seus membros.
"Aguante Cariño, aguante"