10 jul 2007

A nova travesia de Feas

Onte desviaron a carretera por Landoi debido as obras do acondicionamento da travesia de Feás. Da mesma obra só falar, que ten boa pinta, ainda que ten unha importante demora (8 meses), logo parecen as obras do Escorial; se profundizamos na mesma, vemos algun que outro burato negro no que están afectados os intereses particulares dos veciños, e falar destes temas sería alentar un enfrontamento que ninguén espera nin desexa entre os veciños, pero é xusto sinalar que existen.Todo ben e tal, ata que surxe un imprevisto, o xa citado desvío por Landoi da carretera principal na que veciños e empresas quedan a marxe na peor época do ano posible e que foi posto en marcha o día de hoxe. Na miña humilde opinión os veciños de Feás merecen as respectivas explicacións. ¿Ata cando? ¿Como? e sobretodo ¿Por qué?. Para dar as respecivas explicacións hai onde elixir, un alcalde, un vicealcalde e un concelleiro de obras veciño de Feás. Facede gala diso do "goberno para todos". Pero se ainda así, estades moi ocupados ou perezosos ou simplemente "missing", facede público na prensa se é que non supón esforzo económico na factura do teléfono. (Fdo. Sesta bipartita) (Foto X.M.Docal)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe está xa habilitada de novo a carretera por Feás. Sen embargo, non se sabe se vai ser provisional ou reestablezerse definitivamente. A verdade que xuntar o tráfico pesado da canteira e o normal en Landoi é ademais de perigoso, un incordio para os usuarios. Calquera anomalia espero que no la comuniquen os nosos mandatarios ou diputación, dado que teñen previsto facer unha rebaixa na zona do alto de Feás e non se sabe se habilitarán un carril con señalización por semáforo, ou optar por desvios na carretera como se fixo no dia de onte. Un saúdo e grazas de novo.

Anónimo dijo...

Aqui non comunican nada Sesta nin o Concello nin a Diputacion se acordan de nos salvo cando hai eleccions, ahi si, ahi veñen a nos a pedirnos o votiño que tanta falta lles fai.